Xinecoloxía
Xinecoloxía | |
---|---|
Instancia de | especialidade médica e disciplina académica ![]() |
Subclase de | ciencias da saúde ![]() |
Estuda | saúde da muller ![]() |
Practicado por | xinecólogo ![]() |
Parte de | xinecoloxía e obstetricia ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

A xinecoloxía é a especialidade médica e cirúrxica que trata as enfermidades do sistema reprodutor feminino (útero, vaxina e ovarios). Atópase intimamente relacionada coa especialidade de Obstetricia, a cal se encarga do embarazo, o parto e o puerperio.
Historia
[editar | editar a fonte]O Papiro xinecolóxico de Kahun (parte do Papiro de Kahun) é o texto médico máis antigo coñecido (datado aproximadamente en 1800 a. C.), que trata sobre afeccións femininas - enfermidades xinecolóxicas, fertilidade, embarazo, anticoncepción etc. Este texto divídese en trinta e catro seccións, cada unha das cales aborda un problema específico xunto co diagnóstico e o tratamento. Ningún destes tratamentos é cirúrxico, tan só inclúen o emprego de menciñas sobre a parte do corpo afectada ou a súa inxesta. A matriz ou útero é, en ocasións, tratada coma fonte dos padecementos que se manifestan noutras partes do corpo.[1]
Segundo o Suda, o antigo médico grego Soranus de Éfeso exerceu en Alexandría e posteriormente en Roma. Foi o principal representante da escola médica coñecida como os Metodistas. O seu tratado Gynaikeia aínda perdura (xunto cunha tradución ao latín do século VI escrita por Muscio, un médico da mesma escola).
Exame físico
[editar | editar a fonte]Como ocorre no resto das especialidades médicas, as ferramentas principais da xinecoloxía son a historia clínica e o exame físico. Porén, o exame xinecolóxico sempre se considerou moito máis íntimo que un exame físico de rutina. Require, así mesmo, de instrumentos específicos da profesión, como o espéculo, que permite retraer os tecidos vaxinais para explorar o colo uterino ou cérvix.
Patoloxías
[editar | editar a fonte]Os xinecólogos son especialistas no diagnóstico e tratamento de síntomas asociados a enfermidades tales como:
- Cancro e enfermidades pre-cancerosas dos órganos reprodutivos.
- Incontinencia urinaria.
- Amenorrea ausencia de períodos menstruais.
- Dismenorrea (períodos menstruais dolorosos).
- Infertilidade.
- Menorraxia (períodos menstruais anormalmente abundantes): síntoma que con frecuencia carrea a práctica dunha histerectomía.
- Prolapso de órganos pelvianos.
- Infeccións e infestacións dos órganos xenitais
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Laurinda S. Dixon. Perilous Chastity: Women and Illness in Pre-Enlightenment Art and Medicine, Cornell University Press 1995, pp.15f.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xinecoloxía |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xinecoloxía e Obstetricia - libros e manuais de balde (en castelán)
- Xinecoloxía Oncolóxica (en castelán)