Adolfo Morgade Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.

O pobo non esquece.
 15 de setembro de 2007."[1]

Adolfo Morgade Pazos, nado en Pontevedra e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio de San Luís Gonzaga de Pontevedra. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1911[2]. Logo de casar en 1913 marchou a Buenos Aires, onde foi médico do Hospital Español[3]. Regresou en 1918 e instalouse como médico en Pontevedra e máis tarde en Vigo. Tiña casa en Borela (Cerdedo-Cotobade). Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto e Marcial Araújo Conde.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Pontevedra con Pilar Cebral Barcia en 1913[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]