Saltar ao contido

Nomes e voces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Nomes e voces
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Tema principal
Implicados
Datas
 Fundación / creación
2006 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios e distincións
Localización
 Área de operación
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Nomes e voces, nomeado inicialmente As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, así como as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento. Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas[1], coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Segundo os datos do informe[2], como consecuencia do levantamento golpista morreron en Galicia 4.699 persoas, das cales 4619 foron homes e 80 mulleres. Outras 7.403[Cómpre referencia] (7.124 homes e 274 mulleres) foron procesadas.

O equipo empregou como fontes para a súa investigación as causas militares datadas entre os anos 1936 e 1939 das xurisdicións de Terra e da Armada da IV Rexión Militar (Ferrol), os rexistros civís de toda Galicia, xunto co de Zamora e Pasaia (Guipúscoa), así coma a bibliografía sobre a época. A maiores, realizaron 349 entrevistas en Galicia, Asturias, Barcelona, a Arxentina, Cuba e o Uruguai.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, Vieiros, 11/4/2006.
  2. Informe Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. en xaneiro de 2012 de Nomes e voces 17/4/18
  3. "Estas son todas as gañadoras e gañadores dos Premios da Crítica da Galiza 2024". Nós Diario. 2024-10-19. Consultado o 2024-10-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]