Lola Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lola Flores
Estatua Lola Flores Jerez.jpg
Nome completo María Dolores Flores Ruiz
Alcume/outros La Faraona
Nacemento 21 de xaneiro de 1923
Lugar Xerez da Fronteira, España España
Falecemento 16 de maio de 1995 (72 anos)
Lugar Alcobendas, España España
Causa Cancro e Cancro de mama
Nacionalidade Española
Cónxuxe(s) Antonio González
Fillos
Profesión actriz, cantante e bailaora
http://www.lolaflores.net

María Dolores Flores Ruiz, máis coñecida polo nome artístico de Lola Flores, nada en Xerez da Fronteira o 21 de xaneiro de 1923 e finada en Alcobendas (Madrid) o 16 de maio de 1995, foi unha cantante de copla, bailaora e actriz española, artisticamente alcumada "La Faraona".

Estivo casada co guitarrista Antonio González "El Pescaílla" (1926-1999), co que tivo tres fillos, os cantantes Lolita Flores (Dolores González Flores) (1958), Antonio Flores (Antonio González Flores) (1961-1995) e Rosario Flores (Rosario González Flores) (1964). Foi irmá da tamén cantante Carmen Flores (1936), tía do ex futbolista e adestrador Quique Sánchez Flores (1965) e avoa das actrices Elena Furiase (filla de Lolita) e Alba Flores (filla de Antonio).

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Estatua de Lola Flores en Xerez

Lola Flores foi á escola en Sevilla, onde viviu de 1923 en 1933. Formouse artisticamente cos xitanos do seu clan, por exemplo, aos dous anos xa bailara en tablaos con Antonio Chaquetas. Aos dezaseis anos, cando ela e a súa familia volveron a Xerez, xa empezou a cantar e bailar profesionalmente. En 1940 foi a vivir a Madrid e gravou o seu primeiro disco, Lerele. Desde 1941 bailou facendo parella co cantante Manolo Caracol, con quen traballou ata o 1951. En 1957 casou cun guitarrista da súa compañía, o barcelonés Antonio González, El Pescaílla. Actuou en numerosos espectáculos e fixo de actriz nunha trintena de películas, entre elas La Faraona, en 1953, unha das máis soadas, rodada en América.

Nos anos cincuenta converteuse na estrela con maior caché do Estado Español, cobrando un millón de pesetas por película. Nos sesenta era a miúdo contratada, entre outros, polo goberno, que entón monopolizaba a televisión e controlaba a radio, tanto para programas destes medios como, por exemplo, cada 18 de xullo (inicio da Guerra civil española) para cantar no palacio de La Granja para Francisco Franco. Ao morrer o ditador, a canción e a danza española deixaron de estar de moda, así que a partir de entón dedicouse sobre todo a colaborar en programas de televisión (Sabor a Lola e Ay Lola, Lolita, Lola) e facer películas, por exemplo Sevillanas, de Carlos Saura, en 1992.

Morreu na súa residencia do Lerele o 16 de maio de 1995 aos 72 anos por mor dun cancro de mama que lle foi diagnosticado en 1972.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Premios e honores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]