Mar abierto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mar abierto
Ficha técnica
Título orixinalMar abierto
DirectorRamón Torrado
ProdutorCesáreo González
GuiónAdolfo Torrado Estrada, H.S. Valdés, Ramón Torrado
IntérpretesMaruchi Fresno, José María Lado, Jorge Mistral, Fernando Fernández de Córdoba, Rosario Royo, Xan das Bolas, Gabriel Algara
MúsicaModesto Rebollo
FotografíaAndrés Pérez Cubero, José F. Aguayo
MontaxeGaby Peñalba
EstudioSevilla Films
DistribuidoraSuevia Films, Cesáreo González Producciones Cinematográficas, Excisa S.A.
Estrea24 de abril de 1946
Duración85 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama

Mar abierto é un filme galego de 1946 dirixido por Ramón Torrado.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia sitúase en Costa Nova, unha ficticia vila mariñeira de Galicia, e comeza coa anciá Carmiña (Maruchi Fresno), que se dispón a contarlle a historia da súa vida a un pintor (o propio Ramón Torrado). Conta que súa nai morreu sendo ela nena, e que seu pai, Andrés Vilar "O Touliño" (José María Lado) casou en segundas nupcias con Carlota (Calucha de Castroamor), unha forasteira da cidade, que logo o abandonou por un rico náufrago que Andrés atopara no mar. Anos máis tarde, nunha romaría, Carmiña coñece a Antonio (Jorge Mistral), e pouco a pouco vanse namorando sen ela saber que Antonio é fillo daquel home con quen fuxira a súa madrastra, deixando a Andrés só, amargado e arruinado.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Foi unha produción de Suevia Films, do vigués Cesáreo González. O guión baséase nun argumento de Adolfo Torrado, irmán do director.

As escenas interiores foron rodadas nos estudos Sevilla Films, en Chamartín, mentres que as exteriores foron tomadas polo coruñés Andŕes Pérez Cubero en diversas localizacións de Galicia como Ourense ou a baía de Vigo.[1] As cancións populares galegas que se cantan en varios momentos do filme como o casamento ou a romaría, foron interpretadas pola Coral de Ruada, de Ourense.[2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Filmografía de José María Lado". Lady FIlstrup (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  2. "Mar abierto". Coral de Ruada. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018.