Gran Premio de Mónaco de 1999

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Mónaco de 1999
Detalles da carreira
Carreira 4 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 16 de maio de 1999
Nome oficial LVII Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´367 km
Distancia 78 voltas, 262´626 km
ClimaCalor e sol
Pole position
Piloto Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Tempo 1:20.547
Volta rápida
Piloto Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Tempo 1:22.259 na volta 67
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Segundo Eddie Irvine Ferrari
Terceiro Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes

O Gran Premio de Mónaco de 1999 (oficialmente o LVII Grand Prix Automobile de Monaco) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 16 de maio de 1999 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1999, disputada sobre 78 voltas, e gañouna Michael Schumacher co equipo Ferrari logo de saír desde a segunda posición na pole. Foi a 16ª vitoria de Schumacher con Ferrari, rompendo o récord de Niki Lauda. O seu compañeiro Eddie Irvine terminou segundo con Mika Häkkinen terceiro para o equipo de McLaren.

A carreira foi a segunda vitoria de Schumacher da tempada, o seu cuarto en Mónaco, e o resultado significou que estendeu o liderado no Campionato de Pilotos, a oito puntos sobre Irvine e doce sobre Häkkinen. Ferrari estendeu o seu liderado a vinte e catro puntos por diante de McLaren e vinte e oito por diante do Jordan a falta de 12 carreiras na tempada.

Informe[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Gran Premio disputárono once equipos, cada un con dous pilotos.[1] Os equipos, tamén coñecidos como construtores, foron McLaren, Ferrari, Williams, Jordan, Benetton, Sauber, Arrows, Stewart, Prost, Minardi e BAR.[1]

Antes da carreira, o piloto de Ferrari Michael Schumacher lideraba con 16 puntos, por diante de Eddie Irvine con 12 puntos e Mika Häkkinen con 10 puntos. Heinz-Harald Frentzen era cuarto con 10 puntos mentres que Ralf Schumacher era quinto con 7 puntos. Na lista de Campionatos de Construtores de Fórmula Un Mundial, Ferrari lideraba con 28 puntos, McLaren e Jordan seguían segundo e terceiro con 16 e 13 puntos respectivamente, mentres que Williams con 7 e Stewart con 6 puntos seguían no cuarto e quinto lugar. Ferrari dominaba o campionato, gañando dúas das tres carreiras anteriores, con Häkkinen gañando o Gran Premio do Brasil. Os contendentes do campionato Frentzen e David Coulthard lograron un segundo posto e Ralf Schumacher e Rubens Barrichello conseguiron un terceiro posto no podio.

Carreira[editar | editar a fonte]

As condicións da carreira foron de seco coa temperatura do aire a 19 °C e a temperatura da pista a 34 °C.[2] Os pilotos chegaron á pista ás 09:30 ( GMT +1) para unha sesión de quentamento de 30 minutos.

Ambos Ferraris gañaron unha posición no inicio, con Michael Schumacher liderando diante de Mika Häkkinen, Eddie Irvine e David Coulthard. A orde mantívose así ata a volta 35 cando o coche de Coulthard comezou a perder potencia, o que o fixo retirarse. A mala sorte chegou a McLaren unhas voltas despois cando Häkkinen fixo un recto en Mirabeau debido a unha mancha de aceite que quedou despois da rotura do motor de Toranosuke Takagi. Eddie Irvine acadou o segundo lugar e quedou alí.

No podio, a bandeira irlandesa foi erroneamente izada por Irvine en lugar da británica.[3]

Post-carreira[editar | editar a fonte]

O resultado da carreira deixou a Michael Schumacher ampliando o seu liderado no Campionato de Pilotos con 26 puntos. O segundo lugar de Irvine aseguroulle manter a segunda posición no Campionato con 18 puntos, catro puntos por diante de Häkkinen e cinco por diante de Frentzen. No Campionato de Construtores, Ferrari ampliou o liderado a 44 puntos, McLaren mantivo o segundo posto con 20 puntos e Jordan terceiro con 16 puntos, a falta de 12 carreiras para o fin da tempada.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 1 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:20.547
2 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:20.611 +0.064
3 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:20.956 +0.409
4 4 Eddie Irvine Ferrari 1:21.011 +0.464
5 16 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:21.530 +0.983
6 8 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:21.556 +1.009
7 19 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:21.769 +1.222
8 22 Jacques Villeneuve BAR-Supertec 1:21.827 +1.280
9 9 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:21.938 +1.391
10 10 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:21.968 +1.421
11 5 Italia Alessandro Zanardi Williams-Supertec 1:22.152 +1.605
12 23 Finlandia Mika Salo BAR-Supertec 1:22.241 +1.694
13 17 Johnny Herbert Stewart-Ford 1:22.248 +1.701
14 11 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 1:22.354 +1.807
15 12 Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:22.659 +2.112
16 6 Alemaña Ralf Schumacher Williams-Supertec 1:22.719 +2.172
17 18 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 1:22.738 +2.191
18 7 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:22.832 +2.285
19 15 Toranosuke Takagi Arrows 1:23.290 +2.743
20 20 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 1:23.765 +3.218
21 14 España Pedro de la Rosa Arrows 1:24.260 +3.713
22 21 España Marc Gené Minardi-Ford 1:24.914 +4.367

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 78 1:49:31.812 2 10
2 4 Eddie Irvine Ferrari 78 +30.476 4 6
3 1 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 78 +37.483 1 4
4 8 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 78 +54.009 6 3
5 9 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 77 +1 volta 9 2
6 10 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 77 +1 volta 10 1
7 19 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 77 +1 volta 7
8 5 Italia Alessandro Zanardi Williams-Supertec 76 +2 voltas 11
9 16 Rubens Barrichello Stewart-Ford 71 Suspensión 5
Ret 6 Alemaña Ralf Schumacher Williams-Supertec 54 Accidente 16
Ret 11 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 50 Suspensión 14
Ret 12 Pedro Diniz Sauber-Petronas 49 Suspensión 15
Ret 18 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 40 Motor 18
Ret 2 David Coulthard McLaren-Mercedes 36 Caixa de cambios 3
Ret 23 Finlandia Mika Salo BAR-Supertec 36 Freos 12
Ret 15 Toranosuke Takagi Arrows 36 Motor 19
Ret 22 Jacques Villeneuve BAR-Supertec 32 Fuaga aceite 8
Ret 17 Johnny Herbert Stewart-Ford 32 Suspensión 13
Ret 14 España Pedro de la Rosa Arrows 30 Caixa de cambios 21
Ret 21 España Marc Gené Minardi-Ford 24 Accidente 22
Ret 20 Italia Luca Badoer Minardi-Ford 10 Caixa de cambios 20
Ret 7 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 3 Colisión 17

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1999
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 1999
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1998
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Formula One Teams and Drivers (1999)". Fédération Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 1999. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  2. "Grand Prix of Monaco - Report: Ferrari One-Two at Monaco". Gale Force F1. 16 de maio de 1999. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2006. Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  3. "gp de mônaco 1999 (Monaco Grand Prix 1999) 8/8". Consultado o 5 de abril de 2016 – vía YouTube.  3:06

Véxase tamén[editar | editar a fonte]