Juan Pablo Montoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Pablo Montoya
J p montoya.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Colombia.svg Colombia
Anos en activo 2001 - 2006
Escudería(s) Williams, McLaren
Grandes Premios disputados 95
Campionatos 0
Vitorias 7
Podios 30
Pole positions 13
Voltas rápidas 12
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2001
Primeira vitoria Gran Premio de Italia de 2001
Derradeira vitoria Gran Premio de Brasil de 2005
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 2006

Juan Pablo Montoya, nado en Bogotá o 20 de setembro de 1975, é un ex-piloto colombiano de Fórmula 1.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1984 e 1989 gañou moitos títulos locais e nacionais nas categorías infantil e junior e na categoría Komet como piloto de karts. Entre 1990 e 1991 participou no Karting Junior que era un campionato mundial. Ao ano seguinte, fixo parte do curso Skip Barber en Estados Unidos, ademais neste mesmo ano participou na Copa de Fórmula Renault en Colombia na que conseguiu catro vitorias en oito carreiras e cinco pole position.

En 1993 converteuse no campión do Torneo Nacional Swift GTI en Colombia, pois obtivo sete vitorias en oito carreiras, e sete pole position. Un ano despois, conseguiu a primeira posición no Karting Sudam de 125 cc, quedou terceiro no campionato de Barber Saab nos Estados Unidos, obtivo pole position e récord de pista na categoría de prototipos en México e na Fórmula N tamén deste país, quedou primeiro tres veces en cinco carreiras e tivo catro pole position. En 1995, rematou na terceira posición no campionato inglés de Fórmula Vauxhalle e a vitoria nas seis horas de Bogotá. No ano 1996 conseguiu a cuarta posición no Marlboro Masters en Zandvoort, participou no campionato de Formula 3 británica, onde tivo dúas vitorias; ademais volveu a obter o primeiro posto nas Seis horas de Bogotá e participou na válida de ITC no circuíto de Silverstone con Mercedes-Benz.

Fórmula 3000 e F1[editar | editar a fonte]

No torneo internacional de Fórmula 3000 quedou terceiro e fixo o seu primeiro test na Fórmula 1 con BMW Williams no ano 1997. Un ano despois obtivo o primeiro posto na Fórmula 3000 co equipo Super Nova cun récord total de 65 puntos, ademais uniuse ao equipo Tasrget Chip Ganassi Racing para participar no campionato CART nos Estados Unidos e segundo a Fórmula 1 foi o piloto de probas no equipo BMW Williams. En 1999, no Target Chip Ganassi Racing conseguiu ser campión da serie CART e en CART Novato do mesmo ano, onde obtivo sete vitorias, sete pole position e todo isto fixo que fose o campión máis xove na historia do campionato. Ao ano seguinte, no 2000, volveu a participar no torneo anteriormente mencionado, volvendo a ter un grande éxito xa que conseguiu tres vitorias e sete pole position. Ademais, no IRL foi o gañador das quinientas millas de Indianápolis tendo en conta que era a súa primeira participación neste torneo.

No 2001, céntrase na Fórmula 1 pois deixa de ser piloto de probas dos BMW Williams e convértese en piloto oficial obtendo ese ano 31 puntos. Un ano despois foi mellorando os seus resultados anteriores, xa que obtivo 50 puntos, facendo estes, que quedase no terceiro posto do campionato de pilotos e conseguiu a volta rápida de clasificación no circuíto de Monza. No 2003, quedou terceiro sumando un total de 82 puntos. No 2004 seguiu na escudería que fixo que entrase na Fórmula, BMW Williams, onde obtivo 58 puntos quedando na quinta posición.

Retirada da Fórmula 1 e chegada á Nascar[editar | editar a fonte]

Foi piloto do equipo West McLaren Mercedes, e a mitade da tempada de 2006 marchou a correr á NASCAR.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Reside en Monte Carlo, Mónaco e está casado con Connie Freydell, mide 168 centímetros e pesa 72 kg. Gústanlle os artistas colombianos, Shakira, Juanes e Carlos Vives sendo esta a súa música preferida para escoitar no seu tempo libre; tamén practica snowboard, windsurf, golf ou xoga aos videoxogos.