Ferrari 375 F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari 275 F1
Ferrari 340 F1
Ferrari 375 F1
Ferrari 375 Indy

1951 Ferrari 375F1
1951 Ferrari 375F1
Ferrari
Información
País Italia Italia
Fabricante Ferrari
Deseñador Aurelio Lampredi
Produción 1950 - 1953
Predecesor Ferrari 125 F1
Sucesor Ferrari 553 F1
Longo 3.937 mm
Largo 1.428 mm
Alto 960 mm
Peso 850 Kg.
Chasis
Suspensión
Motor 3´3 L Lampredi V12
4´1 L Lampredi V12
4´5 L Lampredi V12
Potencia
Transmisión Cambio manual 4 marchas + reroceso non sincronizadas
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos P
Debut Gran Premio de Italia de 1950
Pilotos Alberto Ascari, Piero Taruffi, José Froilán González
Carreiras 8
Gañadas 3
Poles 3
Voltas rápidas
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0
* Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari
Ver tamén a 275, 340 e 375 os coches de estrada que comparten o mesmo motor

Logo de atopar só un modesto éxito co 125 F1 sobrealimentado na Fórmula Un, Ferrari decidiu cambiar en 1950 ao 4´5 L atmosférico. Aurelio Lampredi foi chamado para substituír Gioacchino Colombo como director técnico, Enzo Ferrari ordenou que a empresa traballara en etapas para o crecemento e desenvolvemento dun motor V12 completamente novo de gran cilindrada.

O primeiro resultado do traballo de Lampredi foi o experimental 275 S. Só foron construidas dous destas Barchettas de carreiras, baseadas no 166, pero utilizando o experimental motor V12 de 3´3 l. Estas correron na Mille Miglia de 1950, o 23 de abril de 1950. A pesar de que mantiveron o liderado xeral por un tempo, ambas se viron obrigadas a retirarse por un fallo mecánico antes do final.

O 275 F1 presentouse no Gran Premio de Bélxica o 18 de xuño, levando a mesma versión de 3´3 L (3322 cc) do novo motor de Lampredi. Con tres carburadores 42DCF Weber, un único árbore de levas para cada banco de cilindros e dúas válvulas por cilindro, o motor producía uns 300 cabalos de forza (224 kW) a 7200 rpm. Alberto Ascari levou o coche á quinta posición, marcando o fin do motor de 3´3 litros.

O 275 foi substituído no Gran Premio das Nacións Unidas de Xenebra o 30 de xullo de 1950 polo 340 F1. Como o nome suxire, o coche levaba unha versión maior do V12 4´1 L (4.101,66 cc) de Lampredi. Outros cambios inclúen un novo tubo de Dion, suspensión traseira sobre a base do 166 F2 e caixa de cambios de catro velocidades. Tiña unha distancia entre eixos 2´420 mm máis longa, pero as outras dimensións seguian sendo as mesmas. Con 335 cabalos de forza (250 kW), Ascari foi capaz de manterse a par co Alfa Romeo 158 de Juan Manuel Fangio, pero retirouse con problemas no motor. A pesar de demostrar do que era capaz o 340, era só un paso intermedio no desenvolvemento dos coches Ferrari en 1950.

Ferrari 375 Indy

Ferrari logrou o obxectivo dos 4.5 L co 375 F1, dous dos cales debutaron en Monza o 3 de setembro de 1950. Este motor de 4´5 L (4.493,73 cc) producía aproximadamente a mesma potencia que o seu predecesor de 4´1 L, pero a súa gañada docilidade levoau a Ascari á segunda posición na carreira de debut. Unha serie de modificacións a través da tempada 1951 permitiron finalmente a Ferrari deixar por detrás aos Alfa Romeo nunha carreira de Fórmula Un, con José Froilán González acadando a vitoria en Silverstone o 14 de xullo, convertiuse na primeira vitoria da escudería no Campionato do Mundo. As vitorias de Ascari en Nürburgring e Monza e os bos resultados durante toda a tempada consolidaron a posición da compañía como un forte contendente da Fórmula Un.

Os cambios nos regulamentos da Fórmula Un levaron á compañía a cambiar o motor para un Indy Car, o 375 Indy de 1952. Tres novos carburadores Weber 40IF4C trouxeron unha potencia de 400 CV (298 kW), a distancia entre eixos alargouse, e o chasis e a suspensión fortalecéronse. Aínda que o coche funcionou ben nas probas de Europa, non foi capaz de facer fronte ao desafío americano, só un dos catro 375, cualificou para a carreira de 1952.

O gran motor V12 foi refugado para o ano 1954, a Fórmula Un requería un motor de 2´5 L. O novo 553 F1, adopta o motor de catro cilindros Lampredi, deixando o V12 para o seu uso nas carreiras de resistencia.

O 375 foi pilotado durante o fin de semana do Gran Premio do Reino Unido de 2011 polo piloto de Ferrari Fernando Alonso como unha homenaxe ao sesaxésimo aniversario da primeira vitoria de Ferrari no Campionato Mundial no Gran Premio do Reino Unido de 1951 en Silverstone, co piloto arxentino José Froilán González pilotando nese momento.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Ascerbi, Leonardo (2006). Ferrari: A Complete Guide to All Models. Motorbooks. ISBN 0-7603-2550-2.