Ludovico Scarfiotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ludovico Scarfiotti
Ludivico Scarfiotti 1966 NÃŒrburgring.JPG
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19631968
Escudería(s) Ferrari, Cooper, Anglo American Racers
Grandes Premios disputados 12 (10 saidas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1963
Primeira vitoria Gran Premio de Italia de 1966
Derradeira vitoria Gran Premio de Italia de 1966
Derradeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1968

Ludovico Scarfiotti, nado en Turín o 18 de outubro de 1933 e finado en Berchtesgaden, Alemaña, o 8 de xuño de 1968, foi un piloto italiano de Fórmula 1 e autombilismo deportivo. Xusto antes de entrar na Fórmula Un, gañou as 24 Horas de Le Mans de 1963 cun Ferrari. Participou en 12 grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, e en moitas carreiras fóra de campionato. Gañou unha carreira do Campionato do Mundo, e anotou un total de 17 puntos no campionato. Competindo noutros deportes de motor durante unha década, Scarfiotti gañou o Campionato Europeo Montaña de 1962. Foi proclamado mellor piloto de Italia, en 1962 e 1965.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Scarfiotti naceu en Turín. O seu avó foi o primeiro presidente e un dos nove fundadores da empresa de automóbiles Fiat. Scarfiotti casou con Ida Benignetti e tiña dous fillos dunha muller anterior.[1]

Automibilismo deportivo[editar | editar a fonte]

Scarfiotti competiu nos 1000 quilómetros de París en outubro de 1962. Terminou terceiro co seu compañeiro Colin Davis. A carreira foi gañada por Pedro Rodríguez e Ricardo Rodríguez pilotando un Ferrari.[2] Con Lorenzo Bandini, Scarfiotti saíu victorioso nas 24 horas de Le Mans en xuño de 1963. o seu Ferrari oficial logrou unha velocidade media de 188´29 quilómetros por hora. O premio foi por valor de case 20.000 dólares en diversos premios xunto co prestixio, e deu a Ferrari a súa cuarta vitoria consecutiva en Le Mans. [3]

Ludovico Scarfiotti en Nürburgring 1964

En 1965, John Surtees e Scarfiotti compartiron un Ferrari 330 Spyder P2 que deu á marca a cuarta vitoria consecutiva na carreira dos 1.000 quilómetros de Nürburgring. pilotaron durante 44 voltas, marcando un tempo gañador de 6 horas, 53 minutos e 5 segundos, a unha velocidade media de 145´58 km/h..[4] Scarfiotti e Bandini levaron un Ferrari de 2 litros ao segundo lugar na carreira de 1966 dos 1000 quilómetros de Nürburgring no que o primeiro lugar foi para Phil Hill e Joakim Bonnier pilotando un Chevrolet Chaparral de 5´4 litros. O Ferrari quedou a 90 segundos do Chaparral, que debutou cunha transmisión automática na competición europea.[5]

Surtees rompeu relacións coa escudería Ferrari logo da súa decisión de reemplazalo por Scarfiotti nas 24 Horas de Le Mans de 1966. Scarfiotti ía terminar o 31, e retirouse logo de 123 voltas. Scarfiotti uniuse a Mike Parkes nun Ferrari P4 para os 1000 quilómetros de Spa en maio de 1967. Terminaron unha volta detrás de Jacky Ickx e Richard Thompson, quen pilotaba un Ford Mirage (coche de carreiras). O equipo gañador promedió 193´9 km/h. E marcaron un tempo de 5 horas, 9 minutos, 46´5 segundos.[6].

Con Mike Parkes, Scarfiotti levou o novo coupé Ferrari P4 ao segundo lugar detrás do coche irmá (o P4 spyder) pilotado por Lorenzo Bandini e Chris Amon nas 24 Horas de Daytona, con Ferrari acadando as tres primeiras posicións. O mesmo resultado produciuse nos 1000 quilómetros de Monza en abril. Scarfiotti, de novo unido a Parkes terminou segundo nas 24 Horas de Le Mans, esta vez detrás do Ford Mark IV pilotado por AJ Foyt e Dan Gurney. Scarfiotti correu cun Ferrari de fábrica en setembro de 1967 nas 200 millas da carreira Canadian-American Challenge Cup celebrada nun circuíto de 4´59 km preto de Bridgehampton, Nova York. O seu patrocinador foi o North American Racing Team de Luigi Chinetti.[7]

Scarfiotti participou na Targa Florio de 1968, pero destrozou o seu Porsche 907 (# 230) no primeiro día de adestramentos e viuse obrigado a correr co Porsche T-car[8] que non aguantou os 720 km da carreira.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Enzo Ferrari chamou a Scarfiotti para o equipo de Fórmula Un de Ferrari de 1962, xunto con Surtees, Willy Mairesse, Bandini, e Nino Vaccarella.[9] Scarfiotti quedou sexto no segundo Ferrari no Gran Premio dos Países Baixos de 1963 en Zandvoort. Quedou dúas voltas detrás do gañador Jim Clark en Lotus. John Surtees pilotou o primeiro Ferrari quedou no terceiro lugar detrás de Dan Gurney en Brabham. Scarfiotti terminou quinto no Gran Premio de Siracusa de 1965.[10]

Scarfiotti converteuse no primeiro italiano en quince anos en gañar o Gran Premio de Italia pilotando o seu Ferrari a unha velocidade récord de 220 km/h na carreira de 1966. A finais da tempada 2012 de Fórmula Un, Scarfiotti segue sendo o último italiano en gañalo. Completou as 68 voltas ao redor do circuíto de 5´8 do Autodromo Nazionale Monza nunha carreira no que Jack Brabham conseguiu o seu terceiro Campionato do Mundo de Fórmula Un, malia saír na sétima volta.[11]

Logo da morte de Bandini por queimaduras sufridas durante o Gran Premio de Mónaco de 1967, Ferrari decidiu presentar dous coches con Scarfiotti e Parkes no Gran Premio de Siracusa de 1967. Scarfiotti levou un Ferrari 312 de 1966 de 3 litros mentres Parkes pilotaba un de 1967 co morro de 1966 para dar cabida ao seu longo corpo.[12] Compartiron a vitoria ao cruzar a liña de meta nun empate técnico inusual. Marcaron un récord de 182´90 km/h, cun tempo oficial de 1 hora 40 minutos 58 segundos para correr 307´7 km.[13]

Brian Redman e Scarfiotti chegaron terceiro e cuarto, respectivamente, no Gran Premio de España de 1968 disputado no Jarama. Ambos pilotaban un Cooper, con Redman competindo no seu segundo Gran Premio de Fórmula Un. A carreira marcou a primeira vitoria de Graham Hill desde 1965.[14]

Pilotando un Cooper, Scarfiotti quedou en cuarto lugar no Gran Premio de Mónaco de 1968, unha carreira marcada polas avarías mecánicas que eliminaron a 11 dos 16 participantes antes de terminar a carreira.[15] O tempo de cualificación de Scarfiotti 1:35.9 estaba ben lonxe do pole, Bruce McLaren, que fixo 1:29.8. Os tempos de clasificación foron obstaculizados por unha pista que estaba esvaradiza pola choiva e a néboa.[16]

Morte[editar | editar a fonte]

Ludovico Scarfiotti morreu en 1968 nunha carreira de montaña no Roßfeldhöhenringstraße cerca de Berchtesgaden, Alemaña, nos Alpes alemáns. Converteuse no terceiro piloto de Grand Prix en morrer en 1968, seguindo a Jim Clark e Mike Spence. Scarfiotti destrozou o seu Porsche 910 durante os ensaios cando o coche saíu bruscamente da pista Rossfeldstrasse e catapultouse a nove metros por unha ladeira cuberta de árbores. O Porsche quedou colgado nas árbores e Scarfiotti foi guindado desde a cabina. O seu corpo foi atopado a uns cincuenta metros de distancia. Morreu na ambulancia debido ás numerosas fracturas. Huschke von Hanstein, o director do equipo de Porsche, declarou que nunca se vira asociado cun accidente mortal durante os dezaoito anos que estivera a cargo do equipo. 55 m. de caucho queimado no freado indicou que Scarfiotti pisara o freo no momento final.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1963 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON BEL
WD
NED
6
FRA
NTS
RU ALE ITA USA MEX RSA 16º 1
1964 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON NED BEL FRA RU ALE AUT ITA
9
USA MEX NC 0
1965 Scuderia Ferrari Ferrari 1512 Ferrari V12 RSA MON BEL FRA RU NED ALE ITA USA MEX
NTS
NC 0
1966 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 MON BEL FRA RU NED ALE
Ret
10º 9
Ferrari 312/66 Ferrari V12 ITA
1
USA MEX
1967 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 RSA MON NED
6
BEL
NC
FRA RU ALE CAN 21º 1
Anglo American Racers Eagle T1G Weslake V12 ITA
Ret
USA MEX
1968 Cooper Car Company Cooper T86 Maserati V12 RSA
Ret
16º 6
Cooper T86B BRM V12 ESP
4
MON
4
BEL NED FRA RU ALE ITA CAN USA MEX

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Scarfiotti, 34, Killed In Car-Racing Crash, New York Times, June 9, 1968, Page S1.
  2. Pedro and Ricardo Rodriguez First in France With a Ferrari, New York Times, October 22, 1962, Page 52.
  3. Italian Ferrari Sets 2 Marks in Winning Le Mans Race, New York Times, June 17, 1963, Page 45.
  4. Driver Is Killed In German Race, New York Times, May 24, 1965, Page 43.
  5. Italians Are Next In 2-Liter Ferrari, New York Times, June 6, 1966, Page 57.
  6. Ickx, Thompson Win Belgian Race, New York Times, May 2, 1967, Page 59.
  7. Hulme Paces Bridgehampton Trials, New York Times, September 17, 1967, Page S9.
  8. Vaccarella Will Carry Hopes Of Sicilian Auto Fans Today, New York Times, May 5, 1968, Page S7.
  9. Ferrari Team Named, New York Times, December 2, 1962, p. 253.
  10. Clark Sets Mark With Lotus-Climax In Sicily Auto Race, New York Times, April 5, 1965, p. 40.
  11. Italian Wins at Monza; Ginther Hurt in Crash, Los Angeles Times, September 5, 1966, p. B5.
  12. Two Ferraris Are Entered In Italian Formula One Race, New York Times, May 21, 1967, p. 23.
  13. Surtees, Driving a Lola, Takes 2-Heat Grand Prix of Limburg (Belgium), New York Times, May 22, 1967, p. 61.
  14. Graham Hill of Britain Drives Lotus Ford to Victory in Spanish Grand Prix, New York Times, May 13, 1968, p. 60
  15. Graham Hill Takes Monaco Grand Prix, New York Times, May 27, 1968, Page 66.
  16. McLaren, Gurney and Rindt Among Qualifiers For Monaco Grand Prix Today, New York Times, May 26, 1968, p. S7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ludovico Scarfiotti Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]