Ferrari
Il cavallino rampante |
|
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1929 |
| Matriz | Fiat S.p.A. |
| Localización | Maranello, Módena, |
| Fundador | Enzo Ferrari |
| Persoas clave | Luca Cordero di Montezemolo (Presidente) Piero Ferrari (Vice Presidente) Amedeo Felisa (Administrador) |
| Industria | Automóbil |
| Produtos | Automóbil |
| Número de empregados | 2.695 (2011) |
| Páxina web | ferrari.com |
Ferrari é un fabricante italiano de coches de carreiras e de deportivos de luxo fundado por Enzo Ferrari en 1929. No seu inicio, a Scuderia Ferrari patrocinou pilotos e coches de carreiras; a empresa comezou a súa produción independente en 1946, converténdose máis adiante en Ferrari S.p.A., e dende 1969, cando foi vendida, forma parte do grupo Fiat. A empresa ten a súa sede en Maranello, preto de Módena, Italia.
Índice |
O "Cabalo Rampante" [editar]
O famoso símbolo é un cabalo negro rampante nun fondo amarelo, sempre coas letras S F de Scuderia Ferrari. O cabalo era orixinalmente o símbolo do Conde Francesco Baracca, un lendário "ás" da forza aérea italiana durante a Primeira Guerra Mundial, que o pintou na lateral de seus avións. Baracca morreu moi novo o 19 de xuño de 1918, abatido tras 34 duelos vitoriosos e moitas vitorias en grupo, tornándose así nun heroe nacional.
Baracca quería o cabalo rampante nos seus avións porque o seu escuadrón, os "Battaglione Aviatori", fóra inscrito nun rexemento de Cabalaría (as forzas aéreas estaban nos seus primeiros anos e non tiñan administración separada), e tamén porque el mesmo tiña a reputación de mellor cavaliere (cabaleiro) de seu equipo.
O 17 de xuño de 1923, Enzo Ferrari gañou unha carreira no circuíto de Savio en Ravenna onde coñeceu á Condesa Paolina, nai de Baracca. A Condesa pediulle que usase o deseño dun cabalo nos seus coches, suxerindo que lle daría boa sorte, mais a primeira carreira na que Alfa Romeo permitiulle o uso do cabalo nos coches da Scuderia foi once anos despois, nas 24 Horas de Spa en 1932. A Ferrari gañou.
Ferrari deixou o cabalo negro como no avión de Baracca; pero adicionou un fondo amarelo porque era a cor símbolo de súa terra natal, Módena.
Unha das imaxes da marca de Ferrari é a súa cor "rosso corsa" (vermello de carreira). A utilización desa cor iniciouse nos anos 20, cando a entidade que logo viría a ser a FIA, impuña que as marcas italianas tiñan que presentar cor vermella, as francesas azul, as alemás prateada, as holandesas laranxa, as belgas amarela, as inglesas verde e as norteamericanas branca.
O cabalo rampante non foi sempre identificado como só da marca Ferrari: Fabio Taglioni usouno nas súas motocicletas Ducati. O pai de Tagliani foi de feito compañeiro de Baracca e loitou con el no 91º Escuadrón Aéreo, mais mentres que a fama da Ferrari creceu, Ducati abandonou o cabalo; posiblemente como resultado dun acordo privado entre as dúas marcas.
Historia [editar]
En 1940 Alfa Romeo foi absorbida polo goberno de Mussolini e utilizada como porta-estandarte do seu goberno. Nesta época a Scuderia Ferrari, impedida de ingresar en competicións automóbiles, pasa a construír accesorios para avións e pezas para máquinas.
Co final da Segunda Guerra Mundial e a caída do réxime de Mussolini, é fundada a marca Ferrari, co lanzamento do seu primeiro modelo de estrada en 1947. O modelo lanzado ese ano foi o Ferrari 125 Sport cun motor V12 de 1500 cc.
En 1951 Ferrari consegue a súa primeira vitoria na Fórmula 1 e en 1956 Juan Manuel Fangio gaña o campionato mundial ao volante dun Ferrari. Ese foi tamén un ano triste para Enzo Ferrari coa morte do seu fillo Dino.
En 1961 os tempos comezaron a ficar difíciles para Ferrari, despois de conflitos internos que levaron á saída de varios membros da dirección. A Ferrari, mesmo así, conseguiu alcanzar un gran número de vitorias en competición e agrandar o seu nome.
Na década de 1960 a Ford tentou comprar a Ferrari, para as competicións automobilisticas. Mais esa tentativa fallou e a Ford creou o Ford GT40 que conseguiu acabar co dominio da Ferrari nas 24 Horas de Le Mans, que gañara desde 1960 ata 1965.
Como resultado dos problemas financeiros que atravesaba Ferrari, a FIAT adquiriu parte da Ferrari en 1965 aumentándoa ao 50% en 1969.
Para conmemorar os 40 anos de existencia da Ferrari, en 1987 presentou o Ferrari F40, sendo ese o coche de estrada máis rápido do mundo ata o momento.
En 1988 morre Enzo Ferrari a idade de 90 anos e ese mesmo ano a FIAT aumenta o seu control ata o 90%.
En 1997 Ferrari adquire o 50% da Maserati á FIAT, pasando a ter o control total da marca en 1999. Ferrari utilizou a Maserati como a súa división de luxo até 2005, momento en que o control regresaría á FIAT.
Ferrari continuou a lograr grandes feitos na competición automóbil, conseguido vencer na Fórmula Un, na categoría de construtores, de 1999 ata 2004 cos pilotos Michael Schumacher e Rubens Barrichello.
En 2003 a Ferrari, en memoria do seu fundador, presentase o Ferrari Enzo un superdeportivo baseado na tecnoloxía utilizada na Fórmula 1.
Modelos actuais (2013) [editar]
Líña temporal [editar]
| Tipo | Anos 1940 | Anos 1950 | Anos 1960 | |||||||||||||||||||
| 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | |
| Deportivos | 125 S | 166 S | 195 S | 212 Exp | 225 S | 250 MM | 250 Monza | 250 GT Tour de France | 250 GT SWB | 250 GTO | 250 LM | |||||||||||
| 159 S | 250 S | 250 Export | ||||||||||||||||||||
| GT | 166 Inter | 195 Inter | 212 Inter | 250 Europa | 250 GT Europa | 250 GT Boano | 250 GT Ellena | 250 GT Coupe PF | 250 GT Lusso | 330 GTC | 365 GTC | |||||||||||
| 275 GTB | 275 GTB/4 | |||||||||||||||||||||
| Descapotables | 250 GT | 275 GTS | 330 GTS | 365 GTS | ||||||||||||||||||
| 2+2 | 250 GT/E | 330 GT | 365 GT | |||||||||||||||||||
| America | 340 America | 375 America/MM | 410 Superamerica | 400 Superamerica | 500 Superfast | 365 California | ||||||||||||||||
| Tipo | Anos 1960 | Anos 1970 | Anos 1980 | Anos 1990 | Anos 2000 | Anos 2010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | |||||||||||
| FR/FMR | GT | 250 | 275 | 365 GTB/4 Daytona | 550 | 575M | 599 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| America | 330 | 365 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2+2 | 250GT | 330GT | 365GT | GTC/4 | GT4 | 400 | 400i | 412 | 456 | 456 M | 612 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| V8 | California | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| RMR | V6/V8 | Dino 206 | Dino 246 GT | 308GTB | 308i | 308 QV | 328 | 348 | 360 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 246 GTS | 308 GTS | 208 | 208 Turbo | GTB/GTS Turbo | F355 | F430 | F458 Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2+2 | Dino GT4 | Mondial 8 | Mondial QV | 3.2 Mondial | Mondial t | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| bóxer-12 | 365BB | 512 BB | 512i BB | Testarossa | 512TR | F512M | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Modelo halo | 250 GTO | 250 LM | 288 GTO | F40 | F50 | Ferrari Enzo | FXX | FXX Evolution | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| F50 GT | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||