Kimi Räikkönen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kimi Räikkönen (34 anos)
Kimi Räikkönen Bulgaria 2010.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Finlandia Finlandia
Monopraza número 7
Escudería actual Lotus F1 Team
Escudería no 2015 Ferrari
Grandes Premios disputados 205 (204 saídas)
Campionatos 1 2007
Vitorias 20
Podios 77
Pole positions 16
Voltas rápidas 40
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2001
Posición no 2014 12º (27 ptos.)
editar

Kimi Räikkönen, nado en Espoo o 17 de outubro de 1979, é un piloto finés de automobilismo, que actualmete compite en Formula 1.

En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts. Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renault británica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio en sete, e quedou campión.

Agora reside en Zúric, Suíza e está solteiro aínda que ten moza chamada Jenni. Mide 1,80 e pesa 70 kg; a súa bebida favorita é a auga e o zume de mazá, acompaña esta bebida coa súa comida preferida a carne de veado, o polo e a pasta. Cando ten tempo libre, vai ao ximnasio, corre e fai snowboarding ou hípica.

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Os bos resultados na Formula Renault chamaran a atención de Peter Sauber. Así, o piloto fixo algunhas probas con bos resultados no circuíto italiano de Mugello e Sauber decidiu contratalo como piloto reserva en 2000, o que foi o inicio de súa carreira na F1.

Sauber[editar | editar a fonte]

Räikkönen, con só vinte e un anos, iniciaba como piloto titular a súa andaina na Fórmula 1 na tempada 2001. Con só vinte tres carreiras de monoprazas no seu currículo, conseguiu a licenza especial da FÍA. Logo, na primeira proba do campionato alcanzou o sexto lugar.

McLaren[editar | editar a fonte]

En 2002, foi contratado polo equipo McLaren onde correu ata a tempada 2006 substituíndo o seu compatriota e bicampión do mundo Mika Häkkinen. Foi subcampión da tempada de 2003 con noventa e un puntos, ficando só a un punto de impedir o hexacampionato de Michael Schumacher.

Räikkönen probando o seu McLaren no Circuíto urbano de Valencia en 2006.

En 2005, foi novamente subcampión con cento doce puntos e sete vitorias, sendo Fernando Alonso campión. Foi considerado polos críticos de automobilismo e as revistas como o piloto máis rápido e mellor da tempada. En 2006, cun coche mal construído por McLaren, Räikkönen non conseguiu ningunha vitoria e terminou o ano en quinto lugar con sesenta e cinco puntos.

Ferrari[editar | editar a fonte]

En 2007, Räikkönen foi o primeiro piloto desde Nigel Mansell, en 1989, en estrearse con Ferrari cunha vitoria. Gañou o gran Premio de Australia, que abriu a tempada de 2007. E, tras dous subcampionatos, o finés proclamouse campión mundial o 21 de outubro de 2007, vencendo no Gran Premio do Brasil, no Autódromo de Interlagos.

Räikkönen pilotando o seu Ferrari no Gran Premio de Canadá de 2008.

Räikkönen era o que tiña menores oportunidades de entre os tres pilotos que disputaban o campionato: Lewis Hamilton e Fernando Alonso eran os mellor posicionados para levar o título, xa que Kimi precisaría dunha combinación de resultados adversos para Mclaren e favorables para el, para ser quen de converterse en campión mundial de pilotos na tempada 2007, Räikkönen contou cos erros cometidos polo inglés Lewis Hamilton na carreira, que pronto na segunda curva da carreira perdeu o control do coche, chegando a ficar na décimo oitava posición, e pola estratexia adoptada por Ferrari, que fixo que o finés asumise o liderado da proba, que era do brasileiro Felipe Massa na volta de número cincuenta e dous.

Coa vitoria, Räikkönen conquistou seu primeiro título do campionato mundial de pilotos e a consolidación da Ferrari como o líder mundial de construtores de Fórmula 1 da tempada 2007. Con seis vitorias na tempada, máis que os seus rivais Fernando Alonso e Lewis Hamilton de McLaren (catro vitorias cada un) e que o seu compañeiro de equipo Felipe Massa (tres), o campionato terminou con cento dez puntos para Räikkönen, coa diferenza de só un punto entre Hamilton e Alonso, que terminaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente.

Xa en 2008, o campión do mundo, ata entón, non alcanzou moito éxito; o seu coche, segundo o seu equipo, non se adaptaba ao estilo de Räikkönen. Venceu só 2 carreiras, o Gp da Malaisia e o Gp da España, acadando 75 puntos, e ficando en 3° lugar na tempada, moi abaixo do esperado, sendo o campión Lewis Hamilton, de McLaren. Porén, Räikkönen, foi o piloto con máis voltas rápidas, sendo avaliado como o piloto máis rápido da tempada, e chegando a entrar na historia da Fórmula 1 por conquistar tantas voltas rápidas nunha tempada e ao longo de súa carreira.

No gran Premio de Bélxica de 2009, disputado o 30 de agosto, Kimi conquistou a súa primeira vitoria na tempada e a décima oitava na carreira.

WRC[editar | editar a fonte]

O 4 de decembro de 2009, tras frustradas negociacións con McLaren e con Mercedes, o equipo oficial de Citroën no WRC (World Rally Championship) anunciou a contratación do finés para a disputa do campionato mundial de 2010 co equipo "junior".

Esa non foi a primeira experiencia de Kimi na categoría. O mesmo ano de 2009, disputou o Rally de Finlandia, a bordo dun Fiat Punto S2000 do equipo de Tommi Makkinen, chegando a estar en terceiro lugar da súa categoría (N4), cando sufriu un accidente que imposibilitou a conclusión da proba.

En 2011, Räikkönen disputou a temporada do WRC con seu propio equipo, o ICE 1 Racing, pilotando un Citröen DS3 WRC. Completou o Rally de Suecia na oitava posición e non disputou o Rally de México. Na secuencia, terminou sétimo no Rally de Portugal e en sexto no Rally de Xordania, deixando de disputar o Rally de Sardeña.

NASCAR[editar | editar a fonte]

En 2 de abril de 2011 o finés asinou un acordo co equipo de Kyle Busch para disputar parte da tempada 2011 da NASCAR Truck Series, que é o terceiro campionato en importancia na NASCAR. En súa estrea, Räikkönen terminou a proba de Charlotte na décima-quinta posición.

Retorno á Fórmula 1[editar | editar a fonte]

En novembro de 2011, anunciouse o retorno de Kimi á Fórmula 1, coa confirmación da súa contratación por Lotus-Renault.

O 11 de setembro de 2013, anunciouse oficialmente o seu regreso a Ferrari para as dúas próximas tempadas.[1].

O 10 de novembro de 2013, logo de coñecerse que o equipo non lle pagara o seu salario, confirmouse que o piloto finlandés non competiría nas dúas últimas probas debido a que se ía operar das costas.[2]

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2001 Sauber Petronas Sauber C20 Petronas 01A 3.0 V10 AUS
6
MAL
Ret
BRA
Ret
SMR
Ret
ESP
8
AUT
4
MON
10
CAN
4
EUR
10
FRA
7
RU
5
ALE
Ret
HUN
7
BEL
Ret
ITA
7
USA
Ret
XPN
Ret
10º 9
2002 West McLaren Mercedes McLaren MP4-17 Mercedes FO 110M 3.0 V10 AUS
3
MAL
Ret
BRA
12
SMR
Ret
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CAN
4
EUR
3
RU
Ret
FRA
2
ALE
Ret
HUN
4
BEL
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
3
24
2003 West McLaren Mercedes McLaren MP4-17D Mercedes FO 110M/P 3.0 V10 AUS
3
MAL
1
BRA
2
SMR
2
ESP
Ret
AUT
2
MON
2
CAN
6
EUR
Ret
FRA
4
RU
3
ALE
Ret
HUN
2
ITA
4
USA
2
XPN
2
91
2004 West McLaren Mercedes McLaren MP4-19 Mercedes FO 110Q 3.0 V10 AUS
Ret
MAL
Ret
BHR
Ret
SMR
8
ESP
11
MON
Ret
EUR
Ret
CAN
5
USA
6
45
McLaren MP4-19B FRA
7
RU
2
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
1
ITA
Ret
CHN
3
XPN
6
BRA
2
2005 West McLaren Mercedes McLaren MP4-20 Mercedes FO 110R 3.0 V10 AUS
8
MAL
9
BHR
3
SMR
Ret
ESP
1
MON
1
EUR
11
CAN
1
USA
DNS
FRA
2
RU
3
ALE
Ret
HUN
1
TUR
1
ITA
4
BEL
1
BRA
2
XPN
1
CHN
2
112
2006 Team McLaren Mercedes McLaren MP4-21 Mercedes FO 108S 2.4 V8 BHR
3
MAL
Ret
AUS
2
SMR
5
EUR
4
ESP
5
MON
Ret
RU
3
CAN
3
USA
Ret
FRA
5
ALE
3
HUN
Ret
TUR
Ret
ITA
2
CHN
Ret
XPN
5
BRA
5
65
2007 Scuderia Ferrari
Marlboro
Ferrari F2007 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
1
MAL
3
BHR
3
ESP
Ret
MON
8
CAN
5
USA
4
FRA
1
RU
1
EUR
Ret
HUN
2
TUR
2
ITA
3
BEL
1
XPN
3
CHN
1
BRA
1
110
2008 Scuderia Ferrari
Marlboro
Ferrari F2008 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
8
MAL
1
BHR
2
ESP
1
TUR
3
MON
9
CAN
Ret
FRA
2
RU
4
ALE
6
HUN
3
EUR
Ret
BEL
18
ITA
9
SIN
15
XPN
3
CHN
3
BRA
3
75
2009 Scuderia Ferrari
Marlboro
Ferrari F60 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
15
MAL
14
CHN
10
BHR
6
ESP
Ret
MON
3
TUR
9
RU
8
ALE
Ret
HUN
2
EUR
3
BEL
1
ITA
3
SIN
10
XPN
4
BRA
6
ABU
12
48
2012 Lotus F1 Team Lotus E20 Renault RS27-2012 2´4 V8 AUS
7
MAL
5
CHN
14
BAH
2
ESP
3
MON
9
CAN
8
EUR
2
RU
5
ALE
3
HUN
2
BEL
3
ITA
5
SIN
6
XPN
6
COR
5
IND
7
ABU
1
USA
6
BRA
10
207
2013 Lotus F1 Team Lotus E21 Renault RS27-2012 2´4 V8 AUS
1
MAL
7
CHN
2
BAH
2
ESP
2
MON
10
CAN
9
RU
5
ALE
2
HUN
2
BEL
Ret
ITA
11
SIN
3
COR
2
XPN
5
IND
7
ABU
Ret
USA
BRA
183
2014 Ferrari Ferrari F14 T Ferrari 059/3 AUS
7
MAL
12
BAH
10
CHN
8
ESP
7
MON
12
CAN
10
AUT
10
RU
Ret
ALE
11
HUN
6
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
BRA
ABU
12º* 27*
  • Tempada en curso
Predecesor:
Fernando Alonso
Campión da Fórmula 1
2007
Sucesor:
Lewis Hamilton

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kimi Räikkönen Modificar a ligazón no Wikidata