Alfa Romeo F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfa Romeo
Alfa Romeo 179F.jpg
Nome completo Alfa Romeo SpA, Autodelta, Marlboro Team Alfa Romeo, Benetton Team Alfa Romeo
Bandeira Italia
Baseada en Milan, Italia
Tempadas en activo 9 1950-1951 / 1979-1985
Número de pilotos
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1950
Carreiras 110
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 2 (1950, 1951)
Vitorias 10
Pole positions 12
Voltas Rápidas 14
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Australia de 1985
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

Alfa Romeo Racing Fórmula 1 é un equipo italiano de Fórmula 1 pertencente a Alfa Romeo, que participou no campionato nas tempadas 1950 e 1951, e logo entre 1979 e 1985. Os seus éxitos déronse principalmente antes do establecemento do Campionato do Mundo e nos dous primeiros anos deste, non conseguindo na súa volta reverdecer os loureiros. Xa nos anos 1920, algúns Alfa competían nos circuítos europeos e ben pronto se constituíu un equipo oficial da marca dirixido polo propio Romeo, no que correron grandes pilotos da época como Giuseppe Campari, Ugo Sivocci, Antonio Ascari, Enzo Ferrari, Gastone Brilli-Peri ou Louis Wagner.

Historia[editar | editar a fonte]

Alfa Romeo 159 de Fórmula 1

Éxito, 1950-1951[editar | editar a fonte]

En 1950 Nino Farina gañou o primeiro Campionato do Mundo de Fórmula Un nun 158 con compresor, en 1951 Juan Manuel Fangio gañou cun Alfetta 159 (unha evolución do 158 cun período de dúas etapas de compresión). Os motores do Alfetta foron extremadamente potentes pola súa capacidade: en 1951 o motor 159 producía ao redor de 420 CV, pero isto levaba un consumo de combustible de 125 a 175 litros por cada 100 km..[1] En 1952, fronte á crecente competencia do seu ex empregado, Enzo Ferrari. Alfa Romeo, unha empresa de propiedade estatal, decidiu retirarse logo da negativa do goberno italiano a financiar o caro deseño dun novo coche. Sorprendentemente, Alfa Romeo participou nas carreiras durante as dúas tempadas cun escaso orzamento, e ca maioría da tecnoloxía e materiais de antes da guerra. Por exemplo, o equipo gañou dous campionatos con só nove bloques motor que se construíron antes da guerra.

Alfa Romeo como provedor de motores, 1961-1979[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1960, varios equipos menores de F1 menores usaron os motores Alfa Romeo 4 en liña, como o LDS Mk1 e Mk2 "Specials", Coopers, e De Tomasos.[2]


Ao final da década de 1960 Alfa Romeo estaba desenvolvendo un novo motor V8 para os seus vehículos de competición, este motor foi probado brevemente no T86C Cooper F1-3-68 por Lucien Bianchi.[3] Alfa Romeo regresou brevemente á Fórmula Un nas tempadas de {{F1|1970]] e 1971 cun motor V8 baseado nos do seus deportivos. Tiveron que pasar 19 anos para que Alfa-Romeo, dedicada neses momentos á competición de Sport-Prototipos, volvese timidamente á F1. Autodelta, a sección deportiva de Alfa-Romeo, preparou en 1970 uns motores V8 de 3000 cc para o piloto da marca, Andrea de Adamich. A escuadra McLaren encargouse de realizar os chasis (M7D e M14D) e inscribiu un terceiro monopraza no campionato. Das 10 carreiras nas que participou Adamich só conseguiu entrar na grella en 5 ocasións e o seu mellor resultado foi un 8º posto en Italia. Ao ano seguinte repetiuse o intento esta vez co equipo March Engineering, que preparou uns chasis 711 para Adamich, e para Nanni Galli (ata nunha ocasión Ronnie Peterson piloto oficial de March participou con motor Autodelta). O equipo March, que pretendía obter con esta colaboración un motor que non tivese que comprar, non saíu moi convencido dos resultados da alianza con Autodelta xa que só obtívo un exiguo 11º posto (Adamich) e dous 12º (Galli), sobre todo comparados co 2º posto no campionato conseguido por Peterson co March-Cosworth 711.

1978 Brabham BT46 B-Alfa Romeo

Máis serio foi o proxecto que en 1976 uniu á empresa de Bernie Ecclestone (Motor Racing Developments) que xestionaba a escuadra Brabham con Autodelta dirixida esta vez por Carlo Chiti. Alfa-Romeo presentou un voluminoso motor de 12 cilindros para os Brabham BT45 de Carlos Reutemann e Carlos Pace sen demasiados bos resultados (dous 4º para Pace e outro 4º para Reutemann). O BT45 Alfa-Romeo comezou ben a tempada de 1977 cun 2º posto para Pace en Arxentina e un 6º con volta rápida para John Watson en Suráfrica. A morte de Pace trastornou o desenvolvemento do novo BT45B e ata metade de tempada non se obtiveron de novo bos resultados, un 2º de Watson en Francia e volta rápida en Austria e dous terceiros de Hans Stuck en Alemaña e Austria, ademais da pole de Watson en Mónaco. O campionato terminou co 11º posto de Stuck na clasificación final.

En 1978 o equipo Brabham-Alfa Romeo preparouse para o asalto ao Campionato do Mundo. Fichou ao campión do ano anterior o austríaco Niki Lauda ao que acompañaba Watson. Gordon Murray encargouse o deseño do BT46 e do polémico BT46B con aspirador que pronto se destacou como un excelente monopraza. Lauda conseguiu vencer en Suecia e Italia, tres 2º e dous 3º, ademais obtivo 2 poles e 4 voltas rápidas, e con 44 puntos empolicouse ao 3º posto da clasificación final. Watson cun 2º e dous 3º obtivo unha meritoria 6º praza, e a escuadra foi 2ª no campionato de construtores por detrás dos invencibles Lotus 79 con efecto solo de Andretti e Peterson.

As esperanzas postas no equipo desvanecéronse na tempada seguinte sobre todo polas constantes tiranteces entre Brabham e Autodelta. Lauda só obtivo un 4º posto en Italia do mesmo xeito que o seu novo compañeiro o brasileiro Nelson Piquet en Holanda. A tempada acabou en divorcio e Autodelta formou unha escuadra nova competindo co Alfa Romeo 177 con chasis e motor Alfa-Romeo e patrocinio de Marlboro. Este coche competiu en 3 ocasións cos pilotos italianos Bruno Giacomelli e Vittorio Brambilla. Na mesma tempada Bruno estreou un coche novo denominado Alfa Romeo 179. Neste equipo Andrea de Cesaris obtivo a súa única pole position da súa dilatada carreira.

Regreso á Fórmula Un, 1979-1985[editar | editar a fonte]

Durante a tempada de Fórmula Un de 1979, e logo de ser persuadido por Chiti, Alfa Romeo deu a Autodelta permiso para comezar a desenvolver un coche de Fórmula Un no seu nome. a asociación con Brabham terminou antes da final da tempada. O Alfa Romeo 177 fixo o seu debut no Gran Premio de Bélxica de 1979. Este segundo proxecto de Alfa na Fórmula Un nunca foi un verdadeiro éxito durante a súa existencia, desde mediados de 1979 ata finais de 1985. Durante este período, Alfa Romeo logrou dous poles, Bruno Giacomelli no Gran Premio dos Estados Unidos de 1980, antes de retirarse con problemas eléctricos, tres terceiros lugares, dous segundos lugares e unha volta rápida. Tamén sufriu unha traxedia cando o seu piloto Patrick Depailler morreu no Gran Premio de Alemaña de 1980 no circuíto de Hockenheim. En 1981 contou cos servizos de Mario Andretti, pero continuou sendo perseguido pola escasa fiabilidade. A mellor tempada do equipo é a tempada de 1983, cando a escudería logrou o 6º lugar no campionato de construtores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grand Prix Cars - Alfa Romeo 158". ddavid.com. Arquivado do orixinal o 7 April 2007. http://www.ddavid.com/formula1/alfa158.htm. Consultado o 2007-04-26. 
  2. "Alfa Romeo 1.5 L4". f1db.com. http://www.f1db.com/f1/page/en10003. Consultado o 2007-04-26. 
  3. "Cooper T86C Alfa Romeo". ultimatecarpage.com. http://www.ultimatecarpage.com/car/614/Cooper-T86C-Alfa-Romeo.html. Consultado o 2011-06-12. 
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alfa Romeo F1