Cooper Car Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of the United Kingdom.svg Cooper
Cooper indy 1961.jpg
Nome completo Cooper Car Company
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg
Baseada en Surbiton, Surrey, Reino Unido
Tempadas en activo 20 (1950 - 1969)
Número de pilotos Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss
Francia Maurice Trintignant
Flag of Australia.svg Jack Brabham
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren
Flag of the United Kingdom.svg John Surtees
Austria Jochen Rindt
Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez
Debut Gran Premio de Mónaco de 1950
Carreiras 129
Campionatos de Construtores 2 (1959 - 1960)
Campionatos de Pilotos 2 (1959 - 1960)
Vitorias 16
Pole positions 11
Voltas Rápidas 14
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1969
Cooper Mk9 de 1956, propulsado por un motor de 1100cc JAP
Este Cooper-Climax T53 F1 estándar foi doado por Jim Hall para o IMS en 1969. Está pintado para parecerse ao Cooper-Climax T54 de Jack Brabham de 1961, o coche que comezou a revolución do motor traseiro nas 500 millas de Indianápolis. O modelo real se mostra no Museo de Automoción Marconi en Tustin, California.
Chevrolet-powered 1964 Cooper Monaco
Foto da parte traseira do Cooper T51, o primeiro coche de motor central en gañar o campionato de Fórmula 1.

A Cooper Car Company foi fundada en 1946 por Charles Cooper e o seu fillo John Cooper. Xunto co amigo da infancia de John, Eric Brandon, comezaron a construción de coches de carreiras no pequeno garaxe de Charles en Surbiton, Surrey, Inglaterra en 1946. Nas décadas 1950 e 1960, chegaron aos niveis máis altos cos coches de carreiras con motor traseiro dun só asento, revolucionaron a Fórmula Un e as 500 Millas de Indianápolis, e o seus Mini Cooper dominaron os Rally. Grazas en parte ao legado de Cooper, Gran Bretaña sigue sendo a base dunha próspera industria de automóbiles de carreiras, e o nome de Cooper vive nas versións Cooper, do Mini os coches de produción que se seguen construíndo en Inglaterra, pero agora de propiedade e comercializados por BMW.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros coches construídos polos Cooper eran monoprazas de 500 cc de Fórmula 3 pilotados por John Cooper e Eric Brandon e impulsados por un motor de motocicleta JAP. Dado que inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial os materiais eran escasos, os prototipos foron construídos unindo os frontais de dous Fiat Topolino. Segundo John Cooper, o golpe de xenio que faría dos Cooper unha lenda do automóbil, a localización do motor detrás do condutor, foi algo simplemente práctico. Debido a que o coche estaba propulsado por un motor de motocicleta, cría que era máis conveniente ter o motor na parte de atrás.

Este coche chamado Cooper 500, acadou éxito en subidas e en pista, incluíndo a vitoría de Eric na primeira carreira despois da guerra, no campo de aviación de Gransden Lodge, creouse unha rápida demanda por parte dos outros pilotos (incluíndo, ao longo dos anos, Stirling Moss, Peter Collins, Jim Russell, Ivor Bueb, Ken Tyrrell e Bernie Ecclestone) o que levou á creación da Cooper Car Company para construír máis. O negocio creceu xa que proporcionaban un coche de baixo custo para os mozos britanicos aspirantes a piloto, e a compañía converteuse no primeiro e máis grande fabricante mundial da posguerra, especialista en fabricar coches de carreiras para a venda a pilotos privados.

Cooper construíu máis de 300 coches de F3 e dominaron a categoría, gañando 64 das 78 principais carreiras entre 1951 e 1954. Este volume de construción foi único e permitiu á compañía crecer nas categorías superiores, isto conseguiuse cun chasis modificado dun Cooper 500, o modelo T12, no que Cooper tivo a súa primeira experiencia de primeiro nivel nas carreiras cando Harry Schell clasificou para o Gran Premio de Mónaco de 1950. Aínda que Schell retirouse na primeira volta, isto marcou a primeira aparición dun coche de motor traseiro nunha carreira de Grand Prix desde o final da Segunda Guerra Mundial.

O modelo de Fórmula 2 o Cooper Bristol con motor dianteiro foi presentado en 1952. Varias copias deste deseño foron pilotadas por unha serie de pilotos lendarios, entre eles Juan Manuel Fangio e Mike Hawthorn, e promoveron a crecente reputación da compañía ao aparecer en carreiras de Grand Prix, que nese momento corríanse baixo as regulacións da F2. Non foi ata que a empresa iniciou a construción coches con motor traseiro en 1955 que realmente decatáronse dos beneficios de ter o motor detrás do condutor. Baseándose nos coches de 500cc e cun motor Coventry Climax modificado, estes autos foron chamados "bobtail". Co centro de gravidade máis cerca do centro do coche, comprobaron que era menos propenso a facer trompos e era moito máis eficaz en trasladar a potencia ata a estrada, polo que decidiron construír unha versión monopraza e comezaron a participar nas carreiras de Fórmula 2.

Revolución do motro traseiro[editar | editar a fonte]

Jack Brabham chamou a atención cando logrou o sexto lugar no Gran Premio de Mónaco de 1957 nun Cooper de Fórmula 2 con motor traseiro. Pero cando Stirling Moss gañou o Gran Premio de Arxentina de 1958 cun Cooper privado do equipo Rob Walker e Maurice Trintignant reditou a fazaña na seguinte carreira en Mónaco, o mundo das carreiras quedou atónito e comezou a revolución do motor traseiro. Ao ano seguinte, 1959, Brabham e o equipo de fábrica de Cooper convertéronse nos primeiros en gañar o Campionato do Mundo de Fórmula Un nun coche con motor traseiro. Tanto o equipo como o piloto repetiron a fazaña en 1960, e todos os campións do mundo desde entón séntanse diante do seu motor.

Brabham aproveitou unha proba de Campionato en Indianápolis Motor Speedway para probar o Cooper T53 "liña baixa" en 1960, entrou na famosa carreira das 500 millas, cun coche máis grande e máis longo e compensado baseado no deseño de F1 de 1960. Ao chegar ás pistas de carreiras o 5 de maio 1961, o pequeno e "gracioso" coche europeo foi a risa d os outros equipos, pero chegou a estar terceiro e acabou noveno. Levoulle uns cantos anos, pero gradualmente Indianápolis deuse conta de que e os días dos seus bólidos con motor dianteiro estaban contados. A partir de Jim Clark, que pilotaba un Lotus con motor traseiro en 1965, todos os gañadores das 500 Millas de Indianápolis tiveron o motor na parte posterior. A revolución iniciada polo pequeno Cooper 500 foi completa.

Unha vez que os fabricantes de automóbiles de Fórmula comezaron a construír coches co motor traseiro, a practica e intelixente construción dos monoplazas de Cooper foi superada pola tecnoloxía máis sofisticada de Lola, Lotus, BRM e Ferrari. A caída do equipo de Cooper acelerouse cando John Cooper resultou gravemente ferido nun accidente de tráfico en 1963 pilotando un Mini bimotor, e ca morte de Charles Cooper en 1964.

Logo da morte do seu pai, John Cooper vendeu o equipo Cooper de Fórmula Un ao Grupo Chipstead Motor en abril de 1965. Eles lograron a súa última vitoria co piloto mexicano Pedro Rodríguez no Gran Premio de Sudáfrica de 1967 nun Cooper T81. En total, Cooper participou en 129 carreiras do Campionato Mundial de Fórmula Un en nove anos, gañando 16 carreiras.

Ademais de coches de Fórmula Un, Cooper ofreceu unha serie de coches de Fórmula Junior. Trátase dos modelos T52, T56, T59 e T67. Ken Tyrrell montou un equipo de moito éxito cos pilotos John Love e Tony Maggs. Tras a desaparición da Fórmula Junior, Ken Tyrrell probou con Jackie Stewart na Fórmula 3 cun coche Cooper T72. Esta proba no Circuíto de Goodwood marcou o inicio da colaboración que dominou os deportes de motor máis adiante.

En outubro de 2009, Mike Cooper, fillo de John Cooper presntou Cooper Bikes, a división de motos da Cooper Car Company.

Resultados completos en Fórmula 1 de Cooper Car Company[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Puntos Pos.
1953 T20
T23
T21
Bristol BS1 2.0 L6
Alta GP 2.5 L4
D ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA non non[1]
Flag of the United Kingdom.svg Alan Brown 9
Flag of the United Kingdom.svg John Barber 8
Flag of Argentina.svg Adolfo Schwelm Cruz Ret
Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss 9 Ret 6 13
1955 T40 Bristol BS1 2.0 L6 D ARX MON 500 BEL NED RU ITA non non[1]
Flag of Australia.svg Jack Brabham Ret
1957 T43 Climax FPF 2.0 L4
Climax FPF 1.5 L4
Modelo:Avon
D
ARX MON 500 FRA RU ALE PES ITA non non[1]
Flag of Australia.svg Jack Brabham 6 7[2] Ret 7
Flag of the United States.svg Les Leston NSC
Flag of the United Kingdom.svg Mike MacDowel 7[2]
Flag of the United Kingdom.svg Roy Salvadori 5 Ret Ret
1958 T45
T44
Climax FPF 2.0 L4
Climax FPF 1.5 L4
D ARX MON NED 500 BEL FRA RU ALE POR ITA MAR 31
Flag of Australia.svg Jack Brabham 4 8 Ret 6 6 Ret 7 Ret 11
Flag of the United Kingdom.svg Roy Salvadori Ret 4 8 11 3 2 9 5 7
Flag of the United Kingdom.svg Ian Burgess Ret
Flag of the United Kingdom.svg Jack Fairman 8
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren 5 13
1959 T51 Climax FPF 2.5 L4 D MON 500 NED FRA RU ALE POR ITA USA 40
(53)
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren 5 5 3 Ret Ret Ret 1
Flag of Australia.svg Jack Brabham 1 2 3 1 Ret Ret 3 4
Flag of the United States.svg Masten Gregory Ret 3 Ret 7 Ret 2
Italia Giorgio Scarlatti 12
1960 T51
T53
Climax FPF 2.5 L4 D ARX MON 500 NED BEL FRA RU POR ITA USA 48
(58)
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren 1 2 Ret 2 3 4 2 3
Flag of Australia.svg Jack Brabham Ret DSC 1 1 1 1 1 4
Flag of the United States.svg Chuck Daigh Ret
Flag of the United Kingdom.svg Ron Flockhart Ret
1961 T55
T58
Climax FPF 1.5 L4
Climax FWMV 1.5 V8
D MON NED BEL FRA RU ALE ITA USA 14
(18)
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren 6 12 Ret 5 8 6 3 4
Flag of Australia.svg Jack Brabham Ret 6 Ret Ret 4 NC Ret Ret
1962 T60
T55
Climax FWMV 1.5 V8
Climax FPF 1.5 L4
D NED MON BEL FRA RU ALE ITA USA RSA 29
(37)
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Ret 1 Ret 4 3 5 3 3 2
Flag of South Africa.svg Tony Maggs 5 Ret Ret 2 6 9 7 7 3
Flag of the United States.svg Timmy Mayer Ret
1963 T66 Climax FWMV 1.5 V8 D MON BEL NED FRA RU ALE ITA USA MEX RSA 25
(26)
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren 3 2 Ret 12 Ret Ret 3 11 Ret 4
Flag of South Africa.svg Tony Maggs 5 7 Ret 2 9 Ret 6 Ret Ret 7
1964 T73
T66
Climax FWMV 1.5 V8 D MON NED BEL FRA RU ALE AUT ITA USA MEX 16
Flag of the United States.svg Phil Hill 9 8 Ret 7 6 Ret Ret Ret 9
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Ret 7 2 6 Ret Ret Ret 2 Ret 7
1965 T77
T73
Climax FWMV 1.5 V8 D RSA MON BEL FRA RU NED ALE ITA USA MEX 14
Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren 5 5 3 Ret 10 Ret Ret 5 Ret Ret
Austria Jochen Rindt Ret NSC 11 Ret 14 Ret 4 8 6 Ret
1966 T81 Maserati 9/F1 3.0 V12 D MON BEL FRA RU NED ALE ITA USA MEX 30
(35)
Flag of the United States.svg Richie Ginther Ret 5
Austria Jochen Rindt Ret 2 4 5 Ret 3 4 2 Ret
Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Ret Ret Ret 2 Ret 3 1
Flag of New Zealand.svg Chris Amon 8
Flag of Mexico.svg Moisés Solana Ret
1967 T81
T81B
T86
Maserati 9/F1 3.0 V12
Maserati 10/F1 3.0 V12
F RSA MON NED BEL FRA RU ALE CAN ITA USA MEX 28
Austria Jochen Rindt Ret Ret Ret 4 Ret Ret Ret Ret 4 Ret
Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez 1 5 Ret 9 6 5 8 6
Flag of the United Kingdom.svg Alan Rees 9
Flag of the United Kingdom.svg Richard Attwood 10
Bélxica Jacky Ickx 6 Ret
1968 T81B
T86
T86B
T86C
Maserati 10/F1 3.0 V12
BRM P142 3.0 V12
Alfa Romeo T33 3.0 V8
F
G
RSA ESP MON BEL NED FRA RU ALE ITA CAN USA MEX 14
Flag of the United Kingdom.svg Brian Redman Ret 3 Ret
Italia Ludovico Scarfiotti Ret 4 4
Bélxica Lucien Bianchi 3 6 Ret Ret NC Ret Ret
Flag of the United Kingdom.svg Vic Elford 4 Ret Ret Ret 5 Ret 8
Francia Johnny Servoz-Gavin Ret
Flag of the United Kingdom.svg Robin Widdows Ret

Outros Resultados de Cooper[editar | editar a fonte]

Modelo:Expand list (key) (Resultados en negra indican pole position; resultados en italica indican volta rápida.)

Ano Equipo/s Chasis/ Motor Pneu. Piloto/s 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
1950 Horschell Racing Corporation T12 JAP 1.1 V2 D RU MON 500 SUI BEL FRA ITA
Flag of the United States.svg Harry Schell Ret
1952 Ecurie Richmond T20 Bristol BS1 2.0 L6 D SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA
Flag of the United Kingdom.svg Eric Brandon 8 9 20 13
Flag of the United Kingdom.svg Alan Brown 5 6 22 15
Leslie D. Hawthorn T20 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn 4 3 4 Ret
AHM Bryde T20 Bristol BS1 2.0 L6 D Ret
Flag of the United Kingdom.svg Reg Parnell 7
Ecurie Ecosse T20 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg David Murray Ret
1953 Ken Wharton T23 Bristol BS1 2.0 L6 D ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA
Flag of the United Kingdom.svg Ken Wharton Ret Ret 8 7 NC
Bob Gerard T23 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Bob Gerard 11 Ret
Atlantic Stable T24 Alta GP 2.5 L4 D Flag of the United Kingdom.svg Peter Whitehead 9
Ecurie Ecosse T20 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Jimmy Stewart Ret
R.J. Chase T23 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Alan Brown Ret
Tony Crook T20 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Tony Crook Ret
Rodney Nuckey T23 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Rodney Nuckey 11
Equipe Anglaise T23 Bristol BS1 2.0 L6 D Flag of the United Kingdom.svg Alan Brown Ret 12
Alemaña Helmut Glöckler NTS
1958 Rob Walker Racing Team T43
T45
Climax FPF 2.0 L4 C
D
ARX MON NED 500 BEL FRA RU ALE POR ITA MAR
Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss 1
Francia Maurice Trintignant 1 9 8 3 8 Ret Ret
Flag of the United Kingdom.svg Ron Flockhart NSC
Scuderia Centro Sud T43 Climax FPF 1.5 L4 D Alemaña Wolfgang Seidel Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 O Campionato de Construtores non se concede ata 1958.
  2. 2,0 2,1 Unidade compartida

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cooper Car Company Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • John Cooper (1977). The Grand Prix Carpetbaggers: The Autobiography of John Cooper. Doubleday. ISBN 0-385-03081-9
  • Cooper Cars, by Doug Nye, 1983, Osprey Publishing, 2003, Motorbooks International

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]