Goodyear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Goodyear Tire & Rubber Company
Spirit of Europe2.jpg
O tradicional dirixible co logo de Goodyear.
Tipo Matriz, Distribuidora.
Fundación 1898
Localización Akron, Ohio, U.S.A.
Fundador Frank Seiberling
Industria Manufacturacion
Produtos Pneumáticos
Número de empregados 72.000 (2010)
Páxina web Goodyear.com
Notas
Lema:
"Made to feel good",("Feito para sentirse ben").
Dirixible de Goodyear.

Goodyear Tire and Rubber Company foi fundada o 29 de agosto de 1898 por Frank Seiberling. É unha das compañías máis grandes do mercado dos pneumáticos. A súa sede principal atópase en Akron, Ohio. O nome da compañía foi posto polo fundador como homenaxe ao inventor do proceso de vulcanizado do caucho, Charles Goodyear (1800/1860).

Historia[editar | editar a fonte]

Frank Seiberling, por aquel entón con 38 anos de idade, adquiriu a primeira fábrica da compañía cun desembolso inicial de 3.500 dólares estadounidenses utilizando diñeiro prestado por un cuñado. O caucho e o algodón que foron o corazón da súa industria debían ser transportados desde o outro lado do mundo, cara a un pobo sen saída ao mar e limitada por ter unicamente transporte férreo. Ata o home polo que a empresa leva este nome, Charles Goodyear, había morto pobre 38 anos antes a pesar de descubrir a vulcanización logo dunha longa e audaz procura.

Pero o momento non podería ser mellor. O furor polas bicicletas na década de 1890 estivo en pleno auxe. Os carruaxes sen cabalos, aos que algúns se arriscaban a chamar automóbiles, foron un gran reto. Ata a depresión de 1893 comezara a desvanecerse. Entón, ese 29 de agosto de 1898, foi creada Goodyear cun capital accionario de U$S 100.000.

En Arxentina, a compañía Goodyear iniciou as súas actividades en 1915 cunha sucursal de vendas que atendía desde alí a toda América Latina (The Goodyear Tire & Rubber Co. for South-America). Pero o paso definitivo deuno o 24 de xaneiro de 1931, cando inaugurou a planta de Hurlingham, nos arredores de Bos Aires, consolidándose así a compañía Goodyear Arxentina. Foi a primeira fábrica de pneumáticos no país, e a primeira de Goodyear en toda América Latina.

Actualmente, Goodyear iniciou a apertura de plantas renovadoras en México. A primeira, a nivel nacional, foi establecida na cidade de Celaya; proximamente inaugurarase unha renovadora máis na cidade de Veracruz.

Na Fórmula 1 foi onde obtivo os seus maiores éxitos, con 368 vitorias, fornecendo pneumáticos durante moitos anos a equipos como Ferrari ou McLaren

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]