Maserati
| Nome completo | Officine Alfieri Maserati |
|---|---|
| Bandeira | |
| Baseada en | Modena, Italia |
| Tempadas en activo | 7 1950, 1952-1957 |
| Número de pilotos | |
| Debut | Gran Premio de Brasil de 1985 |
| Carreiras | 56 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 1 (1957) |
| Vitorias | 9 |
| Pole positions | 8 |
| Voltas Rápidas | 13 |
| Puntos totais | 0 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1957 |
Maserati, construtor italiano de automóbiles deportivos de luxo.
Índice |
Historia[editar]
A marca italiana de automóbiles deportivos Maserati foi fundada en Bolonia por Alfieri Maserati en 1914. O emblema de Maserati é o tridente, inspirado na estatua de Neptuno que adorna a Praza Maior de Bolonia. A marca foi adquirida en 1937 polo empresario Adolfo Orsi, baixo a súa dirección Maserati fabricou os primeiros automóbiles nos que o luxo recibiu a mesma atención que a "performance". En 1968 Maserati foi adquirida por Citroën, que a súa vez a vendeu en 1975 a un consorcio administrado por Alessandro de Tomaso. De Tomaso, coa axuda do deseñador Ghia, creou algúns dos automóbiles máis interesantes de tódolos tempos: Ghibli, Khasmin, Bora e Kyalami, entre outros. Estes nomes foron tomados de famosos ventos de África e Asia. En 1993 Maserati pasou ao Grupo Fiat que, en 1999, a convirteu en propiedade exclusiva de Ferrari.
O Grupo Ferrari-Maserati no ano 2004 vendeu 9,565 automóbiles, dos cales 4,590 foron Maserati. As vendas de Maserati representaron un notable incremento do 62% con relación ao ano 2003. Gran parte deste crecemento debeuse a demanda do Quattroporte, o seu primeiro modelo de 4 portas. Maserati fabrica tres modelos: Cupé / Spyder V8, Quattroporte e o exótico MC12.
No 2005 a marca volveu á propiedade directa de Fiat que a arupou con Alfa Romeo, coa que compartirá plataformas, compoñentes e canles de distribución, nunha movida que devolve o status de súper exclusividade a Ferrari. Tamén se di que pode poñer esta lendaria marca á venda.
Fórmula Un[editar]
Maserati participou na Fórmula Un durante os anos 1940 e 1950. O seu programa de traballo na Fórmula 1 foi amplamente exitoso, proporcionando un puñado de vitorias en Grandes Premios e un título mundial de Juan Manuel Fangio. Maserati deseñou tres coches de Fórmula Un: o Maserati 4CLT, o Maserati A6GCM e o Maserati 250F, e o pre-Segunda Guerra Mundial Maserati 4CL tamén foi utilizado con certo éxito. Con todo, debido ás dificultades financeiras a finais de 1950 o equipo tivo que retirarse da Fórmula Un a pesar de que o 250F aínda tiña éxito. Privados, como Fangio, continuaron utilizando o 250F ata 1960.
Comezos na Fórmula Un[editar]
O Maserati 4CLT de 1948 foi un dos primeiros coches construídos ca normativa da Fórmula Un, introducida en 1946, e foi desenvolvido a partir do Maserati 4CL voiturette de 1938. O deseño anterior era aínda competitivo a pesar da interrupción da Segunda Guerra Mundial e participou en carreiras de Fórmula Un cando as carreiras reiniciaronse logo da guerra. O seu éxito animou a Maserati para desenvolver o deseño do coche e estas melloras foron reunidas no 4CLT.