Ferrari 312B
| Ferrari | |
|---|---|
| Información | |
| País | |
| Fabricante | Ferrari |
| Deseñador | Mauro Forghieri |
| Produción | |
| Predecesor | Ferrari 312 |
| Sucesor | 312T |
| Longo | mm |
| Largo | mm |
| Alto | mm |
| Peso | 595 Kg en 1966; 530 Kg de 1967 a 1969 |
| Chasis | Estrutura de aceiro tubular con paneis de aluminio remachado de dobre parede |
| Suspensión | Suspensión de dobre pinza, dentro do casco resorte / amortecedor |
| Motor | Ferrari 001, 12 en liña, atmosferico central |
| Potencia | 2929 cm³ |
| Transmisión | Ferrari Type 621, 6 velocidades e marcha atras, manual |
| Tracción | Posterior |
| Freos | |
| Prestacións | |
| Pneumáticos | Goodyear, Firestone |
| Debut | Gran Premio de Sudáfrica de 1970 (312B), Gran Premio de Mónaco de 1971 (312B2), Gran Premio de España de 1973 (312B3) |
| Pilotos | |
| Carreiras | 70 (todos modelos) 19 (312B) 24 (312B2/B2-72) 27 (312B3) |
| Gañadas | 10 5 2 3 |
| Poles | 22 6 6 10 |
| Voltas rápidas | 21 11 4 6 |
| Camp. Cons. | 0 |
| Camp. Pilt. | 0 |
| * Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari | |
O Ferrari 312B foi unha serie de modelos de coches de carreiras de Fórmula Un, deseñados e construídos pola Scuderia Ferrari. Foi o sucesor do Ferrari 312 e foi utilizado desde 1970 ata principios de 1975. Fixéronse varias versións: o 312B, 312B2 e 312B3.
A década de 1970 viu o regreso do éxito para a Scuderia, a marcha de Chris Amon, e o regreso de Jacky Ickx para unirse a Clay Regazzoni. Un motor 12 en liña, coloquialmente coñecido como "boxer" (aínda que non é un motor boxer real), foi desenvolvido para o seu uso no novo Ferrari 312B, o que supuso un baixo centro de gravidade.
Durante a primeira tempada, a de 1970, Ickx loitou co Lotus de Jochen Rindt e gañou tres Grandes Premios, mentres que o emotivo Gran Premio de Italia de 1970 foi gañado por Clay Regazzoni, tras a morte de Rindt na semana anterior á carreira. Nas carreiras restantes, Ickx non puido superar os puntos de Rindt para o título de pilotos, e Lotus gañou o Campionato de Construtores por diante de Ferrari.
A tempada de Fórmula Un de 1971 comezou cun triunfo da nova fichaxe, Mario Andretti, seguida por outra vitoria de Ickx. Ferrari en última instancia, ocupou o segundo lugar no Campionato de Construtores, e Jackie Stewart con Tyrrell dominaron a tempada.
Na tempada de Fórmula Un de 1972, Ferrari non podía manterse ao día cos avances da competición, caendo ao cuarto posto ao final do ano. Ickx gañou o Gran Premio de Alemaña de 1972 na súa pista favorita, Nürburgring, pero ista ía ser a súa última vitoria nun Gran Premio. A tempada de coches deportivos de carreiras foi un éxito para Ferrari, co Ferrari 312PB baseado no coche de F1.
Na tempada de Fórmula Un de 1973, o Ferrari 312B2 xa non era competitivo, e só logrou o 4º lugar con Icks, no Gran Premio de apertura da tempada. Ademais os coches deportivos, foron batidos polos franceses Matra, o programa de F1 da escuadra italiana foi abandonado, e ata saltaronse algunhas carreiras de F1, en particular Nürburgring. Isto non era aceptable para Ickx, xa que o circuíto de Nürburgring, onde celebrabase o Gran Premio de Alemaña ese ano, era a súa pista favorita. Como resultado diso, deixou o equipo a metade de tempada co fin de disputar o Gran Premio de Alemaña de 1973 cun McLaren, onde acadou o terceiro posto detrás dos Tyrrells de Stewart e François Cevert.
Ferrari fichou aos pilotos de BRM Niki Lauda e Clay Regazzoni para reconstruír o equipo da tempada de Fórmula Un de 1974. Presentando un novo modelo, o 312B3, baseado nun prototipo chamado "quitaneves"[1] .
O coche foi sustituido polo 312T, que foi presentado para a tempada de Fórmula Un de 1975.
Notas [editar]
- ↑ Acerbi, Leonardo (2008). Il nuovo Tutto Ferrari. Nada. ISBN 9788879114363.
- article about 312B
- Tremayne, David & Hughes, Mark (1998). "The Concise Encyclopedia Of Formula One, Paragon.