Ayrton Senna
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Ayrton Senna | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1984–1994 |
| Escudería(s) | Toleman Hart, Lotus, McLaren Honda, Williams |
| Grandes Premios disputados | 162 |
| Campionatos | 3 (1988, 1990, 1991) |
| Vitorias | 41 |
| Podios | 80 |
| Pole positions | 65 |
| Voltas rápidas | 19 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Brasil de 1984 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Portugal de 1985 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Australia de 1993 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de San Marino de 1994 |
Ayrton Senna da Silva, nado en San Paulo, Brasil, o 21 de marzo de 1960 e falecido en competición no Autódromo Enzo e Dino Ferrari de Imola durante o Gran Premio de San Mariño o 1 de maio de 1994, foi un piloto de Fórmula 1.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi tres veces campión do mundo, nos anos 1988, 1990 e 1991. Logrou tamén dous subcampionatos en 1989 e en 1993, os dous por detrás do seu gran rival o francés Alain Prost.
O equipo onde Ayrton debutou na Fórmula 1 foi Toleman, para despois competir desde 1985 ata 1987 en Lotus, desde 1988 ata 1993 en McLaren e en 1994 en Williams.
O seu primeiro podio, foi no Gran Premio de Mónaco de 1984, baixo unha intensísima choiva. Ayrton partiu dende a décimo terceira posición na grella e logrou alcanza-la segunda posición detrás de Alain Prost, nunha carreira atípica que só durou 31 voltas. O propio Alain Prost confesou nesa carreira que se chegase Ayrton a alcanza-lo coche de Alain, este o tería deixado pasar, xa que Ayrton ese ano non tería opcións de disputa-lo mundial.
Gañou a súa primeira carreira en 1985 no circuíto de Estoril, en Portugal, baixo unha choiva torrencial, cando militaba no equipo Lotus. Esta vitoria afianzaba a Senna como todo un especialista en correr baixo choiva de feito era capaz de correr en choiva con pneumáticos de seco, como demostrou no Gran Premio de Bélxica de 1992.
Morte [editar]
Durante o Gran Premio de San Mariño en Imola, o 1 de maio de 1994, á altura da curva de Tamburello, o monopraza Williams - Renault FW16 de Ayrton Senna estrelouse a case 300 km/h. Foron gravadas as imaxes daquel intre mentres os paramédicos e asistentes da carreira se achegaban aos restos do Williams onde xacía Senna inconscente e con serias feridas na testa. Foi necesario facerlle unha traqueotomía no mesmo circuíto, ata que minutos máis tarde foi trasladado en helicóptero ao hospital Maggiore de Bolonia, onde permaneceu en coma. Pouco máis tarde produciuse a súa morte. Este feito ocorreu un día despois de que outro piloto, o austríaco Roland Ratzenberger, falecera durante as probas de clasificación na curva Gilles Villenueve. O día mesmo da carreira víuse a Senna moi contrariado por dito tráxico feito, así coma tamén polos continuos derrapaxes é saidas de pista de prácticamente tódolos monoprazas, incluído un accidente do seu compatriota Rubens Barrichello ese mesmo fin de semana, dado o caracter relixioso de Senna tiña un presentimento de que algo ia ocurrir nese gran premio hai unhas imaxes de Senna na curva de Tamburello na que atoparía a morte, falando cos comisarios de pista sobre como debería ser a seguranza nese sitio.
Moito se discutiu acerca da causa do accidente e do motivo da súa morte. Recentemente, unha investigación levada a cabo pola National Geographic determinou que a causa do accidente foi unha inesperada derrapaxe debido o enfriamento dos pneus producido pola saida do coche de seguranza, provocando que na metade da curva Ayrton perdera o control do seu monopraza, ao contrario da teoría xeralizada que falaba da routura da dirección. O que acabou coa vida de Ayrton non foi a deceleración brutal que sufreu, senón que co accidente, un anaco da dirección atravesou o capaceto e a súa testa danándoo de maneira irreversible, aínda que permaneceria vivo catro horas máis.
O seu ataúde foi levado polas rúas de São Paulo nun coche de bombeiros, seguido por máis de 2 millóns de persoas. Foi enterrado con honores de xefe de Estado. No seu funeral acudiron pilotos coma Jackie Stewart, Alain Prost e Emerson Fittipaldi entre outros. O seu corpo descansa no cemiterio de Morumbi, na súa cidade natal Sao Paulo.
Curiosidades [editar]
- Ayrton Senna confesaba que na curva de Eau Rouge no Circuíto de Spa-Francorchamps falaba con Deus.
- En cada gran premio, Senna acostumaba a realizar dúas voltas desde que saía do pit lane, ata colocarse na grella de saída. No Gran Premio de San Mariño de 1994 realizou tres voltas.
- Senna era un piloto moi relixioso, porén cando acudía a unha igrexa, non lle gustaba que esta estivese chea de xente, senón todo o contrario. Senna quería un deus e que a dedicación fose exclusiva a el.
- Antes de cada gran premio, Senna acostumaba a ler no "motorhome" algunha pasaxe da biblia.
Resultados completos na Fórmula 1 [editar]
- As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1984 | BRA
Ret |
RSA
6 |
BEL
6 |
SMR
DNQ |
FRA
Ret |
MON
2 |
CAN
7 |
USA
Ret |
USA
Ret |
RU
3 |
ALE
Ret |
AUT
Ret |
HOL
Ret |
ITA
DNP |
EUR
Ret |
POR
3 |
9º | 13 | |
| 1985 | BRA
Ret |
POR
1 |
SMR
7 |
MON
Ret |
CAN
16 |
USA
Ret |
FRA
Ret |
RU
10 |
ALE
Ret |
AUT
2 |
HOL
3 |
ITA
3 |
BEL
1 |
EUR
2 |
RSA
Ret |
AUS
Ret |
4º | 38 | |
| 1986 | BRA
2 |
ESP
1 |
SMR
Ret |
MON
3 |
BEL
2 |
CAN
5 |
USA
1 |
FRA
Ret |
RU
Ret |
ALE
2 |
HUN
2 |
AUT
Ret |
ITA
Ret |
POR
4 |
MEX
3 |
AUS
Ret |
4º | 55 | |
| 1987 | BRA
Ret |
SMR
2 |
BEL
Ret |
MON
1 |
USA
1 |
FRA
4 |
RU
3 |
ALE
3 |
HUN
2 |
AUT
5 |
ITA
2 |
POR
7 |
ESP
5 |
MEX
Ret |
XPN
2 |
AUS
DSQ |
3º | 57 | |
| 1988 | BRA
DSQ |
SMR
1 |
MON
Ret |
MEX
2 |
CAN
1 |
USA
1 |
FRA
2 |
RU
1 |
ALE
1 |
HUN
1 |
BEL
1 |
ITA
10 |
POR
6 |
ESP
4 |
XPN
1 |
AUS
2 |
1º | 90 | |
| 1989 | BRA
11 |
SMR
1 |
MON
1 |
MEX
1 |
USA
Ret |
CAN
7 |
FRA
Ret |
RU
Ret |
ALE
1 |
HUN
2 |
BEL
1 |
ITA
Ret |
POR
Ret |
ESP
1 |
XPN
DSQ |
AUS
Ret |
2º | 60 | |
| 1990 | USA
1 |
BRA
3 |
SMR
Ret |
MON
1 |
CAN
1 |
MEX
20 |
FRA
3 |
RU
3 |
ALE
1 |
HUN
2 |
BEL
1 |
ITA
1 |
POR
2 |
ESP
Ret |
XPN
Ret |
AUS
Ret |
1º | 78 | |
| 1991 | USA
1 |
BRA
1 |
SMR
1 |
MON
1 |
CAN
Ret |
MEX
3 |
FRA
3 |
RU
4 |
ALE
7 |
HUN
1 |
BEL
1 |
ITA
2 |
POR
2 |
ESP
5 |
XPN
2 |
AUS
1 |
1º | 96 | |
| 1992 | RSA
3 |
MEX
Ret |
BRA
Ret |
ESP
9 |
SMR
3 |
MON
1 |
CAN
Ret |
FRA
Ret |
RU
Ret |
ALE
2 |
HUN
1 |
BEL
5 |
ITA
1 |
POR
3 |
XPN
Ret |
AUS
Ret |
4º | 50 | |
| 1993 | RSA
2 |
BRA
1 |
EUR
1 |
SMR
Ret |
ESP
2 |
MON
1 |
CAN
18 |
FRA
4 |
RU
5 |
ALE
4 |
HUN
Ret |
BEL
4 |
ITA
Ret |
POR
Ret |
XPN
1 |
AUS
1 |
2º | 73 | |
| 1994 | BRA
Ret |
PAC
Ret |
SMR
Ret |
MON
NP |
ESP
NP |
CAN
NP |
FRA
NP |
RU
NP |
GER
NP |
HUN
NP |
BEL
NP |
ITA
NP |
POR
NP |
EUR
NP |
XPN
NP |
AUS
NP |
NC | 0 |
| Predecesor: Nelson Piquet |
Campión da Fórmula 1 1988 |
Sucesor: Alain Prost |
| Predecesor: Alain Prost |
Campión da Fórmula 1 1990-1991 |
Sucesor: Nigel Mansell |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]