Mike Hawthorn
| Mike Hawthorn | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1952 - 1958 |
| Escudería(s) | LD Hawthorn, AHM Bryde, Ferrari, Vanwall, BRM |
| Grandes Premios disputados | 47 (45 saidas) |
| Campionatos | 1 (1958) |
| Vitorias | 3 |
| Podios | 18 |
| Pole positions | 4 |
| Voltas rápidas | 6 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 1952 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Francia de 1953 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Francia de 1958 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Marrocos de 1958 |
John Michael Hawthorn, nado o 10 de abril de 1929 e finado o 22 de xaneiro de 1959, foi un piloto de automobilismo, campión do mundo da tempada de 1958 e posuidor da dubidosa honra de gañar as 24 Horas de Le Mans en 1955.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nacido en Mexborough (Yorkshire, Inglaterra) é o piloto con menos vitorias nunha tempada que logrou proclamarse campión do mundo na mesma -só unha, no Gran Premio de Francia- e o primeiro británico en alcanzar a cima da categoría. Unha vitoria e sete podios permitíronlle vencer ao seu compatriota Stirling Moss, a pesar de que este contou con catro triunfos e nove caixóns. Isto debeuse en gran parte grazas á cabaleirosidade do segundo, que defendeu a Hawthorn ante a sanción que se lle aplicou no Gran Premio de Portugal, e sen cuxa colaboración no proceso habería finalmente decantado o título do seu lado. Tras gañar o campionato, Hawthorn anunciou automaticamente a súa retirada do automobilismo.
O británico estivo ademais involucrado no accidente que acabou coa vida de 80 espectadores na edición de 1955 das 24 horas de Le Mans, coñecido como a "traxedia de Le Mans". Foi o accidente máis tráxico da historia do automobilismo pero, a pesar da súa magnitude, a proba non foi suspendida, o que lle permitiu alzarse coa vitoria aos mandos do seu Jaguar.
Logo de obter o título mundial, o 22 de xaneiro de 1959, faleceu tráxicamente nun accidente de coche. Unha das rúas de Farnham, a cidade onde viviu ata o final da súa vida, recorda o seu nome.
Resultados Completos en Fórmula 1 [editar]
(Carreiras en negra indica pole position, cursiva volta rápida)
* Indica monopraza compartido
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomedroppedpoints
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: Juan Manuel Fangio |
Campión da Fórmula 1 1958 |
Sucesor: Jack Brabham |