Ferrari F-2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari F2012
Fernando Alonso 2012 Malaysia Qualify.jpg
Ferrari
Información
País Italia Italia
Fabricante Ferrari
Deseñador
Produción
Predecesor Ferrari 150º Italia
Sucesor
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso 640 Kg. minimo (con auga, lubricante e piloto)
Chasis Monocasco de niño de abella en fibra de carbono e material composto
Suspensión Independente con muelle de torsión e amortecedor dianteiro / traseiro
Motor Ferrari Tipo 056, V8 (90º) atmosférico central
Potencia 2398 cm³, limitado a 18000 RPM con KERS
Transmisión 7 velocidades e marcha atrás semiautomática secuencial, controlada electrónicamente, caixa de cambios lonxitudinal
Tracción Posterior
Freos Brembo, discos ventilados de carbono
Prestacións
Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[1]
Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13"
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Pilotos 5. España Fernando Alonso
6. Australia Felipe Massa
Carreiras 20
Gañadas 3
Poles 2
Voltas rápidas 0
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0
* Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari

O Ferrari F2012 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado pola Scuderia Ferrari para a tempada de Fórmula Un de 2012. O coche foi presentado o 3 de febreiro nas instalacións de Ferrari en Maranello[2] O coche será pilotado por Fernando Alonso e Felipe Massa.

Deseño[editar | editar a fonte]

Como a maioría dos coches cas especificacións para 2012, os F2012 contan cun "morro graduado" para adaptarse ás novas normas de seguridade da FIA. Con todo, o deseño de Ferrari, foi obxecto de críticas, incluíndo as do seu piloto Massa.[3]

Informouse de que Ferrari desenvolvera un sistema de suspensión reactiva, un dispositivo mecánico, deseñado para manter a altura da carrocería nas freadas, que esperaba utilizar no seu coche de 2012.[4] Nunha decisión de última hora a FIA determinou que os dispositivos deste tipo contraveñen as disposicións, xa que podería mellorar o rendemento aerodinámico dos coches, polo que o sistema non está presente no novo coche.[5]

Rendemento[editar | editar a fonte]

Durante as probas de pretemporada, os xornalistas informaron de problemas co manexo do coche. Subviraxe na entrada das curvas e sobreviraxe na saída das curvas. Ferrari negou que o coche tivera un baixo rendemento, pero durante o Gran Premio de Australia de 2012, ambolos dous, Alonso e Massa tiveron que loitar co manexo, e só puideron cualificar 12º e 17º, respectivamente. Alonso terminou a carreira en quinto lugar, mentres que Massa retirouse logo dunha colisión co piloto de Williams Bruno Senna. Na semana antes do Gran Premio de Malaisia, Ferrari deu o paso extraordinario preparando un chasis novo para Massa.[6] Non se podía explicar a diferenza entre as actuacións de Alonso e Massa en Melbourne, o equipo preparou o chasis para Massa na crenza de que o coche que usou en Australia era defectuoso. Na carreira, as condicións meteorolóxicas extremas levaron a Alonso á cabeza logo da parada en boxes. O F2012 de Ferrari demostrou que ten moi bo rendemento en condicións de mollado, pero a medida que a pista comezou a secarse, Sauber tiña mellor ritmo que os Ferrari e Pérez acurtou a vantaxe de Alonso de sete segundos a apenas medio segundo. Pero Alonso mantivo a primeira posición, finalmente Pérez cometeu un erro, o que deixouno a máis de cinco segundos por detrás de Alonso. Non houbo tempo suficiente para collelo de novo, e Alonso gañou a carreira, a primeira para o novo F2012. En China, o F2012 seguia tendo unha diferencia similar cos coches máis rápidos na clasificación, Alonso foi noveno e Massa duodécimo. Na carreira, Alonso volveu mostrar a súa habilidade e tivo a oportunidade de loitar polo cuarto posto, pero a causa da falta de ritmo nas voltas finais da carreira, Alonso saíuse da pista ao intentar adiantar, no medio dunha curva, a un piloto que ía diante, e rematou noveno no final da carreira. Massa terminou 14º. En España, Alonso marcara o mellor tempo na primeira práctica do venres, e orixinalmente clasificouse en terceiro lugar, a menos de 0´6 segundos por detrás de Hamilton e a menos de 0´02 segundos por detrás de Maldonado que foi segundo. Con todo, Alonso pasou a segundo na grella despois de que Hamilton fora excluído da clasificación. Pola contra, o brasileiro Felipe Massa clasificou 16º. Na carreira Alonso logrou unha boa saída e lideraba logo da segunda curva, pero unha variedade de factores, entre eles o tráfico e a acelerada degradación dos pneumáticos fixo que finalmente terminara segundo detrás de Maldonado, por menos de catro segundos. Massa terminou a carreira 15º. En Mónaco, entraron os dous coches na Q3 por primeira vez durante todo a tempada, con Alonso sexto, 0´6 segundos por detrás do gañador da pole Michael Schumacher, con Massa a menos de 0´2 segundos por detrás de Alonso no sétimo lugar, con todo, Alonso subiu ao quinto lugar logo da penalización de Schumacher de 5 postos na grella. Na carreira, ambos os coches mostraron un bo ritmo, con Alonso con ritmo para loitar polo liderado e Massa buscando un ritmo similar a Alonso. Alonso terminou en 3º lugar, 0´947 segundos por detrás do gañador da carreira Mark Webber e Massa sexto, a menos de 6´2 segundos detrás do gañador da carreira Webber. As posicións do campionato logo desta carreira demostran que Ferrari está no cuarto lugar detrás de Lotus, e Alonso recuperou o liderado do campionato, 3 puntos por diante dos dous pilotos de Red Bull e 10 puntos por diante de Lewis Hamilton cuarto.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos.
2012 Scuderia Ferrari Ferrari Type 056 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 400
Fernando Alonso 5 1 9 7 2 3 5 1 2 1 5 Ret 3 3 Ret 3 2 2 3 2
Felipe Massa Ret 15 13 9 15 6 10 16 4 12 9 5 4 8 2 4 6 7 4 3

* Tempada en curso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari F-2012 Modificar a ligazón no Wikidata

Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari