John Surtees

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Surtees
John Surtees.JPG
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1960 - 1972
Escudería(s) Lotus, Cooper, Lola, Ferrari, Honda, BRM, McLaren, Surtees
Grandes Premios disputados 113 (111 saidas)
Campionatos 1 (1964)
Vitorias 6
Podios 24
Pole positions 8
Voltas rápidas 10
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1960
Primeira vitoria Gran Premio de Alemaña de 1963
Derradeira vitoria Gran Premio de Italia de 1967
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1972

John Surtees, OBE (nado o 11 de febreiro de 1934 en Tatsfield, Surrey) é un británico ex piloto de motociclismo e de Fórmula Un. Foi Campión do Mundo de 500cc de motocicletas en 1956 e 1958-60, Campión do Mundo de Fórmula Un en 1964, e segue sendo a única persoa que gañou campionatos do mundo en dous e catro rodas. É tamén o embaixador da Racing Steps Foundation.

Historia[editar | editar a fonte]

Surtees gañou sete títulos mundiais en carreiras de motocicletas, gañando o campionato de 350cc desde 1958 a 1960, e o campionato de 500cc en 1956 e desde 1958 a 1960.

Surtees cambiou as motocicletas polos automóbiles, facendo o seu debut en 1960 na Fórmula Un co equipo Lotus no Gran Premio de Mónaco, obtendo un segundo posto na súa segunda carreira, no circuíto de Silverstone. En 1961 correu co equipo Yeoman Credit a bordo dun Cooper TS3, con malos resultados: só logrou finalizar tres carreiras, con dous quintos postos como mellor resultado. En 1962 continuou no mesmo equipo, agora rebautizado Bowmaker-Yeoman, pero esta vez ao comando dun Lola Mk 4, obtendo dous segundos postos, un cuarto e dous quintos, que lle deron o cuarto lugar no campionato de pilotos detrás de Graham Hill, Jim Clark e Bruce McLaren.

Os bos resultados de 1962 fixeron que en 1963 contratáseo Ferrari, que buscaba un piloto en condicións de devolvela aos primeiros postos logo dun ano desastroso, en que o mellor dos seus pilotos quedou no 11° lugar no campionato. John gozaba ademais das simpatías do público italiano, logo dos numerosos campionatos de motociclismo gañados coa MV Agusta. Aínda que o ano non foi extraordinario, unha vitoria no GP de Alemaña, un segundo, un terceiro e un cuarto lugar déronlle os puntos suficientes para lograr outra vez o cuarto lugar no campionato, aínda que moi lonxe do indiscutido campión dese ano, Jim Clark. Surtees demostrou, de todos os xeitos, ser unha excelente adquisición para Ferrari: os seus compañeiros de equipo, Lorenzo Bandini e Ludovico Scarfiotti, terminaron o campionato en 10° e 17° lugar, con 6 e 1 puntos respectivamente.(Dous dos puntos de Bandini en 1963 foron obtidos correndo para BRM).

No campionato de 1964 Surtees, Graham Hill e Clark disputaron palmo a palmo o titulo. Surtees venceu nos grandes premios de Alemaña e Italia, Hill en Mónaco e os Estados Unidos, e Clark en Holanda, Bélxica e Gran Bretaña. Á última carreira do ano, o Gran Premio de México, chegaron os tres con posibilidades de ser campións, con Hill avantaxando a Surtees en 6 puntos e a Clark en 9. O segundo posto de John consagrouno campión pola mínima diferenza, nunha carreira esgotadora na que Clark foi primeiro ata a penúltima volta, na que o seu motor estalou.

En 1965 o seu Ferrari xa non era tan competitivo, e o desenvolvemento do novo motor de 12 cilindros atrasábase. Para maior complicación, sufriu un grave accidente no circuíto de Mosport Park, ao mando dun Lola T-70, durante unha práctica para unha carreira do campionato CanAm. Aínda co accidente e os pobres resultados, logrou o quinto posto no campionato de 1965, por diante do seu compañeiro de equipo Bandini.

Sorprendentemente repúxose do seu accidente (aínda que as secuelas afectariano ata moito despois) e competiu novamente para Ferrari nas tres primeiras carreiras de 1966. Pero logo de vencer en Spa-Francorchamps, e por mor dunha disputa co director deportivo de Ferrari, Eugenio Dragoni, pasouse a Cooper, marca coa que correu as restantes carreiras do ano adxudicándose un segundo posto, un terceiro, e a vitoria no Gran Premio de México. Jack Brabham resultou campión ese ano, con Surtees segundo.

Entre 1967 e 1968 participou no proxecto de Honda de pór un automóbil enteiramente xaponés na F-1. Os resultados foron en xeral desalentadores: o auto desenvolvía unha potencia inusual para aqueles tempos, pero adoecía de defectos de sustentabilidade e confiabilidade. En 1967 só logrou chegar á meta en 4 carreiras, pero tivo a enorme satisfacción de vencer no Gran Premio de Italia, na que moitos medios de prensa (en particular italianos) consideraron a súa "vinganza" por ser inxustamente despedido de Ferrari, e terminar o ano cun cuarto posto no campionato. En 1968 os resultados volveron ser esquivos. Surtees logrou chegar á meta só en catro ocasións, abandonando nas oito restantes, sendo o seu mellor resultado un segundo posto en Francia como mellor clasificación e obtendo un oitavo lugar no campionato. Honda decidiu terminar o seu proxecto ao final do ano.

En 1969 Surtees converteuse en piloto do equipo BRM. Foi outro ano sen resultados, en especial debido á complexidade do motor de 16 cilindros que equipaba aos BRM P138 e P139, e apenas puido terminar tres carreiras, cun terceiro posto en México como mellor resultado, que lle valeron o décimo primeiro posto no campionato.

En 1970 decidiu formar o seu propio equipo, Surtees Racing Organization, primeiro con un McLaren M7C da tempada anterior modificado, ata que a metade de ano saíu ás pistas o primeiro modelo propio, o Surtees TS/7. Competiu coa súa propia marca ata a súa retirada en 1972, e continuou dirixindo o seu equipo durante as 119 carreiras que este disputou ata abandonar a Fórmula 1 en 1978. A aventura do equipo propio acabouse ese ano, tanto por dificultades orzamentarias canto por un novo internamento hospitalario de John (secuela do seu accidente de 1965). Con todo, algo reconfortante, sacou do seu internamento: acabou casándose cunha das súas enfermeiras, ca que tivo tres fillos e vive ata hoxe na zona rural de Kent, Inglaterra.

En 1996, foi incorporado ao Salón da Fama dos deportes de motor.

O seu fillo, Henry Surtees, tamén foi piloto de automobilismo de velocidade ata que nunha carreira de Fórmula 2 a roda doutro monopraza accidentado golpeoulle na cabeza creándolle fortes traumatismos e feridas na cabeza e pescozo que non conseguiu superar. O novo piloto de tan só 18 anos morría a tarde do 19 de xullo de 2009.

Resultados completos en motociclismo[editar | editar a fonte]

Posición 1 2 3 4 5 6
Puntos 8 6 4 3 2 1

(As carreiras en negra indican "pole position"; as carreiras en itálica indican volta máis rápida)

Ano Cilindrada Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Puntos Posto Vitorias
1952 500cc Norton SUI

-

IOM

-

NED

-

BEL

-

GER

-

ULS

6

NAT

-

ESP

-

1 18º 0
1954 350cc Norton FRA

-

IOM

11

ULS

-

BEL

-

NED

-

GER

-

SUI

-

NAT

-

ESP

-

0 - 0
500cc Norton FRA

-

IOM

15

ULS

-

BEL

-

NED

-

GER

-

SUI

-

NAT

-

ESP

-

0 - 0
1955 250cc NSU FRA

-

IOM

-

GER

-

NED

-

ULS

1

NAT

-

8 1
350cc Norton IOM

4

GER

3

BEL

-

NED

-

ULS

3

NAT

-

11 0
500cc Norton ESP

-

FRA

-

IOM

29

GER

-

BEL

-

NED

-

ULS

-

NAT

-

0 - 0
1956 350cc MV Agusta IOM

-

NED

2

BEL

1

GER

-

ULS

-

NAT

-

14 1
500cc MV Agusta IOM

1

NED

1

BEL

1

GER

-

ULS

-

NAT

-

24 3
1957 350cc MV Agusta GER

-

IOM

4

NED

-

BEL

-

ULS

-

NAT

-

3 10º 0
500cc MV Agusta GER

-

IOM

2

NED

1

BEL

-

ULS

-

NAT

4

17 1
1958 350cc MV Agusta IOM

1

NED

1

BEL

1

GER

1

SWE

-

ULS

1

NAT

1

48 6
500cc MV Agusta IOM

1

NED

1

BEL

1

GER

1

SWE

-

ULS

1

NAT

1

48 6
1959 350cc MV Agusta FRA

1

IOM

1

GER

1

SWE

1

ULS

1

NAT

1

48 6
500cc MV Agusta FRA

1

IOM

1

GER

1

NED

1

BEL

1

ULS

1

NAT

1

56 7
1960 350cc MV Agusta FRA

3

IOM

2

NED

1

ULS

1

NAT

-

26 2
500cc MV Agusta FRA

1

IOM

1

NED

-

BEL

1

GER

1

ULS

2

NAT

1

46 5

Resultados completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Carreiras en negra indica pole position)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Posición Puntos
1960 Flag of the United Kingdom.svg Lotus ARX MON

Ret

IND HOL BEL FRA RU

2

POR

Ret

ITA USA

Ret

12º 6
1961 Flag of the United Kingdom.svg Cooper MON

11

HOL

7

BEL

5

FRA

Ret

RU

Ret

ALE

5

ITA

Ret

USA

Ret

12º 4
1962 Flag of the United Kingdom.svg Lola HOL

Ret

MON

4

BEL

5

FRA

5

RU

2

ALE

2

ITA

Ret

USA

Ret

RSA

Ret

19
1963 Italia Ferrari MON

4

BEL

Ret

HOL

3

FRA

Ret

RU

2

ALE

1

ITA

Ret

USA

9

MEX

DSQ

RSA

Ret

22
1964 Italia Ferrari MON

Ret

HOL

2

BEL

Ret

FRA

Ret

RU

3

ALE

1

AUT

Ret

ITA

1

USA

2

MEX

2

40
1965 Italia Ferrari RSA

2

MON

4

BEL

Ret

FRA

3

RU

3

HOL

7

ALE

Ret

ITA

Ret

USA

DNP

MEX

DNP

17
1966 Italia Ferrari MON

Ret

BEL

1

28
Flag of the United Kingdom.svg Cooper FRA

Ret

RU

Ret

HOL

Ret

ALE

2

ITA

Ret

USA

3

MEX

1

1967 Flag of Japan.svg Honda RSA

3

MON

Ret

HOL

Ret

BEL

Ret

FRA RU

6

ALE

4

CAN ITA

1

USA

Ret

MEX

4

20
1968 Flag of Japan.svg Honda RSA

8

ESP

Ret

MON

Ret

BEL

Ret

HOL

Ret

FRA

2

RU

5

ALE

Ret

ITA

Ret

CAN

Ret

USA

3

MEX

Ret

12
1969 Flag of the United Kingdom.svg BRM RSA

Ret

ESP

5

MON

Ret

HOL

9

FRA RU

Ret

ALE

NTS

ITA

Ret

CAN

Ret

USA

3

MEX

Ret

11º 6
1970 Flag of the United Kingdom.svg McLaren RSA

Ret

ESP

Ret

MON

Ret

BEL HOL

6

FRA 18º 3
Flag of the United Kingdom.svg Surtees RU

Ret

ALE

9

AUT

Ret

ITA

Ret

CAN

5

USA

Ret

MEX

8

1971 Flag of the United Kingdom.svg Surtees RSA

Ret

ESP

11

MON

7

HOL

5

FRA

8

RU

6

ALE

7

AUT

Ret

ITA

Ret

CAN

11

USA

17

19º 3
1972 Flag of the United Kingdom.svg Surtees ARX RSA ESP MON BEL FRA RU ALE AUT ITA

Ret

CAN USA 39º 0
Predecesor:
Jim Clark
Campión da Fórmula 1
1964
Sucesor:
Jim Clark

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Surtees
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: John Surtees