Team Lotus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Team Lotus
Badge on Storm.JPG
Nome completo Lotus Engineering Ltd
Bandeira coa que compite {{{Bandeira}}}
Base en Hethel, , Reino Unido
Xefe de Equipo Frank Dernie en 1994
Director Técnico Sam Michael en 1994
Pilotos (En 1994) 11.Flag of Portugal.svg Pedro Lamy 12.Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert
Pilotos de probas Italia Alessandro Zanardi
Chasis Lotus 109
Motor Mugen-Honda
Pneumáticos D (De 1958 a 1965), Modelo:Firestone (De 1966 a 1972), G
(De 1973 a 1994), M
(En 1981)P
(En 1983)
Debut Gran Premio de Mónaco de 1958
Carreiras 493
Campionatos de Construtores 7 (1963, 1965, 1968, 1970, 1972, 1973, 1978)
Campionatos de Pilotos 6 (1963, 1965, 1968, 1970, 1972, 1978)
Vitorias 79
Pole positions 107
Voltas Rápidas 70
Puntos totais
Clasificación en 2009

Team Lotus foi o equipo de competición asociado ao fabricante inglés de vehículos deportivos Lotus Cars. O equipo corría en moitas categorías, tales como a Fórmula 1, Fórmula 2, Fórmula Ford, Fórmula Junior ou as IndyCar Series. Quince anos despois da súa última carreira, o equipo Lotus é aínda un dos equipos de Fórmula 1 máis exitosos de todos os tempos, gañando sete campionatos de construtores na Fórmula 1, seis campionatos de pilotos, e as 500 millas de Indianápolis nos Estados Unidos en 1962 e 1978. Baixo a guía do seu fundador e deseñador xefe Colin Chapman, Lotus foi responsable de numerosos desenvolvementos inovadores e experimentais nos monoplazas, tanto en canto a aspectos técnicos como comerciais.

Índice

Historia [editar]

Lotus foi unha das máis prestixiosas escuadras que percorreron o mundo da Fórmula 1 no pasado, deixando ao seu paso grandes campións do mundo.

A compañía animaba aos seus clientes a participar en competicións e ela mesma entrou na Fórmula 1 como equipo en 1958. O seu maior éxito obtívoo en 1963 co seu modelo Lotus 25, pilotado por Jim Clark, cando gañou o seu primeiro campionato mundial. A morte de Clark a temperá idade nun tráxico accidente de Fórmula 2 competindo nun Lotus 48, en marzo de 1968 foi un serio revés para a marca e para a Fórmula 1. Era o piloto dominante co automóbil dominante. Ese ano o campionato foi gañado polo seu compañeiro de equipo Graham Hill.

Varios pilotos pereceron en vehículos Lotus, e considérase que a responsabilidade diso estaba na política de Chapman de construír vehículos que só tiñan que durar ata chegar á meta, todo o demais era considerado superfluo.

Ata mediados dos anos 1980, Lotus foi un dos grandes equipos da Fórmula 1. Ayrton Senna pilotou para este equipo entre 1985 e 1987, gañando seis grandes premios e obtendo 16 pole positions. O último ano de participación de Lotus na Fórmula 1, 1994 os seus vehículos xa non eran competitivos. En total, Lotus gañou 79 grandes premios.

O nome de Lotus volveu á Fórmula 1 en 2010 co sobrenome de Lotus F1 Racing (antes, 1Malaysia F1 Team), ocupando a praza de BMW Sauber, que se retirou da competición. Sauber F1 Team, auténtico herdeiro de BMW Sauber, ocupou finalmente a praza de Toyota, tamén retirada da competición.

Pilotos de Lotus [editar]

Campións mundiais de Fórmula 1 con Lotus [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: