Phil Hill
| Phil Hill | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1958 - 1964, 1966 |
| Escudería(s) | Maserati, Ferrari, Cooper, Porsche, Automobili Turismo e Sport, Lotus, Eagle |
| Grandes Premios disputados | 51 (48 saidas) |
| Campionatos | 1 (1961) |
| Vitorias | 3 |
| Podios | 16 |
| Pole positions | 6 |
| Voltas rápidas | 6 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Francia de 1958 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Italia de 1960 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Italia de 1961 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1966 |
Philip Toll Hill Jr., nado o 20 de abril de 1927 en Miami e finado o 28 de agosto de 2008, foi o primeiro estadounidense de nacemento que gañou un campionato de Fórmula 1.
Índice |
Traxectoria [editar]
Creceu en Santa Mónica, California, onde viviu toda a súa vida. Phil Hill empezou a competir en automobilismo a unha idade moi temperá, traballando en Gran Bretaña como aprendiz de Jaguar en 1949 e fichando polo equipo Ferrari de Enzo Ferrari en 1956. Debutou no Gran Premio de Francia de 1958 conducindo un Maserati. Ese mesmo ano, gañou as 24 horas de Le Mans co belga Olivier Gendebien como compañeiro de equipo, conducindo durante a maior parte da noite baixo unha choiva horrorosa. El e Gendebien conseguirían a vitoria na famosa carreira de resistencia outras dúas veces.
En 1961, Phil Hill gañou as 24 horas de Le Mans e o campionato do mundo de Fórmula 1 para o equipo Ferrari, aínda que devandita vitoria foi en parte debida á morte do seu compañeiro e principal competidor para o título Wolfgang von Trips. Logo de deixar Ferrari a finais do ano 1962, continuou na Fórmula 1 durante uns anos ata que deu o paso definitivo ás carreiras de deportivos da man de Ford e os automóbiles Chaparral de Jim Hall.
Phil Hill tivo a marca de gañar as primeiras e últimas da súa vida como corredor, a última vitoria foi correndo para Chaparral no "BOAC 500" en 1967, no circuíto Brands Hatch de Inglaterra.
En 1991 foi integrado no Salón da Fama International do Deporte Motor.
Faleceu por complicacións do Párkinson que padecía, o 28 de agosto de 2008.
O seu fillo Derek correu na Fórmula 3000 en 2003.
Resultados Completos en Fórmula 1 [editar]
(Carreiras en negrita indica pole position)
| Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1958 | ARX
NP |
MON
NP |
HOL
NP |
IND
NP |
BEL
NP |
FRA
7 |
GBR
NP |
10º | 8 | |||||
| ALE
9 |
POR
NP |
ITA
3 |
MAR
3 |
|||||||||||
| 1959 | MON
4 |
IND
NP |
HOL
6 |
FRA
2 |
GBR
NP |
ALE
3 |
POR
Ret |
ITA
2 |
USA
Ret |
4º | 19 | |||
| 1960 | ARX
8 |
MON
3 |
IND
NP |
HOL
Ret |
BEL
4 |
FRA
12 |
GBR
7 |
POR
Ret |
ITA
1 |
5º | 16 | |||
| USA
6 |
||||||||||||||
| 1961 | MON
3 |
HOL
2 |
BEL
1 |
FRA
9 |
GBR
2 |
ALE
3 |
ITA
1 |
USA
NP |
1º | 38 | ||||
| 1962 | HOL
3 |
MON
2 |
BEL
3 |
FRA
NP |
GBR
Ret |
ALE
Ret |
ITA
11 |
USA
NP |
RSA
NP |
6º | 14 | |||
| 1963 | MON
NP |
BEL
Ret |
HOL
Ret |
GBR
NP |
ALE
NP |
ITA
11 |
USA
Ret |
MEX
Ret |
RSA
NP |
26º | 0 | |||
| FRA
Ret |
||||||||||||||
| 1964 | MON
9 |
HOL
8 |
BEL
Ret |
FRA
7 |
GBR
6 |
ALE
Ret |
AUT
Ret |
ITA
NP |
USA
Ret |
MEX
9 |
19º | 1 | ||
| 1966 | MON
NP |
BEL
NP |
FRA
NP |
GBR
NP |
HOL
NP |
ALE
NP |
ITA
NSC |
USA
NP |
MEX
NP |
21º | 0 |
| Predecesor: Jack Brabham |
Campión da Fórmula 1 1961 |
Sucesor: Graham Hill |