Jack Brabham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jack Brabham
BrabhamJack1966B.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Australia Australia
Anos en activo 1955 - 1970
Escudería(s) Cooper, Rob Walker Racing Team e Brabham
Grandes Premios disputados 128 (126 saidas)
Campionatos 3 (1959, 1960, 1966 )
Vitorias 14
Podios 31
Pole positions 13
Voltas rápidas 12
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1955
Primeira vitoria Gran Premio de Mónaco de 1959
Derradeira vitoria Gran Premio de Sudáfrica de 1970
Derradeiro GP Gran Premio de México de 1970

Sir Jack Brabham, OBE, nacido o 2 de abril de 1926 e finado o 19 de maio de 2014, foi un piloto de carreiras australiano campión de Fórmula Un en 1959, 1960 e 1966.

Brabham é un australiano de segunda xeración, fillo dun almaceneiro do suburbio de Hurstville, Sídney. Deixou a escola á idade de 15 anos para traballar nun garaxe.

Durante a Segunda Guerra Mundial serviu na Real Forza Aérea Australiana. En 1946 abriu un pequeno negocio de reparacións. Tamén participa en carreiras de autos miniaturas (midget cars) e na súa primeira tempada gañou o Campionato NSW e formou unha alianza con Ron Tauranac.

En 1955 fixo o seu debut na Fórmula Un con Maserati. Pouco despois entrou no equipo Cooper Car Company pilotando o seu modelo Cooper T43. Posteriormente en 1959, Brabham gañou o Campionato Mundial cun Cooper con motor Coventry Climax. En 1960 volveu gañar o campionato con Cooper grazas ao seu amigo Bruce Mclaren , que aceptou ser o segundo , pois Brabham axúdolle e aportou algo de diñeiro para que o mozo Mclaren debutase na Fórmula 1.

Brabham levou o Cooper co que gañou o Campionato Mundial ao Indianapolis Motor Speedway para unha proba logo da tempada de 1960. Entrou na famosa carreira de 500 Millas nunha versión modificada para Fórmula Un en 1961. O "divertido" auto pequeno de Europa era a burla dos outros equipos, pero chegou ao terceiro lugar e finalizou noveno. Con isto, Brabham e o seu director de equipo John Cooper demostraran que os días de bólidos con motor dianteiro estaban contados.

En 1961 fundou a Brabham Racing Organisation xunto a Ron Tauranac. A Brabham non lle foi ben co límite de 1500 cc na Fórmula 1 e non puido gañar ningunha carreira con autos de 1500 cc, con todo a súa primeira vitoria de equipo chegou con Dan Gurney en 1964. En 1966, creouse unha nova Fórmula de 3000 cc, onde Brabham, nun Repco-Brabham volve gañar o Campionato. En 1967, o título foi para seu compañeiro Denny Hulme.

Participou co equipo Lotus en 1968. Logo de sufrir un accidente na tempada de 1969, Brabham pretendía retirarse en 1970 pero correu un ano máis ao non conseguir pilotos de primeira, retirándose despois do Gran Premio de México. Logo de retirarse rompeu completamente co mundo do automobilismo, vendendo as súas accións no equipo a Tauranac e regresou a Australia.

Os tres fillos de Brabham: Geoff, Gary e David, tamén son corredores de autos.

Foi admitido no Salón da Fama dos Deportes de Motor en 1990.

Resultados completos en Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Carreiras en negra indica pole position)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Posición Puntos
1955 Flag of the United Kingdom.svg Cooper ARX

NP

MON

NP

500

NP

BEL

NP

HOL

NP

GBR

Ret

ITA

NP

63º 0
1956 Italia Maserati ARX

NP

MON

NP

500

NP

BEL

NP

FRA

NP

GBR

Ret

ALE

NP

ITA

NP

72º 0
1957 Flag of the United Kingdom.svg Cooper ARX

NP

MON

6

500

NP

FRA

Ret

GBR

Ret

ALE

NP

PES

7

ITA

NP

23º 0
1958 Flag of the United Kingdom.svg Cooper ARX

NP

MON

4

HOL

8

500

NP

BEL

Ret

FRA

6

GBR

6

ALE

Ret

POR

7

ITA

Ret

MAR

11

18º 3
1959 Flag of the United Kingdom.svg Cooper MON

1

500

NP

HOL

2

FRA

3

GBR

1

ALE

Ret

POR

Ret

ITA

3

USA

4

33
1960 Flag of the United Kingdom.svg Cooper ARX

Ret

MON

DSC

500

NP

HOL

1

BEL

1

FRA

1

GBR

1

POR

1

ITA

NP

USA

4

43
1961 Flag of the United Kingdom.svg Cooper MON

Ret

HOL

6

BEL

Ret

FRA

Ret

GBR

4

ALE

Ret

ITA

Ret

USA

Ret

11º 4
1962 Flag of the United Kingdom.svg Lotus HOL

Ret

MON

8

BEL

6

FRA

Ret

GBR

5

ALE

Ret

ITA

NP

USA

4

RSA

4

9
1963 Australia Brabham MON

9

BEL

Ret

HOL

Ret

FRA

4

GBR

Ret

ALE

7

ITA

5

USA

4

MEX

2

RSA

13

14
1964 Australia Brabham MON

Ret

HOL

Ret

BEL

3

FRA

3

GBR

4

ALE

12

AUT

9

ITA

14

USA

Ret

MEX

15

11
1965 Australia Brabham RSA

8

MON

Ret

BEL

4

FRA

NP

GBR

NTS

HOL

NP

ALE

5

ITA

NP

USA

3

MEX

Ret

10º 9
1966 Australia Brabham MON

Ret

BEL

4

FRA

1

GBR

1

HOL

1

ALE

1

ITA

Ret

USA

Ret

MEX

2

45
1967 Australia Brabham RSA

6

MON

Ret

HOL

2

BEL

Ret

FRA

1

GBR

4

ALE

2

CAN

1

ITA

2

USA

5

MEX

2

48
1968 Australia Brabham RSA

Ret

ESP

NP

MON

Ret

BEL

Ret

HOL

Ret

FRA

Ret

GBR

Ret

ALE

5

ITA

Ret

CAN

Ret

USA

Ret

MEX

10

23º 2
1969 Australia Brabham RSA

Ret

ESP

Ret

MON

Ret

HOL

6

FRA

NP

GBR

NP

ALE

NP

ITA

Ret

CAN

2

USA

4

MEX

3

10º 14
1970 Australia Brabham RSA

1

ESP

Ret

MON

2

BEL

Ret

HOL

11

FRA

3

GBR

2

ALE

Ret

AUT

13

ITA

Ret

CAN

Ret

USA

10

MEX

Ret

25
Predecesor:
Mike Hawthorn
Campión da Fórmula 1
1959 - 1960
Sucesor:
Phil Hill
Predecesor:
Jim Clark
Campión da Fórmula 1
1966
Sucesor:
Denny Hulme

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jack Brabham