Gran Premio de Alemaña de 1976

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1976
Detalles da carreira
Carreira 10 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976.
Trazado do circuíto de Nürburgring.
Trazado do circuíto de Nürburgring.
Data 1 de agosto de 1976
Nome oficial Grosser Preis von Deutschland
Localización Nürburgring, Nürburg, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
22´835 km
Distancia 14 voltas, 319´690 km
ClimaChoiva no comezo, logo seco
Pole position
Piloto James Hunt McLaren-Ford
Tempo 7:06.5[1]
Volta rápida
Piloto Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford
Tempo 7:10.8[2] na volta 13
Podio
Primeiro James Hunt McLaren-Ford
Segundo Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford
Terceiro Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1976 (oficialmente o XXXVIII Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 1 de agosto de 1976. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a 10º rolda da tempada de Fórmula Un de 1976. Foi o 38º Gran Premio de Alemaña e a 35º que se celebrou no circuíto de Nürburgring. Pasou a historia por ser o escenario do grave accidente de Niki Lauda. Tamén foi a última carreira de Fórmula Un que se celebrou no trazado de Nordschleife. A carreira, gañouna James Hunt.

Informe da Carreira[editar | editar a fonte]

O vello Nürburgring, chamado O inferno verde polo 3 veces campión do mundo Jackie Stewart, considerábase o circuíto máis difícil e esixente do mundo. Cunha lonxitude de 22´8 km., foi de lonxe o circuíto máis longo do calendario, construíuse nas montañas Eifel, polo que contaba con máis de 300 m. de cambio de rasante. Pola súa propia natureza, foi imposible actualizalo aos estándares de seguridade da década de 1970. Era estreito, tiña moi poucas áreas de escape e numerosas seccións eran case inaccesibles para os bombeiros. Tamén era moi desigual, de feito, en varios puntos, incluíndo Flugplatz e Pflanzgarten, os coches podían saír voando fóra da pista. O tamaño do circuíto tamén significaba que as condicións meteorolóxicas da pista podían variar moito, con algunhas seccións secas e outros molladas, polo que era difícil ou imposible unha opción de pneumáticos segura. Dúas semanas antes da carreira, produciuse un accidente mortal na Flugplatz durante a práctica para unha carreira de Fórmula Super-Vee que segundo Autosport, foi o 131º accidente mortal en Nürburgring ao longo dos seus 49 anos de historia.[3] Antes da carreira de 1976, xa se decidira que logo de case 50 anos de ser a sede do principal evento de automobilismo de Alemaña, a carreira de 1976 ía ser o último Gran Premio de Alemaña no vello Nürburgring e o último na sección de Nordschleife.

O campión mundial Niki Lauda, que tamén era o líder en puntos da tempada en curso, non se sorprendeu das pésimas condicións de seguridade do infernal circuíto alemán, sobre todo porque o prognóstico era de choiva, tratou de organizar un boicot á carreira, pero os outros pilotos votaron en contra, e a carreira seguiu adiante.

A fin de semana comezou con algúns cambios na aliñación de pilotos: Jacky Ickx foi despedido do equipo Walter Wolf Racing e foi substituído por Arturo Merzario e presentouse un novo equipo, a Scuderia Rondini, que comprou un vello Tyrrell 007 para Alessandro Pesenti-Rossi. RAM ía correr con Rolf Stommelen nun dos seus ex Brabham BT44 de fabrica, pero no medio da sesión de práctica a policía local confiscou o vehículo (por unha acción legal do expiloto Loris Kessel), e como resultado Stommelen pasou ao equipo oficial Brabham para pilotar un BT45 de reposto con motor Alfa-Romeo.

Niki Lauda na práctica
Clay Regazzoni no #2 312T2 durante a práctica

En 1975, Lauda fora o primeiro e único piloto en baixar da marca de 7 minutos. Os afeccionados esperaban que el ou os demais poderían repetir isto logo da modificación das normas técnicas, sendo a desaparición das altas tomas de aire a diferenza máis visible.

Debido ás condicións de mollado do sábado, a grella foi a resultante da cualificación do venres, cuns tempos por volta de 7:06, máis similares aos de 1972.[4] James Hunt logrou a pole con Niki Lauda segundo, mentres que Patrick Depailler quedou terceiro no Tyrrell P34 de seis rodas. Hans-Joachim Stuck foi cuarto no seu March por diante de Clay Regazzoni, Jacques Laffite, Carlos Pace, Jody Scheckter, Jochen Mass e Carlos Reutemann.

Volveu a chover antes da carreira e polo tanto a maioría dos pilotos comezou a carreira con pneumáticos de choiva, agás Jochen Mass, que, tiña unha grande experiencia en Nürburgring e esperaba un cambio para mellor do tempo, e decidiu utilizar pneumáticos de seco. Ao comezo Regazzoni adiantouse mentres que Hunt e Lauda retrocederon. Hunt quedou segundo, terceiro estaba Mass logo dunha rápida saída, e cuarto estaba Laffite que aproveitouse do feito de que o coche de Stuck fora empuxado fóra da grella cun problema de embrague (aínda que o alemán comezou na parte traseira da grella). No transcurso da primeira volta Regazzoni trompeou e caeu ao cuarto posto. Ao final da volta, o tempo cambiou a seco e a maioría dos pilotos entraron a cambiar pneumáticos de seco, quedando Mass no segundo lugar detrás de Peterson, quen decidiu continuar con pneumáticos de choiva outra volta. Ao final da 2ª volta Mass estaba líder, con Gunnar Nilsson (que non parara) en segundo lugar e Hunt terceiro.

Niki Lauda tamén cambiara os seus pneumáticos tras a primeira volta e estaba tratando de compensar o tempo perdido. Xusto logo da curva rápida á esquerda antes da curva á dereita de Bergwerk, o seu Ferrari 312T2 precipitouse á dereita e trompeou a través da vala nun banco de terra. O coche rebotou de novo á pista, envolto en chamas. Guy Edwards logrou evitar o Ferrari, pero tanto Harald Ertl como Brett Lunger golpeárono. Os tres pilotos detivéronse e trataron de sacar a Lauda das chamas, uníuselles Merzario que detivo o seu Wolf Williams logo de ver os restos do accidente. Lauda sufriu queimaduras graves e foi trasladado en helicóptero ao hospital Bundeswehr de Koblenz, desde onde trasladárono á Clínica de Traumatoloxía de Ludwigshafen, onde se atopaba sección de queimados máis avanzada nese momento en Alemaña, onde loitou pola súa vida durante os seguintes días.

A maioría dos coches pararan no lugar do accidente, ao non poder pasar pola estreita pista. A carreira detívose despois do accidente e na reanudación só había 20 coches (4 coches menos que na primeira saída), Chris Amon decidiu non reiniciar a carreira. A choiva cesara e Hunt pasou a Regazzoni, Scheckter, Depailler e Pace para lograr a vantaxe definitiva. En Flugplatz Peterson perdeu o control do seu March e estrelouse fortemente, mentres Regazzoni fixo outro trompo e Depailler saíuse ao evitar o Ferrari. Pace superou a Scheckter e así terminou a primeira volta en segunda posición. Na segunda volta Scheckter pasou Pace e o brasileiro caeu detrás de Regazzoni na terceira volta, Vittorio Brambilla cando ía sexto estrelouse na ponte Adenau debido a un fallo dos freos no seu March. Mass aproveitouse diso e superou a Gunnar Nilsson na quinta volta e a Pace na volta 10. Na 12ª volta Regazzoni trompeou de novo e Mass avanzou a terceira posición con Pace cuarto, Nilsson quinto e Stommelen sexto.

O accidente de Lauda demostrou por que o vello Nürburgring volvérase demasiado perigoso e demasiado difícil de xestionar satisfactoriamente para un Fórmula Un. Nordschliefe era demasiado longo para os camións de bombeiros e ambulancias normais, malia que o " ONS-Staffel "estaba equipado cun Porsche 911 como coche de rescate. Se non chega a ser polos esforzos dos seus compañeiros pilotos, Lauda probablemente morrería antes da chegada dos equipos de rescate. Despois de que o circuíto de Nürburgring fora reconstruído e acurtado, a Fórmula Un volveu ó novo Nürburgring de 5´148 km. para o Gran Premio de Europa de 1984, e o Gran Premio de Alemaña de 1985.

Chris Amon decidiu poñer fin á súa carreira inmediatamente despois do accidente de Lauda, pero volveu unha última vez no Gran Premio do Canadá de 1976, conducindo un Williams-Ford de Walter Wolf Racing.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Jody Scheckter Tyrrell P34-Ford en Südkehre
Rolf Stommelen
Vittorio Brambilla, March 761-Ford
Hans-Joachim Stuck. Nótese a alta barra antienvorco, comparada coa de Brambilla
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11 James Hunt McLaren-Ford 14 1:41:42.7 1 9
2 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 14 + 27.7 8 6
3 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 14 + 52.4 9 4
4 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 14 + 54.2 7 3
5 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 14 + 1:57.3 16 2
6 77 Alemaña Rolf Stommelen Brabham-Alfa Romeo 14 + 2:30.3 15 1
7 28 John Watson Penske-Ford 14 + 2:33.9 19
8 16 Tom Pryce Shadow-Ford 14 + 2:48.2 18
9 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 14 + 3:46.0 5
10 19 Australia Alan Jones Surtees-Ford 14 + 3:47.3[2] 14
11 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 14 + 4:51.7 23
12 5 Mario Andretti Lotus-Ford 14 + 4:58.1 12
13 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 14 + 5:25.2 20
14 40 Italia Alessandro Pesenti-Rossi Tyrrell-Ford 13 + 1 volta 26
15 25 Guy Edwards Hesketh-Ford 13 + 1 volta 25
Ret 20 Italia Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 3 Freos 21
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 1 Accidente 13
Ret 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 0 Accidente 3
Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 0 Sistema combustible 10
Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 0 Accidente 11
Ret 34 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 0 Embrague 4
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 0 Caixa de cambios 6
Ret 22 Chris Amon Ensign-Ford (1) Retirado despois da primeira carreira 17
Ret 1 Austria Niki Lauda Ferrari (1) Accidente na primeira carreira 2
Ret 18 Brett Lunger Surtees-Ford (1) Accidente na primeira carreira 24
Ret 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford (1) Accidente na primeira carreira 22
NSC 33 Italia Lella Lombardi Brabham-Ford Coche incautado pola policía
NSC 38 Francia Henri Pescarolo Surtees-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados. Os puntos non reflicten os resultados finais do Gran Premio do Reino Unido de 1976 porque foi recorrido


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1975
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1977

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 135. ISBN 0-85429-380-9. 
  2. 2,0 2,1 Lang (1983), p. 138.
  3. http://www.motorsportmemorial.org/focus.php?db=ct&n=1318
  4. Effenberger, Günther; Handke, Peter (1978). Niki Lauda, ein Leben für die Formel 1. Munich: Heyne Nr. 5427. ISBN 978-3-453-00826-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.