Tyrrell Racing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyrrell
Tyrrell.png
Nome completo Tyrrell Racing Organisation
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg
Baseada en Ockham, Surrey, Reino Unido
Tempadas en activo 31 (1968-1998)
Número de pilotos Francia Jean Alesi
Flag of South Africa.svg Jody Scheckter
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart
Italia Andrea de Cesaris
Francia François Cevert
Debut Gran Premio de Canadá de 1970
Carreiras 430
Campionatos de Construtores 1 (1971)
Campionatos de Pilotos 2 1971, 1973)
Vitorias 23
Pole positions 14
Voltas Rápidas 20
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Xapón de 1998

Tyrrell Racing Organisation (TRO) foi un equipo de carreiras de automóbiles e un construtor de Fórmula Un, fundado por Ken Tyrrell, que comezou a competir en 1958 e a construír os seus propios coches en 1970. O equipo viviu o seu maior éxito na década de 1970, cando gañou tres campionatos de pilotos e un de construtores con Jackie Stewart. O equipo nunca volviu a conseguir de novo tales éxitos, aínda que continuou gañando carreiras a través dos anos 1970 e na década de 1980, conseguindo a última vitoria cun motor Ford Cosworth DFV en Detroit en 1983. O equipo foi comprado por BAR en 1997 e completou a súa última tempada como Tyrrell en 1998.

Fórmulas Menores (1958 - 1967)[editar | editar a fonte]

Tyrrell Racing apareceu por primeira vez en 1958, correndo con coches de Fórmula Tres con Ken Tyrrell e outras estrelas locais. Ao darse conta de que non tiña dotes de piloto, Ken Tyrrell retirouse como piloto en 1959, e fundou un equipo de Fórmula Junior, o (TRO), utilizando a leñeira, propiedade da súa empresa familiar, Irmáns Tyrrell, como taller. Ao longo da década de 1960, Tyrrell compite en fórmulas menores, provendo de monoplazas aos debutantes John Surtees e Jacky Ickx. Pero a asociación máis famoso foi a que forxou con Jackie Stewart, con quen asinou por primeira vez en 1963 e gañou o campionato do Reino Unido de F3 en 1964 cun Cooper.

Tyrrell correu na Fórmula 2 con BRM en 1965. En 1966 Tyrrell asinou un acordo para competir na Fórmula 2 con autos fabricados pola compañía francesa Matra e gaña o título en 1967 co piloto belga Jacky Ickx.

Fórmula Un (1968 - 1998)[editar | editar a fonte]

1960[editar | editar a fonte]

Jackie Stewart e Tyrrell gañaron o seu primeiro campionato co chasis frances Matra.

Coa axuda de Elf e Ford, Tyrrell logrou o seu soño de pasar á Fórmula Un en 1968, como director do equipo de Matra Internacional, unha empresa conxunta establecida entre o propio equipo de Tyrrell e o fabricante francés de automóbiles Matra. Stewart foi un serio contendente, gañador de varios Grandes Premios no Tyrrell Matra MS10. A característica máis innovadora do coche foi o uso dos tanques de combustible estruturais inspirados nos da aviación. Isto permitiu que o chasis fose ao redor de 15 kg máis lixeiro, sen deixar de ser máis forte que os dos seus competidores. A FIA considerou que esta tecnoloxía podía ser perigosa e decidiu a súa prohibición en 1970, insistindo nos tanques de bolsa de goma.

Para o campionato de 1969 o equipo Matra decidiu non competir na Fórmula Un. Matra centrou os seus esforzos no equipo de Ken Tyrrell "Matra Internacional" e construír un novo coche con motor DFV e cos tanques de combustible estruturais, a pesar de que só estarían permitidos para unha soa tempada. Stewart gañou o título de 1969 facilmente, pilotando o novo Matra MS80 Cosworth , que corrixía a maior parte das debilidades do MS10. O título de Stewart foi o primeiro gañado por un chasis de francés, e o único que gañou un chasis construído en Francia. O chasis Renault F1 que gañou o campionato de construtores en 2005 e 2006 foi deseñado e construído no Reino Unido. Foi un logro espectacular para un equipo e un construtor que entrara na Fórmula Un o ano anterior.

Decada de 1970[editar | editar a fonte]

O primeiro Tyrrell de F1, o 001, na demostración de 2008 no Goodwood Festival of Speed.
O Tyrrell P34 de seis rodas, posiblemente un dos coches de F1 máis radical da historia.

Para 1970 logo da fusión de Matra con Simca, Tyrrell preguntou a Matra se podía usar os seus V12 en lugar dos Cosworth. Simca era unha subsidiaria da empresa estadounidense Chrysler, un rival de Ford. Stewart probou o Matra V12 e atopouno inferior á DFV. Como unha gran parte do orzamento Tyrrell era proporcionado por Ford, e outro dos elementos significativos viñan da empresa estatal francesa Elf Petroleum Company, que tiña un acordo con Renault que impedía o apoio a un socio de Simca, Ken Tyrrell non tiña outra alternativa que comprar un chasis March 701 como solución provisional, mentres que desenrrolaba o do seu propio coche en segredo.

Tyrrell foi patrocinado pola compañía francesa Elf, e conservaría a tradicional cor azul francés de carreiras cor que mantendría para o resto da súa existencia. Tyrrell e Stewart correron con March-Ford ao longo de 1970 cun éxito relativo, mentres que Derek Gardner traballou no primeiro monopraza de Tyrrell na leñera de Ockham, Surrey.

O Tyrrell 001, que se parecía moito ao MS80, xurdiu a finais de 1970. Stewart gañou a pole position no GP de Canadá, pero sufriu fallas mecánicas nas súas 3 primeiras saídas en carreira. O case idéntico Tyrrell 003 gañou ambos campionatos, de pilotos e construtores en 1971, con Jackie Stewart e François Cevert. O desafío que tiña Stewart para 1972 foi paralizado por unha úlcera de estómago, pero volveu en plena forma física en 1973. Él e Cevert acabaron 1º e 4º no Campionato. A traxedia golpeou o 6 de outubro de 1973, Cevert morreu na cualificación do Gran Premio de EE.UU. en Watkins Glen Stewart, que ía retirarse ao final da tempada, e Tyrrell retiraronse de inmediato, entregando o título de Construtores a Lotus. Ao final da tempada Stewart fixo pública a súa decisión de retirarse, unha decisión que xa se fixo antes do Gran Premio de EE.UU.. Sen o seu piloto estrela, Tyrrell nunca volveu a ser un serio aspirante ao título mundial de novo.

A pesar disto, o equipo seguiu sendo unha forza ao longo da década de 1970, gañando carreiras con Jody Scheckter e Patrick Depailler. O máis notable deles foi o triunfo de Scheckter no Gran Premio de Suecia de 1976, onde os Tyrrell acadaron o primeiro e segundo lugar pilotando o Tyrrell P34. Foi o primeiro, e único, éxito do coche de seis rodas, que substituíu ás duas rodas dianteiras convencionais por catro pequenas rodas montadas nos bancos a cada lado do coche. O deseño foi abandonado logo de que Goodyear negarase a desenvolver os pequenos pneumáticos necesarios para o coche, xa que estaban demasiado ocupados combatendo os demais fabricantes da Fórmula Un.

Decada de 1980[editar | editar a fonte]

OTyrrell 012 (foto do ano 2008 no Goodwood Festival of Speed) correu de 1983 a 1985.

En 1977, xurdiu a éra do Turbo nos Grandes Premios, a mediados da década de 1980, os coches con motor de aspiración normal estaban obsoletos. Foi o comezo de dúas décadas de loita de Tyrrell, quen sen fondos suficientes pola falta de patrocinio resistiu cos motores Cosworth DFV nun momento en que todos os equipos cambiáronse aos motores turbo. Parece normal, entón, que a derradeira vitoria para o clásico motor Ford Cosworth DFV fose para o Tyrrell de Michele Alboreto no Gran Premio de Detroit de 1983. Que foi tamén o último Tyrrell en gañar un Gran Premio.

A desclasificación de 1984[editar | editar a fonte]

En 1984, Tyrrell era o único equipo que usaba o motor Ford Cosworth atmosférico, mentres que o resto usaban motores turbo, pero foi descualificado do campionato. Perdeu todos os puntos dos pilotos Martin Brundle e Stefan Bellof - que fixera unha brillante carreira en Monte Carlo, saindo desde o último lugar e baixo unha intensa choiva, alcanzou o 3º lugar - e Stefan Johansson (substituto de Brundle mentres se recuperaba dun accidente), por colocar unha bola de chumbo no tanque de combustible despois do fin da carreira para alcanzar o peso mínimo ao final da proba (con lastre), e por sospeitas de modificación do combustible con sustancias prohibidas).

Un ano máis tarde, en 1985, Tyrrell manten a Bellof e Brundle. Non acadaron ningún podio, debido ao cambio dos motores, xa que foi o único equipo que comezou a tempada sen os motores turbo. A mitade de tempada e por primeira vez, cambian os Ford Cosworth polos motores turbo de Renault, e o equipo consigue terminar en 9º e 10º lugar do campionato, a peor posición da historia nese momento.

Na tempada 1986, Tyrrell participa en todas as carreiras co británico Martin Brundle (por terceira vez consecutiva) e o francés Philippe Streiff, sen moitos resultados. O equipo queda no 7º lugar, o que se repite en 1987, pero agora de novo cos motores Ford Cosworth. Co inglés Jonathan Palmer e outra vez Streiff, destacando que o equipo logrou terminar a gran maioría de probas, o que non ocorreu en 1988 con Julian Bailey e Jonathan Palmer.

Stefan Bellof pilotando para Tyrrell durante a tempada de 1984.

1990[editar | editar a fonte]

Tyrrell loito a través dos anos 1980 e 1990, o equipo estaba angustiado polo seu buraco financeiro. E aínda que que os resultados dos anos de gloria quedaran atrás, Ken Tyrrell era aínda un home moi respectado na comunidade da F1. Houbo un breve renacemento da fortuna na década de 1990. A combinación do revolucionario Tyrrell 019 de morro alto de Harvey Postlethwaite e do debut de Jean Alesi na tempada de 1990 trouxo ao equipo dous segundos lugares en Phoenix e Mónaco. O franco-siciliano cambiou para Ferrari ao ano seguinte, pero os motores Honda e o patrocinio de Braun en 1991 axudou a Stefano Modena para clasificarse na primeira fila en Mónaco á beira de Senna e un excelente segundo lugar no Gran Premio de Canadá de 1991. Con todo, o equipo aos poucos deixouse caer desde a metade do pelotón. Finalmente, en 1998 e debido aos malos resultados e á súa mala saúde, Ken vendeu o seu equipo á British American Tobacco, sendo denominado British American Racing. A última carreira de Tyrrell foi o Gran Premio de Xapón de 1998, onde Ricardo Rosset non se clasificou e o seu compañeiro de equipo Toranosuke Takagi retirouse na volta 28 logo dunha colisión co Minardi de Esteban Tuero.

Legado[editar | editar a fonte]

O equipo Brawn GP dobre gañador do campionato 2009 e o equipo Mercedes GP de 2010 son algúns descendentes das formas de Tyrrell, a través dos seus predecesores, Honda Racing F1 e BAR. Mentres que BAR F1 comprou o equipo e a licenza, a maioría dos coches e os equipos foron vendidos a Paul Stoddart, máis tarde dono do equipo Minardi de F1.

Ken Tyrrell morreu de cancro o 25 de agosto de 2001 na idade de 77 anos.

Resultados completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Resultados en negrita indican pole position; resultados en cursiva indican volta rápida)

Ano Chasis Motor Pneumáticos Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Posición final
1970 Tyrrell 001 Ford V8 Modelo:Pneumático RSA ESP MON BEL HOL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA MEX 0 10º
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Ret Ret Ret
Francia François Cevert 9 Ret Ret
1971 Tyrrell 001

Tyrrell 002 Tyrrell 003

Ford V8 Modelo:Pneumático RSA ESP MON HOL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA 73
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart 2 1 1 11 1 1 1 Ret Ret 1 5
Francia François Cevert Ret 7 Ret Ret 2 10 2 Ret 3 6 1
Flag of the United States.svg Peter Revson Ret
1972 Tyrrell 002

Tyrrell 003 Tyrrell 004 Tyrrell 005 Tyrrell 006

Ford V8 Modelo:Pneumático ARX RSA ESP MON BEL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA 51
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart 1 Ret Ret 4 1 2 11 7 Ret 1 1
Francia François Cevert Ret 9 Ret NC 2 4 Ret 10 9 Ret Ret 2
Francia Patrick Depailler NC 7
1973 Tyrrell 005

Tyrrell 006

Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA ESP BEL MON SUE FRA RU HOL ALE AUT ITA CAN USA 82
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart 3 2 1 Ret 1 1 5 4 10 1 1 2 4 5 WD/

NTS

Francia François Cevert 2 10 NC 2 2 4 3 2 5 2 2 Ret 5 Ret NTS
Flag of New Zealand.svg Chris Amon 10 WD/

NTS

1974 Tyrrell 005

Tyrrell 006 Tyrrell 007

Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA ESP BEL MON SUE HOL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA 52
Flag of South Africa.svg Jody Scheckter Ret 13 8 5 3 2 1 5 4 1 2 Ret 3 Ret Ret
Francia Patrick Depailler 6 8 4 8 Ret 9 2 6 8 Ret Ret Ret 11 5 6
1975 Tyrrell 007 Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA ESP MON BEL SUE HOL FRA RU ALE AUT ITA USA 25
Flag of South Africa.svg Jody Scheckter 11 Ret 1 Ret 7 2 7 16 9 3 Ret 8 8 6
Francia Patrick Depailler 5 Ret 3 Ret 5 4 12 9 6 9 9 11 7 Ret
Francia Jean-Pierre Jabouille 12
Francia Michel Leclère Ret
1976 Tyrrell 007

Tyrrell P34

Ford V8 Modelo:Pneumático BRA RSA USW ESP BEL MON SUE FRA RU ALE AUT HOL ITA CAN USA JAP 71
Flag of South Africa.svg Jody Scheckter 5 4 Ret Ret 4 2 1 6 2 2 Ret 5 5 4 2 Ret
Francia Patrick Depailler 2 9 3 Ret Ret 3 2 2 Ret Ret Ret 7 6 2 Ret 2
1977 Tyrrell P34 Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SUE FRA RU ALE AUT HOL ITA USA CAN XPN 27
Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Ret Ret Ret Ret 8 Ret 3 Ret 12 Ret 9 5 Ret 6 16 Ret Ret
Francia Patrick Depailler Ret Ret 3 4 Ret Ret 8 4 Ret Ret Ret 13 Ret Ret 14 2 3
1978 Tyrrell 008 Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SUE FRA RU GER AUT HOL ITA USA CAN 38
Francia Patrick Depailler 3 Ret 2 3 1 Ret Ret Ret Ret 4 Ret 2 Ret 11 Ret 5
Francia Didier Pironi 14 6 6 Ret 5 6 12 Ret 10 Ret 5 Ret Ret Ret 10 7
1979 Tyrrell 009 Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA USW ESP BEL MON FRA RU ALE AUT HOL ITA CAN USA 28
Francia Didier Pironi Ret 4 Ret DSC 6 3 Ret Ret 10 9 7 Ret 10 5 3
Francia Jean-Pierre Jarier Ret Ret 3 6 5 11 Ret 5 3 Ret 6 Ret Ret
Flag of the United Kingdom.svg Geoff Les 7
Flag of Ireland.svg Derek Daly 8
1980 Tyrrell 009

Tyrrell 010

Ford V8 Modelo:Pneumático ARX BRA RSA USW BEL MON FRA RU ALE AUT HOL ITA CAN USA 12
Flag of Ireland.svg Derek Daly 4 14 Ret 8 9 Ret 11 4 10 Ret Ret Ret Ret Ret
Francia Jean-Pierre Jarier Ret 12 7 Ret 5 Ret 14 5 15 Ret 5 13 7 NC
Flag of New Zealand.svg Mike Thackwell Ret NSC
1981 Tyrrell 010

Tyrrell 011

Ford V8 Modelo:Pneumático

Modelo:Pneumático

USW BRA ARX SMR BEL MON ESP FRA RU ALE AUT HOL ITA CAN LVG 10
Flag of the United States.svg Eddie Cheever 5 NC Ret Ret 6 5 NC 13 4 5 NSC Ret Ret 12 Ret
Flag of the United States.svg Kevin Cogan NSC
Flag of Argentina.svg Ricardo Zuniño 13 13
Italia Michele Alboreto Ret 12 Ret NSC 16 Ret NSC Ret 9 Ret 11 13
1982 Tyrrell 011 Ford V8 Modelo:Pneumático RSA BRA USW SMR BEL MON DET CAN HOL RU FRA GER AUT SUI ITA LVG 25
Flag of Sweden.svg Slim Borgudd 16 7 10
Flag of the United Kingdom.svg Brian Henton Ret Ret 8 9 NC Ret 8 10 7 Ret 11 Ret 8
Italia Michele Alboreto 7 4 4 3 Ret 10 Ret Ret 7 Ret 6 4 Ret 7 5 1
1983 Tyrrell 011

Tyrrell 012

Ford V8 Modelo:Pneumático BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN RU GER AUT HOL ITA EUR RSA 12
Flag of the United States.svg Danny Sullivan 11 8 Ret Ret 5 12 Ret 10 14 12 Ret Ret Ret Ret 7
Italia Michele Alboreto Ret 9 8 Ret Ret 14 1 8 13 Ret Ret 6 Ret Ret Ret
1984 Tyrrell 012 Ford V8 Modelo:Pneumático BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET USW RU ALE AUT HOL ITA EUR POR 0 DSC
Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle DSC DSC DSC DSC DSC NSC DSC DSC NSC
Flag of Sweden.svg Stefan Johansson DSC DSC NSC DSC EX EX EX
Alemaña Stefan Bellof DSC DSC DSC DSC DSC DSC DSC DSC DSC DSC DSC DSC EX EX EX
Flag of New Zealand.svg Mike Thackwell NSC
1985 Tyrrell 012

Tyrrell 014

Ford V8

Renault V6 (Turbo)

Modelo:Pneumático BRA POR SMR MON CAN DET FRA RU ALE AUT HOL ITA BEL EUR RSA AUS 7
Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle 8 Ret 9 10 12 Ret Ret 7 10 NSC 7 8 13 Ret 7 NC
Flag of Sweden.svg Stefan Johansson 7
Alemaña Stefan Bellof 6 Ret NSC 11 4 13 11 8 7 Ret
Italia Ivan Capelli Ret 4
Francia Philippe Streiff Ret
1986 Tyrrell 014

Tyrrell 015

Renault V6 (Turbo) Modelo:Pneumático BRA ESP SMR MON BEL CAN USA FRA RU ALE HUN AUT ITA POR MEX AUS 11
Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle 5 Ret 8 Ret Ret 9 Ret 10 5 Ret 6 Ret 10 Ret 11 4
Francia Philippe Streiff 7 Ret Ret 11 12 11 9 Ret 6 Ret 8 Ret 9 Ret Ret 5
1987 Tyrrell DG016 Ford V8 Modelo:Pneumático BRA SMR BEL MON USA FRA RU ALE HUN AUT ITA POR ESP MEX JPN AUS 11
Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer 10 Ret Ret 5 11 7 8 5 7 14 14 10 Ret 7 8 4
Francia Philippe Streiff 11 8 9 Ret Ret 6 Ret 4 9 Ret 12 12 7 8 12 Ret
1988 Tyrrell 017 Ford V8 Modelo:Pneumático BRA SMR MON MEX CAN USA FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 5
Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer Ret 14 5 NSC 6 5 Ret Ret 11 Ret 12 NSC Ret Ret 12 Ret
Flag of the United Kingdom.svg Julian Bailey NSC Ret NSC NSC Ret 9 NSC 16 NSC NSC NSC 12 NSC NSC 14 NSC
1989 Tyrrell 017B

Tyrrell 018

Ford V8 Modelo:Pneumático BRA SMR MON MEX USA CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 16
Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer 7 6 9 Ret 9 Ret 10 Ret Ret 13 14 Ret 6 10 Ret NSC
Italia Michele Alboreto 10 NSC 5 3 Ret Ret
Francia Jean Alesi 4 Ret 10 9 5 4 Ret Ret
Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Ret NSC
1990 Tyrrell 018

Tyrrell 019

Ford V8 Modelo:Pneumático USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 16
Flag of Japan.svg Satoru Nakajima 6 8 Ret Ret 11 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 6 DNS Ret 6 Ret
Francia Jean Alesi 2 7 6 2 Ret 7 Ret 8 11 Ret 8 Ret 8 Ret DNS 8
1991 Tyrrell 020 Fonda V10 Modelo:Pneumático USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 12
Francia Satoru Nakajima 5 Ret Ret Ret 10 12 Ret 8 Ret 15 Ret Ret 13 17 Ret Ret
Italia Stefano Modena 4 Ret Ret Ret 2 11 Ret 7 13 12 Ret Ret Ret 16 6 10
1992 Tyrrell 020B Ilmor V10 Modelo:Pneumático RSA MEX BRA ESP SMR MON CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR XPN AUS 8
Francia Olivier Grouillard Ret Ret Ret Ret 8 Ret 12 11 11 Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret
Italia Andrea de Cesaris Ret 5 Ret Ret 14 Ret 5 Ret Ret Ret 8 8 6 9 4 Ret
1993 Tyrrell 020C

Tyrrell 021

Yamaha V10 Modelo:Pneumático RSA BRA EUR SMR ESP MON CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR XPN AUS 0 12º
Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Ret Ret Ret Ret Ret Ret 17 Ret 13 Ret 10 15 14 Ret Ret Ret
Italia Andrea de Cesaris Ret Ret Ret Ret Ret 10 Ret 15 NC Ret 11 Ret 13 12 Ret 13
1994 Tyrrell 022 Yamaha V10 Modelo:Pneumático BRA PFC SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR EUR XPN AUS 13
Flag of Japan.svg Ukyo Katayama 5 Ret 5 Ret Ret Ret Ret 6 Ret Ret Ret Ret Ret 7 Ret Ret
Flag of the United Kingdom.svg Mark Blundell Ret Ret 9 Ret 3 10 10 Ret Ret 5 5 Ret Ret 13 Ret Ret
1995 Tyrrell 023 Yamaha V10 Modelo:Pneumático BRA ARX SMR ESP MON CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR EUR PFC XPN AUS 5
Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Ret 8 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 7 Ret Ret 10 Ret 14 Ret Ret
Italia Gabriele Tarquini 14
Finlandia Mika Salgo 7 Ret Ret 10 Ret 7 15 8 Ret Ret 8 5 13 10 12 6 5
1996 Tyrrell 024 Yamaha V10 Modelo:Pneumático AUS BRA ARX EUR SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR XPN 5
Flag of Japan.svg Ukyo Katayama 11 9 Ret DSC Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 7 8 10 12 Ret
Finlandia Mika Salgo 6 5 Ret DSC Ret 5 DSC Ret 10 7 9 Ret 7 Ret 11 Ret
1997 Tyrrell 025 Ford V8 Modelo:Pneumático AUS BRA ARX SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA AUT LUX XPN EUR 2 10º
Flag of the Netherlands.svg Jos Verstappen Ret 15 Ret 10 8 11 Ret Ret Ret 10 Ret Ret Ret 12 Ret 13 16
Finlandia Mika Salgo Ret 13 8 9 5 Ret Ret Ret Ret Ret 13 11 Ret Ret 10 Ret 12
1998 Tyrrell 026 Ford V10 Modelo:Pneumático AUS BRA ARXG SMR ESP MON CAN FRA RU AUT ALE HUN BEL ITA LUX XPN 0 10º
Flag of Brazil.svg Ricardo Rosset Ret Ret 14 Ret NSC NSc 8 Ret Ret 12 NSC NSC NTS 12 Ret NSC
Flag of Japan.svg Toranosuke Takagi Ret Ret 12 Ret 13 11 Ret Ret 9 Ret 13 14 Ret 9 16 Ret


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tyrrell Racing

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]