Jim Clark
| Jim Clark | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1960 - 1968 |
| Escudería(s) | Team Lotus |
| Grandes Premios disputados | 73 (72 saidas) |
| Campionatos | 2 (1963, 1965) |
| Vitorias | 25 |
| Podios | 32 |
| Pole positions | 33 |
| Voltas rápidas | 28 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Alemaña de 1960 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Bélxica de 1962 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Sudáfrica de 1968 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Sudafrica de 1968 |
James Clark Jr., Jim ou Jimmy Clark OBE , nado en Kilmany, Escocia, o 4 de marzo de 1936 finou nun accidente de Fórmula 2 en Hockenheim, Alemaña o 7 de abril de 1968, foi un piloto de automobilismo. Gañou dous campionatos do Mundo de Fórmula 1.
Índice |
Traxectoria [editar]
Inicios [editar]
Naceu no seo dunha familia labrega de Kilmany, no condado de Fife, Escocia. Único home, e o menor nunha familia de cinco irmáns, estaba predestinado a facerse cargo da granxa familiar, circunstancia que provocou que os seus pais opuñeranse á idea Clarkde de adicarse as carreiras de coches. Comezou a súa carreira nos rally de estradas e subidas locais conducindo o seu propio Sunbeam-Talbot, demostrando ser un competidor temible desde o principio. A súa primeira carreira foi o 16 de xuño de 1956 ao volante dun DKW Sonderklasse en Crimond, Escocia. En 1958, Clark estaba pilotando para o equipo local Border Reivers, conducindo Jaguar D-Type e Porsche nas competicións nacionais, e gañando 18 carreiras.
No Boxing Day de 1958, Clark correu contra o home que o lanzará á fama. Conducindo un Lotus Elite, terminou segundo contra Colin Chapman nunha carreira de GT de 10 voltas en Brands Hatch. En 1959 conducindo un Lotus Elite, terminou décimo en Le Mans asociado con John Whitmore. Chapman quedou o suficientemente impresionado como para dar a Clark, un asento nun dos seus coches de Fórmula Junior.
Lotus e Clark [editar]
A súa primeira carreira para Lotus foi en 1960 no Gran Premio de Holanda, onde participou no lugar de John Surtees quen seguía competindo en motocicletas nese tempo. A carreira ía sen problemas ata que alcanzou o quinto lugar e tivo que retirarse por problemas coa caixa de cambios. A seguinte carreira foi en Spa, Bélxica. Este circuíto de Spa-Francorchamps era un dos máis perigosos desa época, unha enorme pista de máis de 14 km onde en 1960 perderon a vida dous pilotos, incluíndo o compañeiro de equipo de Clark Alan Stacey. Aínda así Clark logrou terminar en quinto lugar no seu segundo gran premio.
No Gran Premio de Italia Clark estivo involucrado nun accidente polémico e controvertido, o seu Lotus chocou co Ferrari do alemán Wolfgang von Trips. O Ferrari saiu lanzado cara aos espectadores matando a varios deles así como ao piloto alemán.
A carreira profesional de Clark en Fórmula 1 foi na súa totalidade co equipo Lotus, para quen conduciu desde os seus inicios en 1960 ata 1968. Os seus maiores éxitos ocorreron en 1963 co Lotus 25, co cal Clark gañou sete de dez grandes premios, logrando coroarse como Campión Mundial de Pilotos e levando a Lotus a gañar o seu primeiro Campionato Mundial de Construtores. En 1965 Clark e Lotus repetiron campionato.
Nese mesmo ano Clark gañou na famosa carreira das 500 millas de Indianápolis. Para iso debeu ausentarse do prestixioso Gran Premio de Fórmula 1 de Mónaco. Con todo fixo historia ao triunfar por primeira vez nesa carreira cun automóbil co motor colocado detrás do piloto.
Ao seguinte ano, 1966, Lotus, baixo as novas regras de motores de 3.0 litros, non acadou bos resultados. Comezaron a tempada de Fórmula 1 cun motor Coventry Climax de 2.0 litros montado no chasis do Lotus 33. Ao avanzar a tempada cambiaron a un Lotus-BRM 43 cun moi complexo motor BRM H16; o H16 consistía basicamente de dous motores V8 de 1.5 litros unidos para formar unha soa unidade.
En 1967 Clark e Lotus correron con tres combinacións completamente distintas de chasis e motor. O Lotus-BRM foi usado na primeira carreira do campionato en Sudáfrica con resultados negativos. En Monaco usou por última vez o Lotus 33, retirándose a metade de carreira cunha avaría na suspensión. A continuación comezou a nova asociación de Lotus con Ford Motor Company e Cosworth. O motor Cosworth DFV usado por primeira vez por Lotus non só gañou a primeira carreira na que foi usado, o Gran Premio de Holanda, senón que ademais converteríase no motor de maiores éxitos na historia da Fórmula 1.
Morte [editar]
O 7 de abril de 1968, durante unha carreira de Fórmula 2 no circuíto de Hockenheimring en Hockenheim, Alemaña Jim Clark morreu despois de que o seu automóbil saísese da pista e chocase contra as árbores. As causas do accidente nunca foron definitivamente esclarecidas, con todo os investigadores suxiren como a posibilidade máis factible, unha súbita e repentina perda de presión pneumática nunha das rodas traseiras. En circunstancias parecidas á morte de Ayrton Senna en 1994, a súa morte causou gran impacto no mundo da competición automobilística. Clark era o mellor piloto e dominaba os campionatos da época co mellor equipo de entón. Lotus e Clark foron inseparables desde o principio. O campionato de 1968 foi gañado polo compañeiro de equipo de Clark, Graham Hill (pai do logo tamén campión Damon Hill).
Un xenio na pista [editar]
Ao longo da súa carreira Clark gañou 25 grandes premios e obtivo a pole en 33 ocasións. Clark diferenciábase dos pilotos actuais de Fórmula 1 na súa habilidade para conducir e gañar en calquera tipo de vehículo. A súa capacidade de pelexar vitorias conducindo o sedan de produción Lotus Cortina era impresionante; correu na tempada Nascar en Estados Unidos para o equipo Holman e Moody; batallóu cos caprichosos Lotus deportivos modelos 30 e 40; e ata un Lotus de IndyCar Series nunha carreira de montaña en Suíza.
Clark foi o mellor nunha época onde a habilidade innata e a xenialidade para conducir do piloto baixo calquera circunstancias eran moito máis importantes que a tecnoloxía e as asistencias externas. Considerábaselle un terrible piloto de probas, pois era capaz de acomodarse ao auto e facelo parecer mellor do que en realidade era; ao contrario doutros pilotos que probarían o auto por varias voltas, facéndolle axustes ata conseguir o mellor tempo posible, Clark lograba o mellor tempo así no xeito como atopaba ao auto, e dicíalle aos mecánicos "déixeno, así está ben". Debido a isto facíaselle difícil entender como outros pilotos non podían ser igual de rápidos que él.
Cando Clark faleceu, atribúeselle ao corredor Chris Amon o dicir "se isto pódelle pasar a Clark, que esperanza podemos ter os demais". Hoxe en día é consierado un dos mellores pilotos da historia da Fórmula 1.
Clark está enterrado no pobo de Chirnside en Berwickshire.
No ano de 1990 foi admitido no International Motorsports Hall of Fame.
Resultados Completos en Fórmula 1 [editar]
(Carreiras en negra indica pole position)
| Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1960 | ARG | MON | IND | HOL
Ret |
BEL
5 |
FRA
5 |
GBR
16 |
POR
3 |
ITA | USA
16 |
10º | 8 | |||
| 1961 | MON
10 |
HOL
3 |
BEL
12 |
FRA
3 |
GBR
Ret |
ALE
4 |
ITA
Ret |
USA
7 |
7º | 11 | |||||
| 1962 | HOL
9 |
MON
Ret |
BEL
1 |
FRA
Ret |
GBR
1 |
ALE
4 |
ITA
Ret |
USA
1 |
RSA
Ret |
2º | 30 | ||||
| 1963 | MON
8 |
BEL
1 |
HOL
1 |
FRA
1 |
GBR
1 |
ALE
2 |
ITA
1 |
USA
3 |
MEX
1 |
RSA
1 |
1º | 73 | |||
| 1964 | MON
4 |
HOL
1 |
BEL
1 |
FRA
Ret |
GBR
1 |
ALE
Ret |
AUT
Ret |
ITA
15 |
USA
7 |
MEX
5 |
3º | 32 | |||
| 1965 | RSA
1 |
MON | BEL
1 |
FRA
1 |
GBR
1 |
HOL
1 |
ALE
1 |
ITA
10 |
USA
Ret |
MEX
Ret |
1º | 54 | |||
| 1966 | MON
Ret |
BEL
Ret |
FRA | GBR
4 |
HOL
3 |
ALE
Ret |
ITA
Ret |
USA
1 |
MEX
Ret |
6º | 16 | ||||
| 1967 | RSA
Ret |
MON
Ret |
HOL
1 |
BEL
6 |
FRA
Ret |
GBR
1 |
ALE
Ret |
CAN
Ret |
ITA
3 |
USA
1 |
MEX
1 |
3º | 41 | ||
| 1968 | RSA
1 |
ESP | MON | BEL | HOL | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN | USA | MEX | 11º | 9 |
| Predecesor: Graham Hill |
Campión da Fórmula 1 1963 |
Sucesor: John Surtees |
| Predecesor: John Surtees |
Campión da Fórmula 1 1965 |
Sucesor: Jack Brabham |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Grand Prix History - Hall of Fame, Jimmy Clark (en inglés)
- Jim Clark Memorial at Hockenheim (en inglés)
- Jim Clark memorial room (en inglés)