Emerson Fittipaldi
| Emerson Fittipaldi | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1970 - 1980 |
| Escudería(s) | Lotus, McLaren, Fittipaldi Automotive |
| Grandes Premios disputados | 149 (144 saidas) |
| Campionatos | 2 (1972 y 1974) |
| Vitorias | 14 |
| Podios | 35 |
| Pole positions | 6 |
| Voltas rápidas | 6 |
| Primeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1970 |
| Primeira vitoria | Gran Premio dos Estados Unidos de 1970 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio do Reino Unido de 1975 |
| Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 |
Emerson Fittipaldi, nado en São Paulo, 12 de decembro de 1946, é un ex-piloto de automóbiles brasileiro, campión mundial de Fórmula 1. Foi o primeiro brasileiro campeón mundial nas categorías punta do automobilismo internacional, abrindo portas para varios compatriotas. Fittipaldi foi bicampeón da Fórmula 1 en 1972 e 1974, campión da CART (Fórmula Indy) en 1989 e bicampeón das 500 millas de Indianápolis en 1989 e 1993.
Índice |
[editar] Biografía
Emerson é fillo de nai rusa e pai brasileiro, o xornalista Wilson Fittipaldi. Fittipaldi empezou a competir en Europa en 1969 na fórmula Ford, pero ao seguinte ano xa empezou a pilotar en Fórmula 1 con Lotus. Na súa primeira tempada completa, en 1971, terminou sexto no campionato e ao ano seguinte gañou cinco carreiras e o campionato do mundo con 16 puntos de vantaxe sobre Jackie Stewart. Desde entón e durante trinta e tres anos mantivo a honra de ser o piloto máis novo en lograr o campionato, ata que ese mérito foi ocupado en 2005 polo español Fernando Alonso. Máis tarde abandonou Lotus para fichar polo equipo McLaren para conseguir o seu segundo campionato en 1974.
Durante a tempada de F1 de 1974, Emerson Fittipaldi e o seu irmán Wilson acordaron formar un equipo de F1 enteiramente brasileiro. O seu único patrocinador oficial foi Copersucar, unha compañía estatal refinadora de azucre e alcol a cal daría nome ata ao coche (a pesar de que o equipo era denominado oficialmente Fittipaldi Automotive). Apoiados ata pola compañía estatal brasileira de aviación Embraer, para labores de túnel de vento e compoñentes especiais, foron acusados na prensa de uso indebido de fondos públicos para o equipo de Fórmula 1.
Durante 1975 o piloto foi Wilson Fittipaldi, actuando Emerson como "consultor" do equipo na súa primeira fase, sen deixar de pilotar para McLaren. Máis tarde colaboraron como pilotos Ingo Hoffman, Arturo Merzario e o mesmo Emerson Fittipaldi desde a tempada 1976 ata a súa retirada como piloto de Fórmula 1 ao concluír 1980. O Copersucar foi medianamente exitoso nas súas últimas fases durante o ano 1978, chegando ata a ser segundo no Gran Premio de Brasil. Pero en pleno reinado do efecto solo, o equipo non puido manterse ao corrente da tecnoloxía e pasou as seguintes tempadas sen pena nin gloria ata o seu peche definitivo en 1982.
[editar] Serie CART/IndyCar World Series e Indy 500
En 1984, Fittipaldi comezou a competir como piloto na serie CART. Logo de probar en varios equipos, foi contratado por Patrick de xeito permanente ese mesmo ano. En 1985 gañou a súa primeira carreira e quedou sexto no campionato. Logo foi sétimo, décimo e sétimo as tres tempadas seguintes, gañando polo menos unha carreira en cada unha delas. Fittipaldi coroouse campión en 1989 con vitorias en cinco carreiras, entre elas as 500 millas de Indianápolis.
Penske fichou a Fittipaldi para a tempada 1990. Rematoú en quinta posición cunha vitoria, e o mesmo ocorreu ao ano seguinte. En 1992 foi cuarto con catro vitorias. Fittipaldi gañou por segunda vez as 500 millas de Indianápolis en 1993, celebrando bebendo un vaso de zume de laranxa no canto do tradicional leite de vaca. Con dous triunfos máis, ese ano resultou subcampión por detrás de Nigel Mansell. Tamén foi segundo no campionato 1994, pero derrotado por Al Unser Jr. e cunha vitoria, catro segundos lugares e cinco terceiros en 16 carreiras. En 1995 gañou unha carreira da CART por 22ª e última vez, resultando 11º no campionato. A última tempada como piloto da CART terminou cedo ao lesionarse nun choque durante a carreira en Michigan. Sen poder disputar as últimas catro datas, Fittipaldi retirouse cun 19º posto no campionato de 1996 aos 49 anos de idade.
[editar] Curiosidades
Curiosamente, 32 anos logo de negarse a competir en Montjuic en protesta pola falta de medidas de seguridade, volveu correr co seu Lotus JPS por este circuíto urbano -inhabilitado en 1975 para albergar carreiras de F1-, nunha xornada dedicada a conmemorar o 75 aniversario do circuíto.
[editar] Resultados Completos en Fórmula 1
(As Carreiras en negra indican "Pole position")
| Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1970 | RSA
DNP |
ESP
DNP |
MON
DNP |
BEL
DNP |
HOL
DNP |
FRA
DNP |
GBR
8 |
ALE
4 |
AUT
15 |
ITA
Ret |
CAN
DNP |
USA
1 |
MEX
Ret |
10º | 12 | |||||
| 1971 | RSA
Ret |
ESP
Ret |
MON
5 |
HOL
DNP |
FRA
3 |
GBR
3 |
ALE
Ret |
AUT
2 |
ITA
8 |
CAN
7 |
USA
DNP |
6º | 16 | |||||||
| 1972 | ARX
Ret |
RSA
2 |
ESP
1 |
MON
3 |
BEL
1 |
FRA
2 |
GBR
1 |
ALE
Ret |
AUT
1 |
ITA
1 |
CAN
11 |
USA
Ret |
1º | 61 | ||||||
| 1973 | ARX
1 |
BRA
1 |
RSA
3 |
ESP
1 |
BEL
3 |
MON
2 |
SUE
12 |
FRA
Ret |
GBR
Ret |
HOL
Ret |
ALE
6 |
AUT
Ret |
ITA
2 |
CAN
2 |
USA
6 |
2º | 55 | |||
| 1974 | ARX
10 |
BRA
1 |
RSA
7 |
ESP
3 |
BEL
1 |
MON
5 |
SUE
4 |
HOL
3 |
FRA
Ret |
GBR
2 |
ALE
Ret |
AUT
Ret |
ITA
2 |
CAN
1 |
USA
4 |
1º | 55 | |||
| 1975 | ARX
1 |
BRA
2 |
RSA
Ret |
ESP
DNS |
MON
2 |
BEL
7 |
SUE
8 |
HOL
Ret |
FRA
4 |
GBR
1 |
ALE
Ret |
AUT
9 |
ITA
2 |
USA
2 |
2º | 45 | ||||
| 1976 | BRA
13 |
RSA
17 |
USW
6 |
ESP
Ret |
BEL
NSC |
MON
6 |
SUE
Ret |
FRA
Ret |
GBR
6 |
ALE
13 |
AUT
DNP |
HOL
Ret |
ITA
15 |
CAN
Ret |
USA
9 |
XAP
Ret |
17º | 3 | ||
| 1977 | ARX
4 |
BRA
4 |
RSA
10 |
USW
5 |
ESP
14 |
MON
Ret |
BEL
Ret |
SUE
18 |
FRA
11 |
GBR
Ret |
ALE
NSC |
AUT
11 |
HOL
4 |
ITA
NSC |
USA
13 |
CAN
Ret |
XAP
DNP |
12º | 11 | |
| 1978 | ARX
9 |
BRA
2 |
RSA
Ret |
USW
8 |
MON
9 |
BEL
Ret |
ESP
Ret |
SUE
6 |
FRA
Ret |
GBR
Ret |
ALE
4 |
AUT
4 |
HOL
5 |
ITA
8 |
USA
5 |
CAN
Ret |
10º | 17 | ||
| 1979 | ARX
6 |
BRA
11 |
RSA
13 |
USW
Ret |
ESP
11 |
BEL
9 |
MON
Ret |
FRA
Ret |
GBR
Ret |
ALE
Ret |
AUT
Ret |
HOL
Ret |
ITA
8 |
CAN
8 |
USA
7 |
21º | 1 | |||
| 1980 | ARX
Ret |
BRA
15 |
RSA
8 |
USW
3 |
BEL
Ret |
MON
6 |
FRA
Ret |
GBR
12 |
ALE
Ret |
AUT
11 |
HOL
Ret |
ITA
Ret |
CAN
Ret |
USA
Ret |
15º | 5 |
| Predecesor: Jackie Stewart |
Campión da Fórmula 1 1972 |
Sucesor: Jackie Stewart |
| Predecesor: Jackie Stewart |
Campión da Fórmula 1 1974 |
Sucesor: Niki Lauda |