Motor V10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
V10 dun Dodge Viper.
V10 de F1 do BMW.

O motor V10 é un motor de combustión interna con dez cilindros dispostos en dúas filas de cinco cilindros.

Mecánica[editar | editar a fonte]

As dúas filas de 5 cilindros do V10 teñen normalmente unha abertura de 60º ou 90º entre as dúas filas. Cada fila é un bloque de 5 cilindros en liña, cunha configuración que se caracteriza polo seu funcionamento sen vibracións, polo que non necesita árbores contrarrotantes de equilibrado. Polo tanto, o motor V10 caracterízase pola súa maior fineza de funcionamento debido a que as explosións dos cilindros fanse en intervalos de tempo menores, producíndose unha por cada 72º de xiro do veo de manivelas no caso dun motor de catro tempos, o que tamén posibilita o funcionamento do motor a poucas revolucións (menos de 1500 rpm) sen vibracións nin tendencia a calarse.

Usos[editar | editar a fonte]

Os motores V10 son usados principalmente en automóbiles deportivos e camionetas de gran tamaño, podendo ser usados tamén en camións pesados. Tamén foron usados nas carreiras de Fórmula 1 desde o ano 1989 ata 2005, cando o regulamento pasou a permitir soamente o uso de motores V8. Durante o período que foron usados na Fórmula 1 demostraron ser a configuración ideal, e nos últimos anos nos que se permitiu o seu uso foron a opción elixida por prácticamente todas as escudarías.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Motor V10

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]