Jody Scheckter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jody Scheckter
Scheckter, Jody 1976-07-10 (Ausschn).jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Suráfrica Suráfrica
Anos en activo 1972-1980
Escudería(s) McLaren, Tyrrell, Wolf, Ferrari
Grandes Premios disputados 113 (112 saidas)
Campionatos 1 (1979)
Vitorias 1o
Podios 33
Pole positions 3
Voltas rápidas 5
Primeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1972
Primeira vitoria Gran Premio de Suecia de 1974
Derradeira vitoria Gran Premio de Italia de 1979
Derradeiro GP Gran Premio de Estados Unidos de 1980

Jody David Scheckter, nado en en East London o 29 de xaneiro de 1950, é un ex piloto de carreiras sudafricano, Campión do Mundo de Pilotos de Fórmula 1 de 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Scheckter estudou no Selborne College. Ascendeu rapidamente na Fórmula 1 logo de mudarse a Gran Bretaña en 1970. Debutou no Circuíto de Watkins Glen en 1972 con McLaren e chegou a ir 3º antes de dar un trompo, acabou noveno. Inmediatamente converteuse nun home a seguir, continuou o seu desenvolvemento ao ano seguinte, gañando o campionato de Fórmula 5000 e disputando 5 carreiras de F1. En Francia, estivo a piques de gañar na súa terceira carreira na F1 antes de estrelarse con Emerson Fittipaldi, o campión do mundo nese intre, que logo do accidente con Scheckter dixo "Este tolo é unha ameaza para si mesmo e todos os demais e non pertence á Fórmula 1". Na súa seguinte carreira, o GP de Gran Bretaña en Silverstone, Scheckter estivo involucrado nun gran accidente que deixou case unha ducia de coches fora da carreira. O Grand Prix Drivers' Association esixiu a súa expulsión inmediata, que quedou, logo dun acordo con McLaren, nunha suspensión durante catro carreiras. Scheckter co McLaren M23 levou o número cero nos Grandes premios de Canadá e Estados Unidos de 1973. Scheckter é un dos dous pilotos da F1 que competiron con este número, o outro foi Damon Hill.

Scheckter na icona Tyrrell P34.

En 1974 Tyrrell deulle a súa primeira tempada completa na F1. Jody recompensounos cunha 3ª praza no campionato de pilotos e un par de vitorias en Suecia e Gran Bretaña. Durante a tempada, anotou puntos en 8 carreiras consecutivas. No ano seguinte non destacou, a pesar de que chegou a gañar o Gran Premio de Sudáfrica, pero o seu terceiro ano co equipo, en 1976, deulle outra 3ª praza no campionato de pilotos. Nesa tempada, Tyrrell introduciu o coche máis radical na historia da F1, o de seis rodas, o Tyrrell P34. Scheckter deu ás seis rodas a súa única vitoria, en Suecia, no circuíto de Anderstorp e nas súas 12 carreiras co coche, anotou puntos en 10 ocasións, incluindo o Gran Premio dos Estados Unidos, unha carreira cunha longa e emocionante loita polo liderado entre él e o seu gran amigo James Hunt.

Scheckter marchou a Walter Wolf o seu novo equipo en 1977 e deulle ao equipo unha vitoria na súa primeira carreira. Gañou dúas veces máis e era común que rematara no podio, pero terminou segundo na tempada detrás de Niki Lauda. En 1978 acabou no 7º lugar, deixou o equipo logo do fin da tempada para unirse a Ferrari xunto con Gilles Villeneuve no equipo do coche do efecto terra, o 312T4.

Os críticos sentían que non se levaba ben coa dirección de Ferrari, pero superou con fartura as expectativas e axudou a dar o equipo o campionato de construtores de F1, en consonancia, Scheckter, con tres vitorias, acadou o campionato de pilotos en 1979. Con todo, defendeu moi mal o seu título en 1980, nin sequera foi capaz de clasificarse para unha das carreiras. Logo de conseguir só dous puntos, Scheckter retirouse do equipo e o deporte. Scheckter foi o último piloto en gañar un campionato pilotando para Ferrari ata que Michael Schumacher fíxoo 21 anos despois.

Logo da Fórmula 1[editar | editar a fonte]

En 1981, Scheckter gañou o Mundial Superstars a competición en Key Biscayne, Florida. Derrotou aos atletas, como Russ Francis, Renaldo Nehemiah, Peter Mueller, Rick Barry, Cayetano Boucher e Andy Ripley.

Despois da retirada, Scheckter, fundou FATS Inc, unha compañía que construía simuladores de armas de fogo para a capacitación dás forzas militares, policiais e organismos de seguridade. A venda da empresa proporcionoulle os fondos para permitir que Scheckter axudara ás carreiras dos seus fillos, Tomás e Toby. Tomás Participou na Indy Racing League, onde gañou dúas carreiras. O irmán de Scheckter, Ian, tamén competiu na Fórmula 1 durante uns poucos anos.

Scheckter foi comentarista da ITV durante o Gran prmio de San Mariño de 1999, en substitución de Martin Brundle.

Presente[editar | editar a fonte]

Scheckter agora pasa o seu tempo como agricultor orgánico, logo da compra da Laverstoke Park Farm, preto de Overton, Hampshire, 64 km ao oeste de Londres. Como experto en agricultura orgánica, presentou varios documentais para a televisión. Está casado e ten seis fillos. Dous da súa esposa anterior Pamela: Toby e Tomás, e catro do seu actual matrimonio con Clara: Hugo, Freddie, Ila e Poppy.

Resultados completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Carreiras en negra indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 WDC Puntos
1972 Yardley Team McLaren McLaren M19A Cosworth V8 ARX
RSA
ESP
MON
BEL
FRA
RU
ALE
AUT
ITA
CAN
USA
9
NC 0
1973 Yardley Team McLaren McLaren M19A Cosworth V8 ARX
BRA
RSA
9
ESP
BEL
MON
SWE
NC 0
McLaren M23 FRA
Ret
RU
Ret
HOL
GER
AUT
ITA
CAN
Ret
USA
Ret
1974 Elf Team Tyrrell Tyrrell 006 Cosworth V8 ARX
Ret
BRA
13
RSA
8
45
Tyrrell 007 ESP
5
BEL
3
MON
2
SWE
1
HOL
5
FRA
4
RU
1
ALE
2
AUT
Ret
ITA
3
CAN
Ret
USA
Ret
1975 Elf Team Tyrrell Tyrrell 007 Cosworth V8 ARX
11
BRA
Ret
RSA
1
ESP
Ret
MON
7
BEL
2
SWE
7
HOL
16
FRA
9
RU
3
ALE
Ret
AUT
8
ITA
8
USA
6
20
1976 Elf Team Tyrrell Tyrrell 007 Cosworth V8 BRA
5
RSA
4
USW
Ret
ESP
Ret
49
Tyrrell P34 BEL
4
MON
2
SWE
1
FRA
6
RU
2
ALE
2
AUT
Ret
HOL
5
ITA
5
CAN
4
USA
2
XPN
Ret
1977 Walter Wolf Racing Wolf WR1 Cosworth V8 ARX
1
BRA
Ret
RSA
2
USW
3
MON
1
SWE
Ret
RU
Ret
ITA
Ret
CAN
1
55
Wolf WR2 ESP
3
ALE
2
HOL
3
USA
3
Wolf WR3 BEL
Ret
FRA
Ret
AUT
Ret
XPN
10
1978 Walter Wolf Racing Wolf WR4 Cosworth V8 ARX
10
24
Wolf WR1 BRA
Ret
RSA
Ret
MON
3
BEL
Ret
Wolf WR3 USW
Ret
Wolf WR5 ESP
4
SWE
Ret
FRA
6
RU
Ret
ALE
2
AUT
Ret
ITA
12
Wolf WR6 HOL
12
USA
3
CAN
2
1979 Scuderia Ferrari Ferrari 312T3 Ferrari Flat-12 ARX
Ret
BRA
6
51 (60)
Ferrari 312T4 RSA
2
USW
2
ESP
4
BEL
1
MON
1
FRA
7
RU
5
ALE
4
AUT
4
HOL
2
ITA
1
CAN
4
USA
Ret
1980 Scuderia Ferrari Ferrari 312T5 Ferrari Flat-12 ARX
Ret
BRA
Ret
RSA
Ret
USW
5
BEL
8
MON
Ret
FRA
12
RU
10
ALE
13
AUT
13
HOL
9
ITA
8
CAN
DNQ
USA
11
19º 2

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jody Scheckter
Predecesor:
Mario Andretti
Campión da Fórmula 1
1979
Sucesor:
Alan Jones