Luigi Villoresi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luigi Villoresi
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 1950 - 1956
Escudería(s) Ferrari, Maserati, Lancia, Scuderia Centro Sud
Grandes Premios disputados 34 (31 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 8
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1950
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1956

Luigi Villoresi nado o 16 maio 1909, morreu o 24 agosto 1997, foi un piloto italiano de Formula 1.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Milan, Lombardía, e o alcume de "Gigi", era o irmán maior do piloto de carreiras Emilio Villoresi que co-pilotou con el en varias carreiras ao comezo das súas carreiras. Procedente dunha familia próspera, Villoresi podía permitirse o luxo de comprar un coche e comezou a competir en rallys locais á idade de vinte e dous anos cun Lancia Lambda e uns anos máis tarde adquiriu un Fiat Balilla co que el e o seu irmán Emilio competiron na Mille Miglia. En 1935, competiu na Coppa Ciano, terminando terceiro e continuou para lograr o campionato de pilotos italiano na clase de coches deportivos de 1100 cc. Ao ano seguinte, él e o seu irmán compraron un Maserati no que participaron privadamente en diferentes carreiras. Emilio tivo tanto éxito que foi contratado para pilotar un Alfa Romeo da Scuderia Ferrari na tempada de 1937. Desafortunadamente, Emilio morreu mentres probaba Alfa Romeo de fábrica no Autodromo Nazionale Monza.

En 1938, Luigi Villoresi converteuse en parte do equipo de Maserati, pilotando o modelo 8CTF que Maserati deseñou para competir cas dominantes Frecha de Prata alemáns. En 1939 gañou o Gran Premio de Sudáfrica, pero ao inicio da Segunda Guerra Mundial interrompeu a súa carreira deportiva. Ao finalizar a guerra, regresou ás carreiras con Maserati ata 1949 cando asinou novamente con Ferrari debutando en Formula 1 o 21 de maio de 1950.

Ná F1[editar | editar a fonte]

Debutou na Segunda Carreira da Historia da Fórmula 1 disputada o 21 de maio do 1950, o GP de Mónaco, que formaba parte do Campionato Mundial de 1950 de F1, dá que vai disputar só dúas carreiras.

Luigi Villoresi participou nun total de trinta e catro carreiras (8 con podios) puntuables para o Campionato Mundial de F1, repartidas ao longo de sete tempadas da F1, entre os anos 1950 e 1956.

Tamén disputou e gañou numerosas carreiras non puntuables para o Mundial de F1.

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos
1950 Scuderia Ferrari Ferrari 125 Ferrari V12 RU
MON
Ret
500
SUI
Ret
BEL
6
FRA
NTS
ITA
NC 0
1951 Scuderia Ferrari Ferrari 375 Ferrari V12 SUI
Ret
500
BEL
3
FRA
3
RU
3
ALE
4
ITA
4
ESP
Ret
15 (18)
1952 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña SUI
500
BEL
FRA
RU
ALE
NED
3
ITA
3
8
1953 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña ARX
2
500
NED
Ret
BEL
2
FRA
6
RU
Ret
ALE
8*
SUI
6
ITA
3
17
1954 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX
500
BEL
FRA
5
RU
Ret*
ALE
NTS
SUI
ITA
Ret
20º 2
Scuderia Lancia Lancia D50 Lancia V8 ESP
Ret
1955 Scuderia Lancia Lancia D50 Lancia V8 ARX
Ret
MON
5
500
BEL
DNA
NED
RU
ITA
DNS
20º 2
1956 Scuderia Centro Sud Maserati
250F
Maserati
6 en liña
ARX
MON
500
BEL
5
22º 2
Luigi Piotti FRA
Ret
RU
6
ALE
Ret
Officini Alfieri Maserati ITA
Ret†
* Indican unidade compartida con Alberto Ascari
† Indican unidade compartida con Joakim Bonnier

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luigi Villoresi

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]