James Hunt
| James Hunt | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1973 - 1979 |
| Escudería(s) | Hesketh, McLaren, Wolf |
| Grandes Premios disputados | 93 (92 saidas) |
| Campionatos | 1 (1976) |
| Vitorias | 10 |
| Podios | 23 |
| Pole positions | 14 |
| Voltas rápidas | 8 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Mónaco de 1973 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Holanda de 1975 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Xapón de 1977 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Mónaco de 1979 |
James Simon Wallis Hunt, nado en Epsom o 29 de agosto de 1947 e finado en Wimbledon o 15 de xuño de 1993, foi un piloto de Fórmula 1 e comentarista deportivo en televisión. Proclamouse Campión Mundial de Pilotos en 1976.
Índice |
Os seus inicios [editar]
Fillo dun exitoso corredor de valores de bolsa, James Hunt naceu en Belmont e estudou no Wellington College en Berkshire, iniciándose en medicina. Pouco antes de cumprir 18 anos foi cun amigo a ver unha carreira de automóbiles e quedou prendido do deporte.
Empezou correndo cun Mini propio, pasando logo á Fórmula Ford e a Fórmula 3. Hunt pronto foi recoñecido como un corredor rápido e espectacular, pero propenso a aparatosos accidentes, de aquí o seu ben gañado alcume de "Hunt the Shunt" (Hunt o manobras).
Fórmula 1 [editar]
Hunt debutou en 1973 co equipo March, logrando algúns impresionantes resultados, especialmente o segundo lugar no Gran Premio dos EE.UU. A súa primeira vitoria foi no corcuíto de Zandvoort durante o Gran Premio de Holanda de 1975. A pesar dese resultado, a falta de financiamiento do seu equipo obrigou ao seu dono a retiralo para o campionato seguinte. Cando Emerson Fittipaldi abandonou o equipo McLaren, este equipo rapidamente contratou a Hunt.
1976 foi o mellor ano de Hunt, ao gañar seis grandes premios. Foi un campionato turbulento. Primeiro foi descualificado (por conducir un auto 18 milimetros máis ancho do debido) e logo declarado gañador do Gran Premio de España. Unha sétima vitoria foi anulada debido a unha penalización por un accidente no que Hunt se viu involucrado na primeira curva. No Gran Premio de Italia debido a dúbidas sobre a legalidade do combustible usado por Hunt, foi obrigado a saír desde a última posición da grella de saída.
O accidente case mortal de Niki Lauda permitiu a Hunt acercárse a Lauda na puntuación, chegando á última carreira do campionato 3 puntos por detrás do austríaco. As choivas torrenciais caidas durante a carreira levaron a Lauda a retirarse, aducindo que as condicións eran moi perigosas para correr. Hunt seguiu na pista, estando á fronte durante case a totalidade da carreira, e a pesar de sufrir a picada dunha roda, logrou chegar terceiro e conseguiu o campionato dese ano coa mínima vantaxe dun punto.
Na seguinte tempada Hunt gañou 3 grandes premios. Con todo 1978 foi unha tempada gris, das 16 carreiras do campionato tan só terminou 6, destacando tan só o heroico rescate de Ronnie Peterson no Gran Premio de Italia, sacándoo do seu auto en chamas logo de estrelarse contra as barreiras de protección en Monza ao comezo da carreira, aínda que Peterson falecería ao día seguinte no hospital. En 1979 correu para o equipo Wolf, pero os decepcionantes resultados obtidos (un 8º posto e 6 abandonos en 7 carreiras) provocaron a súa retirada tras o Gran Premio de Mónaco.
A vida persoal e carreira posterior [editar]
Hunt era famoso polo seu comportamento pouco convencional dentro e fóra da pista. Hunt converteuse no epítome dos condutores indisciplinados, playboy e famoso pola súa excentricidade inglesa (que inclúe comer co seu can pastor alemán, Oscar, nos custosos restaurantes de Mayfair).
No comezo das súas carreiras Hunt e Lauda compartiron un apartamento dun dormitorio en Londres, e eran bos amigos fóra da pista. Mentres vivía en España como exiliado fiscal, Hunt foi veciño de Jody Scheckter, e tamén chegaron a ser moi bos amigos. Outro bo amigo seu foi Ronnie Peterson Peterson era un home reservado e tímido, mentres que Hunt era exactamente o contrario, pero as súas personalidades opostas unironos na pista.
O estilo de vida de Hunt foi tan polémico como algúns dos seus actos na pista: asociouselle cunha sucesión de fermosas mulleres, e prefería presentarse nos actos formais cos pés descalzos e pantalóns vaqueiros, era un gran consumidor de alcol, cocaína e marihuana e viviu unha vida informal, preto da praia de Marbella. Frecuentaba regularmente clubs nocturnos e discotecas, e en xeral era a alma das festas. Hunt era un experto xogador de béisbol, e adoitaba xogar ao Squash e o tenis. Tamén xogou nos equipos de fútbol e cricket dos pilotos de F1 e apareceu no programa da BBC Superstars máis dunha vez.
Casou dúas veces: primeiro, ca modelo Suzy Miller, quen deixouno polo actor Richard Burton. E o seu segundo matrimonio, con Sarah Lomax, deu lugar a dous nenos.
Despoís da súa retirada, en 1980 converteuse en comentarista de televisión para a BBC, xunto con Murray Walker posto que desempeñou durante trece anos ata a súa morte. Os espectadores disfrutaron dos seus coñecementos, ideas e sentido do humor durante as transmisións.
Hunt loitou ca depresión e o alcoholismo e a pesar dos graves problemas financeiros nos seus negocios, aos seus 45 anos, parecía que superara moitos dos seus demos (especialmente alcol e tabaco) e finalmente alcanzara a felicidade. A felicidade incluía a súa nova compañeira Helen, a súa recuperada saúde, a súa bicicleta, o súa maneira casual de vestir, os seus dous fillos e o seu Austin A35 van.
Hunt morreu en 1993 á idade de 45 anos, dun ataque ao corazón na súa casa en Wimbledon., Só poucas horas despoís de propor matrimonio a Helen. Foi incinerado no cemiterio de Putney Vale.
Resultados Completos na Fórmula 1 [editar]
Carreiras en negra indican pole position, carreiras en itálica indican volta rápida.
| Predecesor: Niki Lauda |
Campión da Fórmula 1 1976 |
Sucesor: Niki Lauda |