José Luis Méndez Pascual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Méndez Pascual
Nacemento13 de xaneiro de 1972
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

José Luis Méndez Pascual, chamado Lis Méndez, nado na Coruña o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito, a súa traxectoria empresarial veu da man do seu pai. Fillo do tamén empresario José Luis Méndez López, daquela conselleiro delegado de Caixa Galicia, comezou a ascender no escalafón da empresa presidida polo pai. Primeiro como subdirector xefe da asesoría xurídica da entidade, e como secretario de Softgal, a empresa de software do grupo Caixa Galicia, e posteriormente como conselleiro delegado da Corporación Caixa Galicia, posto para o que o nomea seu pai, e dende o que administraba as participacións industriais de Caixa Galicia.

Coa crise de 2008, ao caer o seu pai en desgraza e ser apartado de Caixa Galicia, Lis Méndez tamén houbo de saír da entidade.