Enrique Fuentes Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Fuentes Quintana
Nacemento13 de decembro de 1924
Lugar de nacementoCarrión de los Condes
Falecemento6 de xuño de 2007
Lugar de falecementoMadrid
CausaAlzhéimer
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid e Our Lady of Remembrance College
Ocupacióneconomista, profesor universitario, político e catedrático de universidade
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Premio Rei Juan Carlos I de Economía, Creu de Sant Jordi, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, King James I Prize for Economics, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, honorary doctorate of the University of Valladolid, Doutor Honoris causa pola Universidade de Oviedo, honorary doctorate of Seville University, honorary doctorate of the University of Castille-La Mancha, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, honorary doctorate of the University of Alcala, honorary doctor of the University of Zaragoza e sen etiquetar
Na rede
Dialnet: 62784 Find a Grave: 19758315 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg

Enrique Fuentes Quintana, nado en Carrión de los Condes (Palencia), o 13 de decembro de 1924 e finado en Madrid o 6 de xuño de 2007, foi un político e economista español, de grande influencia académica e social na segunda metade do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Cristóbal Fuentes Valdés, era avogado do Sindicato Católico Agrario. Estudou no colexio dos Maristas de Carrión de los Condes e marchou facer o bacharelato a Valladolid e Madrid. Comezou a carreira de Dereito na Universidade Complutense de Madrid en 1942 e dous anos despois, Económicas, coincidindo co momento de creación desta carreira. Doutorouse na Facultade de Dereito en 1948 cunha tese sobre o keynesianismo e en Ciencias Políticas e Económicas (1956) coa tese "Un ensayo de metodología económica". Nese mesmo ano consegue a cátedra de Economía Política e Facenda Pública da Universidade de Valladolid (1956-1958) e posteriormente a cátedra de Facenda Pública e Dereito Fiscal na Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais da Universidade Complutense de Madrid (1958-1978).

Ligado ao grupo de economistas do diario Arriba, acompañou a súa carreira universitaria co traballo na administración pública, pois foi técnico comercial do Estado desde 1951, e director do Servizo de Estudos do Ministerio de Comercio de 1958 a 1970. Durante ese período dirixiu a revista Información Comercial Española. Nese 1970 pasou a ser director do Instituto de Estudos Fiscais e director de Facenda Pública Española e doutras publicacións da devandita entidade, ata 1978.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Aínda que non ocupara cargos de relevancia política durante o franquismo Fuentes Quintana era xa amplamente coñecido pola súa obra como economista. En xuño de 1977 o rei Xoán Carlos designouno senador nas Cortes Constituíntes, e el integrouse na Agrupación Independente de senadores, un colectivo de senadores designados polo monarca de perfil máis moderado. Desas mesmas eleccións saíu o terceiro goberno da monarquía, baixo a presidencia de Adolfo Suárez, no que Fuentes Quintana foi nomeado vicepresidente segundo para Asuntos Económicos, cargo que ocupou durante menos dun ano, ata a súa dimisión o 23 de febreiro de 1978.

A primeira actuación pública de Fuentes Quintana como ministro de Economía, foi unha intervención en Televisión Española, tres días despois do seu nomeamento, en horario de máxima audiencia. A prensa fixo un gran seguimento da intervención, onde puxo de manifesto que accedera ao posto só pola delicada situación económica e social que vivía España no momento. Os principais problemas eran a inflación, o paro e o déficit exterior. Para a súa solución pedía a colaboración responsable de todos os grupos e partidos políticos. Desde o seu posto de vicepresidente económico levou a cabo o Programa de Saneamento e Reforma Económica acordado polas forzas democráticas nos Pactos da Moncloa así como unha fonda reforma fiscal. Logo da súa dimisión non se presentou a ningunhas eleccións.


Predecesor:
Alfonso Osorio
 Vicepresidente Segundo do Goberno de España 
1977-1978
Sucesor:
Fernando Abril Martorell
Predecesor:
Eduardo Carriles
 Ministro de Economía de España 
1977-1978
Sucesor:
Fernando Abril Martorell

Volta á vida académica[editar | editar a fonte]

Á súa saída da política foi catedrático de Economía Aplicada da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) (1978-1990) e profesor emérito desta mesma Universidade desde 1990 ata o seu falecemento.

Tamén foi director xeral da Fundación Fondo para a Investigación Económica e Social (FIES) das Caixas de Aforros Confederadas (1979-1995), e das revistas Papeles de Economía Española, Perspectivas de Sistema Financiero, Economía de las Comunidades Autónomas e Cuadernos de Información Económica. Foi presidente da Fundación Santa María la Real de estudos do Románico entre 1996 e 2002, e a partir dese ano presidente de honra ata o seu falecemento.

Premios[editar | editar a fonte]

Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Valladolid, Oviedo, Sevilla, Castela-A Mancha, Zaragoza, Alcalá de Henares, e Santiago de Compostela, esta última en 1996.

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras destacan:

  • El desarrollo económico en España (1973).
  • Los principios de la imposición española y los problemas de su reforma (1975).
  • La reforma fiscal y los problemas de la Hacienda Pública Española (1989).
  • Las reformas tributarias en España.Teoría, historia y propuestas (1990).
  • De peores hemos salido. Una aproximación a nuestra historia económica reciente (1993).