As orixes da Universidade Complutense atópanse na Universidade Cisneriana de Alcalá de Henares. Tras languidecer durante o século XVIII, mediante Real Orde da Raíña Rexente do 29 de outubro de 1836, decretouse o seu peche, até que se volven abrir as súas portas en 1977. Os estudos da extinta Universidade de Alcalá trasladáronse a Madrid, o que serviu para a fundación da Universidade Literaria de Madrid, pouco despois Universidade Central e que máis dun século despois de que comezase o seu funcionamento, recibiría o nome de Universidade Complutense de Madrid.