Feliciano Rolán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Feliciano Rolán Vicente")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Feliciano Rolán Vicente
Feliciano Rolán Vicente 1935.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1935.
Nacemento9 de xuño de 1907
 Vigo
Falecemento3 de xaneiro de 1935 (27 anos)
 A Guarda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
CónxuxeMagdalena Murcia Abollo
XénerosPoesía.
EstudosDereito.
editar datos en Wikidata ]

Feliciano Rolán Vicente, nado en Vigo o 9 de xuño de 1907 e finado na Guarda o 3 de xaneiro de 1935, foi un poeta galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1928. Doutorouse en Madrid e regresou a Santiago como profesor auxiliar.[1]

En 1932 publicou Huellas. Ese mesmo ano detectáronlle a tuberculose e ingresou nun sanatorio. En 1933 casou in articulo mortis e finou ao ano seguinte.

Yo he visto noticia de su muerte escrita con sangre blanca sobre las hierbas de Galicia, por donde bogarán ahora sus zapatos de poeta ahogado en niebla y apretada espuma. Federico García Lorca[2]

O concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa e o da Guarda creou un premio poético na súa memoria.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Escultura de Maxín Picallo inaugurada en 1972.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomeamento como axudante de clases prácticas de dereito Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. publicado en El Pueblo Gallego o 23/10/1929.
  2. Homenajes. De mar a mar (Homenaje al poeta Feliciano Roldán)
  3. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 128. ISBN 84-87379-47-8. 
  4. Iglesias, Xabier (1/10/2016). "Huellas". Os libros de Ánxel Casal. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]