Manuel Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Rivas Barrós")
Manuel Rivas
Manuel Rivas (AELG)-6.jpg
Datos persoais
Nacemento 26 de outubro de 1957 (56 anos)
Lugar Monte Alto, A Coruña Galicia Galicia
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe María Isabel López e Mariño
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Narrativa, ensaio, poesía, teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
Sinatura1Rivas.jpg
http://manuelrivas.blogaliza.org/

{{{notas}}}

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAG[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Rivas fotografado nos anos '80.
Manuel Rivas na manifestación do xuízo do Prestige en 2012.

Manuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70.

É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor.

Na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País, onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguración[2] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.

Manuel Rivas presentando dous libros.
Manuel Rivas no CulturGal 2010.

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardonado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.

A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés[3]

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).

Foi membro fundador de Greenpeace, polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou máis recentemente coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado con María Isabel López e Mariño e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor. A filla, Sol, é poeta[4].

Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña e Portugal. O número galego inspirou o título de Un millón de vacas.

Teatro[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Artigos e ensaios literarios[editar | editar a fonte]

Adicatoria de Manuel Rivas.
  • Os Partidos Políticos na Galiza, xunto con Xoán Ignacio Taibo|Xoán Ignacio Taibo Arias. (1977). Edicións do Rueiro.
  • Informe dunha frustración : as claves do proceso estatutario galego, xunto a Xosé A. Gaciño Barral. (1980). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84852-202-81.
  • Galicia, el bonsái atlántico. (1989). Editorial Aguilar. ISBN 84-03-59052-0.
  • No mellor país do mundo. (1991). Editorial Biblioteca Gallega. ISBN 978-84-85287-82-6.
  • Toxos e flores. (1992). (1999 Edic. Aumentada). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-349-0. Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
  • Informe da comunicación en Galicia, xunto con Xosé López García. (1993). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-81-4.
  • El periodismo es un cuento. (1997). Editorial Alfaguara. ISBN 84-20479-071.
  • A comunicación en Galicia, 1998 : sobre o hipersector da comunicación , xunto a Xosé López García e Xurxo Andrés Lobato Sánchez. (1998). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-36-9.
  • Galicia, Galicia. (1999). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-470-5.
  • Muller no baño. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-924-3.
  • Unha espía no reino de Galicia. (2004). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-193-9.
  • Os Grouchos. (2008). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-850-5.
  • A corpo aberto. (2008). Xerais. ISBN 978-84-9782-929-8.

Outros[editar | editar a fonte]

Participación en obras colectivas[editar | editar a fonte]

Audiovisual[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

En outubro de 2011 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña[9].

Premios xornalísticos[editar | editar a fonte]

  • Premio de Xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
  • Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
  • Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002
  • Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testemuño como xornalista e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade como testemuña comprometida fronte á realidade.

Premios literarios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rivas entra na Real Academia Galega
  2. Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia (en castelán). Metamedia.
  3. O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
  4. Sol Rivas, a aura na pel, reportaxe de Xoán Abeleira para El País.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
  6. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
  7. Outros/as autores/as: Véxase a lista do volume De amor e Desamor dado que son os mesmos
  8. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir a Marta Dacosta, Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane
  9. Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDC, web da Universidade da Coruña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Manuel Rivas
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Manuel Rivas

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Araguas, Vicente et al. (2003). Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]