Hai que botalos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hai que botalos é unha produción documental galega consistente en vinte e catro curtametraxes de cadanseu director, que no seu conxunto ofrecen unha visión desde unha perspectiva crítica de aspectos políticos, sociais e naturais de Galicia coincidindo coas elección autonómicas celebradas na comunidade no mes de xuño de 2005. O obxectivo era precisamente facer ver as razóns polas que o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, non debía impoñerse de novo nos comicios, como así sucedeu.

A dirección das distintas curtas corre a cargo de Carlos Alberto Alonso, Enrique Banet, Jorge Bouza, Manuel Cotelo, Margarita Ledo, Juan Lesta, Tomás Lijó, Emilio MacGregor, Marcelo Martínez, Belén Montero, Enrique Otero, Xosé Antón Perozo, Fernando Pujalte, Roberto Ribao, Suso Sueiro, Xosé Zapata e Xurxo García.

Entre os intérpretes están Xulio Abonjo, Xosé Barato, Carlos Blanco, Evaristo Calvo, Mónica Camaño, Paula Carballeira, Debora Castro, Xoán Cejudo, Lorena Conde, Manuel Cortés, Leonardo Fernández, Anabel Gago, César Goldi, Anxo Laborda, Miguel de Lira, Paco Lodeiro, Patricia de Lorenzo, Vicente Montoto, Víctor Mosqueira, Manel Pardo, Marta Pazo, Chiqui Pereira, Iria Pinheiro, Marcos PTT, Mabel Rivera, Pablo Rodríguez, Teresa Rodríguez, Xesús Ron e Bernardo Tejeda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]