José Luis Cuerda
José Luis Cuerda, nado en Albacete o 18 de febreiro de 1947, é un director, guionista e produtor de cine español.
Índice |
[editar] Biografía
Comeza a estudar Dereito, pero o deixa despois de tres anos, converténdose en técnico de radiodifusión e televisión. En 1969 entra a traballar en Televisión Española, realizando en cinco anos máis de 500 reportaxes e documentais para os servizos informativos. Entre 1985 e 1987 traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca.
Despois de diversas curtametraxes, en 1982 dirixiu a súa primeira longametraxe, Pares y nones, que o situaría no ámbito dos directores que cultivan a chamada "comedia madrileña" (Fernando Colomo é outro dos seus máis importantes representantes).
A súa seguinte película, O bosque animado, (1987) inaugurará na súa carreira unha nova etapa caracterizada por un humor surrealista. Un ano despois aparecería o traballo que o consagra como realizador, no que obtivo un gran éxito por parte do público: Amanece que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) complétase unha especie de triloxía co humor absurdo como elemento común.
Con A lingua das bolboretas (1999) presenta unha visión terna e ó mesmo tempo descarnada da Guerra Civil española desde a relación dun neno co seu mestre.
Tamén destaca no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo en varios dos seus filmes e en tres longametraxes do director español Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos e Los otros); ademais de ser o guionista da maioría das súas producións detrás das cámaras.
[editar] Filmografía
[editar] Películas
- Pares y nones (1982).
- Total (1983, película para TV).
- Mala racha (1985, película para TV).
- O bosque animado (1987; adaptación da novela de Wenceslao Fernández Flórez).
- Amanece, que no es poco (1988).
- La viuda del Capitán Estrada (1991).
- Tocando fondo (1993).
- Así en el cielo como en la tierra (1995).
- A lingua das bolboretas (1999; baseada en relatos de Manuel Rivas),
- Primer amor (2000).
- ¡Hay motivo! (curtametraxe: "Por el mar corre la liebre"; 2004).
- La educación de las hadas (2006).
- Los girasoles ciegos (2008; baseada na novela homónima de Alberto Méndez).
- Todo é silencio (2012; baseada na novela homónima de Manuel Rivas).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- José Luis Cuerda na IMDb (en inglés)