Xavier Alcalá
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Ciudad Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego. É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá.
Índice |
[editar] Traxectoria
Viviu en Ferrol dende a infancia[1], e colaborou con diversos xornais galegos, entre 1976 e 1979 foi responsábel da sección Arco da Vella en El Ideal Gallego[2] e foi o primeiro presidente da AGAL. Escribiu cancións para Andrés do Barro.
É enxeñeiro de telecomunicacións e está casado con Elena Baillie Yanzi, arxentina de orixe inglesa, coa que ten tres fillos.
[editar] Obras
[editar] Narrativa
- Voltar, seis personaxes e un fado, 1972, relatos, Galaxia. [3]
- A insua, 1978, novela, Alvarellos.
- A nosa cinza, 1980, novela, Editorial Follas Novas.
- Fábula, 1980, novela, Galaxia. Publicado en castelán en Pulp Books.
- Nos pagos de Huinca Loo, 1982, novela, Editorial Nós. [4]
- O Larvisión e outros relatos, 1984, relatos, Xerais.
- Tertúlia, 1985, novela, Sotelo Blanco.
- Fumes de papel, 1988, novela, Vía Láctea Edicións.
- Cárcere verde, 1990, novela, Galaxia. Editado en castelán co título Contra el viento en 1993.
- Latitude austral, 1991, relatos, Galaxia.
- Contos das Américas, 1992, relatos, Xerais.
- Contos do impaís, 1992, relatos, Xerais.
- Hotel Damasco, 1995, relato, Nigra.
- Código Morse, 1996, novela, Xerais. Editado en castelán co mesmo título en 1997.
- Alén da desventura, 1998, novela, Galaxia.
- O tafetán, 2003, relato, Edicións Embora.
- Entre fronteiras, 2004, novela, Galaxia. Editado en castelán co título Entre fronteras en 2006.
- Nas catacumbas, 2005, novela, Galaxia.
- Unha falsa luz, 2007, novela.
[editar] Crónicas de viaxes
[editar] Traducións
- A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson, 1984, Xerais. Do inglés ao galego.
- Estudio en escarlata, de Arthur Conan Doyle, 1986, Xerais. Do inglés ao galego.
[editar] Obras colectivas
- A fundición e outras narracións, 1978, Edicións do Castro.
- O larvisión e outros relatos, 1981, Edicións do Castro.
- Antoloxía do conto galego, 1989, Galaxia.
- Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
- Contos da xustiza, 1991, Ir Indo Edicións.
- Aí está o conto, 1992, Xunta de Galicia.
- Manual e escolma do relato galego, 1995, Sotelo Blanco.
- Relatos, 1995, Laiovento.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia.
- Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Fóra de obxectivo, 2003, A Nosa Terra.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora.
- Antoloxía do conto galego do século XX, 2006, Galaxia.
- Contos de agardar, 2007, Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
[editar] Premios
- Premio Modesto R. Figueiredo en 1975 con A fundición.
- Premio Francisco Lanza en 1981 con O larvisión.
- Premio Manuel Murguía en 1994 con Relación de feitos de sangue.
- Premio Concello de Vilalba en 1995 con Hotel Damasco.
- Premio Blanco Amor no 1998 con Alén da desventura.
- Premio Manuel Murguía en 2001 con Informe de dúas mortes.
- Premio da Crítica de Galicia no 2006 con Nas catacumbas.
[editar] Notas
- ↑ Autobiografía na Biblioteca Virtual Galega
- ↑ A lingua galega: historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional: A Lingua Galega: Historia e Actualidade, Consello da Cultura Galega, páx. 435
- ↑ Bibliografía no blog de Xavier Alcalá, contén as imaxes das portadas de tódolos seus libros.
- ↑
Alcalá lendo un fragmento de Nos pagos de Huinca Loo.