Jacobo Fernández Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacobo Fernández Serrano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Jacobo Fernández Serrano, nado en Vigo en 1971 e un ilustrador galego, ademais de escritor, pintor e autor de banda deseñada. É irmán do tamén ilustrador e debuxante Norberto Fernández Serrano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1994[1].

Como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros A gardería de dona Bixelmina (2005), “A pedra e as formigas” (2006), “Mil cousas poden pasar. Libro I” (2009), premio Merlín de literatura infantil e “Mil cousas poden pasar. Libro 2” (2011).

Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais coa serie de libros As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira. Tamén se encargou de ilustrar libros de texto, dicionarios, guías, carteis etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada “Os amigos de Archimboldo Roque”, publicada na revista Golfiño entre 2000 e 2004 e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Colaborou en Dos Veces Breve e na revista BD Banda.

Co álbum de Aventuras de Cacauequi obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada en 2007[2], e o nomeamento ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor revelación en España.

Cabe destacar tamén a creación da obra infantil Marcopola. A illa Remeira e da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011).

Así mesmo, traballa de xeito habitual para editoriais galegas como Sushi Books, Hugin e Munin, Xerais ou Kalandraka.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do autor en Culturagalega.org
  2. "Ficha de Fernández Serrano en Kalandraka". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]