Xosé Carlos Caneiro
Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín en 1963, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e ciencias sociais). Foi coordinador do Centro Público de Educación Permanente de Adultos RADIO ECCA en Verín. Colaborador habitual de numerosas publicacións desde 1981 (La Voz de Galicia, Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo ou El Mundo).
Caneiro é un personaxe polémico, unha sorte de enfant terrible das letras galegas. Así, por exemplo, mantivo algunha que outra agarrada, máis ou menos subidas de ton, coa crítica ou con outros escritores do país, como Suso de Toro, de quen dixo que practicaba unha literatura horrísona. De Santiago Jaureguizar dixo que era "un redactor de escasa lucidez e ínfimo talento". Tamén ten rifado con Manuel Rivas, criticándose mutuamente a través de artigos xornalísticos e blogues.
Xosé Carlos Caneiro é, ademais, ben coñecido pola súa reivindicación dunha ensinanza que ha de abranguer a Literatura con maiúsculas, é dicir a que teñen producido os clásicos galegos, dentro dos que o autor ourensán salienta a figura de Ramón Otero Pedrayo, arredor da que fai toda unha alicerzada apoloxía.
A súa novela Ébora, traducida a varias linguas, amosa todo un universo que para moitos semella novo dentro da narrativa galega e que, ás veces, lembra á escritura do chileno Roberto Bolaño.
[editar] Obra en galego
[editar] Narrativa
- Historias no fío de Monterrei, 1988, Concello de Verín.
- O infortunio da soidade, 1992, Xerais.
- Loias, lucérnulas e outras historias no fío de Monterrei, 1995.
- Un xogo de apócrifos, 1997, Xerais.
- Estado permanente de fracaso, 1997, Vía Láctea.
- Talvez melancolía, 1999, Espiral Maior.
- Os séculos da lúa, 1999, Espiral Maior.
- A rosa de Borges, 2000, Sotelo Blanco.
- Ébora, 2000, Xerais.
- Triloxía dos tristes, 2002, Galaxia.
- Ámote, 2003, Galaxia.
- A vida nova de Madame Bovary, 2008, Galaxia.
- Blue Moon, 2009, Biblos Clube de Lectores.
- Un último destino, 2010, Galaxia.
[editar] Poesía
- O esculpido sorriso dos teus beizos, 1984, edición de autor.
- Da túa ausencia, 1991, edición de autor.
- Estación Sur, 1994, Concello de Ourense.
- A valga do triste amor, 1997, Espiral Maior.
- Aínda soñas con piratas?, 1999, Espiral Maior.
- De bar en bar (os poemas prohibidos), 2006.
- Camiños de amor e lúa, 2009, Biblos Clube de Lecturas.
- Despois de ti, a chuvia, 2011, Galaxia. Con poemas recitados da súa voz acompañado por Emilio Rúa.
[editar] Ensaio
- O buscador da nada, 1991, Asociación Cultural Monterrei.
- Os dominios de Caín, 2006, Galaxia.
- De bar en bar (para abrazarte escribo), 2006, Difusora.
[editar] Edicións
- O mellor de Leiras Pulpeiro (antoloxía literaria), 2010.
- O mellor de Celso Emilio Ferreiro (antoloxía literaria), 2010.
- O mellor de Manuel Antonio (antoloxía literaria), 2010.
[editar] Obras colectivas
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Novo do trinque, 1997, BNG.
- A memoria de Ourense, 1999, Xerais.
- Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
- Clásicos e modernos, 2000, Universidade da Coruña.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
- Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Xerais.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
[editar] Obra en castelán
[editar] Ensaio
- Jorge Luis Borges, 2003.
- El libro de los besos y la niebla, 2011, Alvarellos.
[editar] Premios
- Premio Celso Emilio Ferreiro no 1989, por Da túa ausencia.
- Premio Xerais no 1992, por O infortunio da soidade.
- Premio Cidade de Ourense no 1994, por Estación Sur.
- Premio Johán Carballeira no 1996, por A valga do triste amor.
- Premio Torrente Ballester no 1996, por Un xogo de apócrifos.
- Premio da Crítica española no 1997, por Un xogo de apócrifos.
- Premio García Barros) no 1999, por Talvez melancolía.
- Premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo no 1999.
- Premio Risco de Literatura Fantástica no 2000, por A rosa de Borges.
- Premio Blanco Amor no 2000, por Ébora.
- XIX Premio Eixo Atlántico no 2000, por Ébora.
- Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego, no 2011.