Xosé Cid Cabido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi preso en setembro de 1980.[1] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.[2]
Traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros.
[editar] Obra
- O intercepto, 1986 (relatos)
- Foumán, 1987 (novela gañadora do premio Café de Catro a Catro)
- O camiño de Middelharnis, 1988 (prosa fragmentaria)
- Días contados, 1991 (relatos, gañador premio Cidade de Lugo)
- Panificadora, 1994 (novela, Premio Blanco Amor)
- Luís Seoane 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994
- Oralmente pola boca, 1997 (relatos)
- Grupo abeliano, 1999 (novela, Premio Blanco Amor)
- Fálame sempre, 2003 (relatos)
- Blúmsdei, 2006 (novela)
- Unha historia que non vou contar, 2009 (novela)
[editar] Obras colectivas
- Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
- Materia prima, 1992, Xerais.
- Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
[editar] Notas
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |