Terra Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Terra Nova
Newfoundland Tricolour.svg Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Terra Nova
Datos
Capital San Xoan de Terranova
País Canadá
Linguas
Poboación (2006) 479,105 hab.
Superficie 111.390 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 49°00′N 56°00′W / 49.000°N 56.000°W / 49.000; -56.000
Maior Altura 814 m. O Cabox

Terra Nova[1][2] (Inglés: Newfoundland; Francés: Terre-Neuve; Irlandés: Talamh an Éisc; Latín: Terra Nova) é unha gran illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.

Terranova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.

Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental de Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.

Pequena comunidade pesqueira de Terra Nova

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terranovense.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 122. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.