Máis alá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Máis alá
Duración 30 minutos
Presentado por Manuel Rivas
Elvira Varela
Piedade Cabo
Día(s) de emisión Venres
Horario de emisión 00:00
Cadea TVG
Día da estrea 16 de maio de 1986
Nº de temporadas 1

Na rede
https://www.crtvg.es/cultural/especiais/mais-ala
IMDB: tt1669425 Editar o valor em Wikidata

Máis alá foi un programa cultural da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas e que tamén presentaba xunto con Elvira Varela e Piedade Cabo durante a tempada 1986-1987. O programa recollía o testemuño do manifesto vangardista homónimo de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro -publicado nos anos vinte e unha das proclamas máis rompedoras da cultura galega do século XX- para sintonizar con ese espírito de ir "máis alá" e dar a coñecer a cultura galega máis nova e innovadora.

A música empregada como sintonía do programa é unha composición orixinal de César Morán e está interpretada por César Morán na voz e no piano, Pablo Morán na guitarra, Humberto Morán na batería e Afonso Morán no contrabaixo. Foi gravada en directo nos estudios da TVG en San Marcos - Santiago de Compostela en maio de 1986.