María Lado
María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979, é unha escritora e actriz galega.
Índice |
Traxectoria [editar]
É titulada en Produción Audiovisual, e curso estudos de Filoloxía Galega.
María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos, Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares.
Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio.
Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación.
Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.
Obra en galego [editar]
Poesía [editar]
- A primera visión (1997, Letras de Cal).
- casa atlántica, casa cabaret (2001, Xerais).
- Berlín (2005). Poesía. Incluída na colección Poeta en Compostela que promoveu o Concello de Santiago de Compostela e El Correo Gallego.
- Genoveva (2007). Poesía. Colaboración no libro-disco colectivo Sempre mar. Cultura contra a burla negra (2003).
- Nove (Edicións Fervenza, 2008).
- Amantes (A. C. Caldeirón, 2011).
Traducións [editar]
- Cando escoito o teu corazón, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Historia dun compás, de Mónica Gozalbo Felip (Edicións do Cumio, 2008).
- Quen son eu?, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Soñei que era unha árbore, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Un descenso ao Maelström. Sombra, de Edgar Allan Poe (Edicións do Cumio, 2009). Con Susana Rodríguez Barcia.
- Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (Edicións do Cumio, 2010).
- De acuarelas por Santiago, de Eduardo Baamonde (Edicións do Cumio, 2010).
Obras colectivas [editar]
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997). Poesía.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999). Poesía.
- O entrelazo das palabras (1999). Poesía.
- Narradoras. (Xerais, 2000). Narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. (2003). Poesía.
- Genoveva, en Sempre Mar. (A. C. Benito Soto, 2003). Poesía.
- XVIII Festival da Poesia do Condado. (S. C. D. Condado, 2004). Poesía
- Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). Poesía.
- Por man propia (Bourel, 2005). Poesía.
- Poética da casa (Xunta de Galicia, 2006). Poesía.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006). Poesía.
- Para chegar a Palmira. Feito para Tecendo o libro da mamoria, documental realizado por María Reimóndez. (2007). Poesía.
- Letras novas (AELG, 2008). Poesía.
- De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009). Poesía.
- To The Winds Our Sails (Salmon Poetry, 2010). Poesía. Tradución do galego ao inglés.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011). Poesía.
- As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012). Poesía.
- A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012). Poesía.
Premios [editar]
- Premio de Poesía Avelina Valladares no 2007, por Nove.
- Gañadora do Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2010, por Amantes.