Ánxeles Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁnxeles Penas
Biografía
Nacemento5 de maio de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Teixeiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras, Belas Artes
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , pintora , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 2940 AELG: 12 Dialnet: 188108

Ánxeles Penas García, nada en Teixeiro (Curtis) o 5 de maio de 1943, é unha poeta galega, primeiro en castelán e, desde 1982, en galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e en Belas Artes (especialidade de escultura) pola Facultade de San Fernando en Madrid (1986). Ademais, fixo estudos de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio.[1] No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora e leva feitas máis de cincuenta exposicións,[2] tendo fundado no 1975 o Grupo de Arte Experimental A Carón. É membro de AULIGA, e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED.[3][4]

Colaborou nas revistas Zurgai, Serta, Festa da palabra silenciada, Clave Orión, Historia y vida, na revista de Internet EON MAGAZINE, crítica de arte de El Ideal Gallego da Coruña,[5] La Voz de Galicia ("Faíscas"), Diario de Ferrol[6]. Ten estudado a Cunqueiro, Celso Emilio, Rosalía de Castro, Xohana Torres, Grandío e Laxeiro.[1]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • I Festival de Poesía no Condado 1981, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
  • Fondo en malva, en Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
  • XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Con los pies en la frontera (1976). Edición da autora.
  • Ya soy para tu muerte (1980). Madrid: Molinos de agua.

Prosa[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio das Festas Minervais da Universidade de Santiago no 1970.
  • Premio Nacional Jorge Manrique no 1971.
  • Premio Festa da Cantiga da Coruña no 1971.
  • Premio Abrente de Teatro de Ribadavia no 1974.
  • Premio Cidade da Coruña no 1981.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2 de abril de 2022. 
  2. "Bibliografía de Artistas Gallegos, Ánxeles Penas". www.pintoresgallegos.com. Consultado o 2022-04-02. 
  3. "Ánxeles Penas". www.aelg.gal. Consultado o 2022-04-02. 
  4. "Anxeles Peñas". radelrey. Consultado o 2022-04-02. 
  5. "El Ideal Gallego". El Ideal Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-02.  Arquivado 07 de abril de 2022 en Wayback Machine.
  6. "Diario de Ferrol". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2022-04-02. 
  7. "Anthologie poétique". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09.