Premio Nacional de Narrativa de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio Nacional de Narrativa»)

O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa é un galardón literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España.[1] Premia a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas, entre tódalas obras deste xénero publicadas en España no ano anterior. Está dotado con 30.000 euros.

Historia[editar | editar a fonte]

O antecendente a este premio pode estar no Concurso Nacional de Literatura que se outorgou entre 1923 e 1977 e que ía variando de xéneros; premiábanse novelas, mais tamén ensaios, poesía ou crítica.[2]

O premio pasou por dúas etapas:

  • De 1949 a 1976: en que se chamou Premio Nacional de Literatura "Miguel de Cervantes" para novela. Foi convocado a partir dunha Orde do 25 de xaneiro de 1949.[3] Daquela a contía do premio era de 25 000 pesetas[4] e, en 1963 pasa a ser de 50 000 pesetas e, en 1971, 100 000 e, no 1976, 200 000. [4]Dende 1966, tamén se aceptan “libro de contos ou narracións para lectores adultos”.[4]
  • E a terceira, e actual, a partir de 1977, coa denominación de Premio Nacional de Narrativa.

Os seus anos de historia permitíronlle asistir á renovación da novela española.

Só un autor conseguiu senllos premios na 1ª e 2ª etapa, Miguel Delibes en 1955 (Diario de un cazador) e 1999 (El hereje). E na segunda etapa, só hai un autor que o gañase en dúas ocasións: Antonio Muñoz Molina en 1988 e 1992. Nesta mesma terceira etapa, o escritor Javier Marías, en 2012, rexeitouno por non aceptar galardóns de carácter oficial ou institucional outorgados polo estado español.[5][6]

Linguas non castelás[editar | editar a fonte]

O premio tense outorgado en 5 ocasións a obras escritas en lingua galega: Xa vai o griffón no vento, de Alfredo Conde en 1986; Que me queres, amor?, de Manuel Rivas en 1996; Trece badaladas, de Suso de Toro en 2003; Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga en 2021 e As malas mulleres, de Marilar Aleixandre en 2022.

Tamén se ten premiado en 3 ocasións a obras en éuscaro: en 1989 a Bernardo Atxaga por Obabakoak, en 2002 a Unai Elorriaga por Un tranvía cara a SP e en 2009 a Kirmen Uribe por Bilbao-New York-Bilbao. Só se ten premiado nunha soa ocasión a obras en catalán: en 1995, Carme Riera por Dins el darrer blau.

Galardoados[editar | editar a fonte]

2.ª época do galardón: Premio Nacional de Literatura "Miguel de Cervantes" para novela[editar | editar a fonte]

Ano Imaxe Gañador/Gañadora Obra
1949 Miguel Larreta[7] Orillas del Ebro
1950
Concha Espina Un valle en el mar
1951 Ramón Ledesma Miranda La casa de la Fama
1952 José Antonio Giménez-Arnau De pantalón largo
1953 José María Gironella Los cipreses creen en dios
1954 Tomás Salvador Cuerda de presos
1955 Miguel Delibes Diario de un cazador
1956 Carmen Laforet La mujer nueva
1957 Alejandro Núñez Alonso El lazo de púrpura
1958 José Luis Castillo-Puche Hicieron partes
1959 Ana María Matute Los hijos muertos
1960 Daniel Sueiro Los conspiradores
1961 Manuel Halcón Monólogo de una mujer fría
1962
Juan Antonio Zunzunegui El premio
1963 Salvador García de Pruneda La encrucijada de Carabanchel
1964 Declarado deserto
1965 Ignacio Agustí 19 de Julio
1966
Tomás Borrás Historias de coral y de jade
1967 Luis de Castresana[8] El otro árbol de Guernica
1968 Carlos Rojas Auto de Fe
1969 Luis Berenguer Marea escorada
1970 Ramón Solís Llorente La eliminatoria
1971 Ángel Palomino Torremolinos Gran Hotel
1972 Non se convocou
1973 José Luis Martín Abril El viento se acuesta al atardecer
1974
Aquilino Duque El mono azul
1975 Non se outorgou
1976 Non se outorgou

3.ª época do galardón: Premio Nacional de Narrativa[editar | editar a fonte]

Ano Imaxe Gañador/Gañadora Obra
2023
Pilar Adón[9][10] De bestias y aves
2022
Marilar Aleixandre[11][12] As malas mulleres
2021
Xesús Fraga[13][14] Virtudes (e misterios)
2020
Juan Bonilla[15] Totalidad sexual del cosmos
2019
Cristina Morales Lectura fácil
2018
Almudena Grandes[16] Los pacientes del Doctor García
2017
Fernando Aramburu[17] Patria
2016
Cristina Fernández Cubas La habitación de Nona
2015
Ignacio Martínez de Pisón[18] La buena reputación
2014
Rafael Chirbes En la orilla
2013
José María Merino El río del Edén
2012
Javier Marías Los enamoramientos (rexeitado)
2011 Marcos Giralt Torrente Tiempo de vida
2010
Javier Cercas Anatomía de un instante
2009
Kirmen Uribe Bilbao-New York-Bilbao
2008
Juan José Millás El mundo
2007
Vicente Molina Foix El abrecartas
2006
Ramiro Pinilla Las cenizas del hierro
2005 Alberto Méndez Los girasoles ciegos
2004
Juan Manuel de Prada La vida invisible
2003
Suso de Toro Trece badaladas
2002
Unai Elorriaga Un tranvía cara a SP
2001
Juan Marsé Rabos de lagartija
2000 Luis Mateo Díez[19] La ruina del cielo
1999
Miguel Delibes El hereje
1998
Alfredo Bryce Echenique Reo de nocturnidad
1997
Álvaro Pombo Donde las mujeres
1996
Manuel Rivas Que me queres, amor?
1995
Carme Riera Dins el darrer blau
1994 Gustavo Martín Garzo El lenguaje de las fuentes
1993
Luis Goytisolo Estatua con palomas
1992
Antonio Muñoz Molina El jinete polaco
1991
Manuel Vázquez Montalbán Galíndez
1990
Luis Landero Juegos de la edad tardía
1989
Bernardo Atxaga Obabakoak
1988
Antonio Muñoz Molina El invierno en Lisboa
1987 Luis Mateo Díez La fuente de la edad
1986
Alfredo Conde Xa vai o griffón no vento
1985 Non se outorgou nesta modalidade
1984
Camilo José Cela Mazurca para dos muertos
1983
Francisco Ayala Recuerdos y olvidos: 1. El exilio
1982 José Luis Castillo-Puche Conocerás el poso de la nada
1981
Gonzalo Torrente Ballester La isla de los jacintos cortados
1980
Alonso Zamora Vicente Mesa, sobremesa
1979 Jesús Fernández Santos Extramuros
1978
Carmen Martín Gaite El cuarto de atrás
1977 José Luis Acquaroni Copa de sombra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Modificación da Orde de 22 de xuño de 1995 pola que se regulan os Premios Nacionais do Ministerio de Cultura de 27 de marzo de 2007
  2. "CONCURSO NACIONAL DE LITERATURA (1923-1973)" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  3. Ibáñez Martín (Subsecretario de Educación Popular) (6 de febreiro de 1949). "ORDEN de 25 de enero de 1949 por la que se instituye el Premio Nacional de Literatura « Miguel de Cervantes»" (PDF). boe.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "PREMIO NACIONAL DE LITERATURA “MIGUEL DE CERVANTES” PARA NOVELA (1949-1973)" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  5. Kochw, T.; Sabogal, Manrique (25 de outubro de 2012). "Marías: “Si hubiera estado el PSOE en el poder habría hecho lo mismo”". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  6. W.M.S. (29 de outubro de 2012). "Javier Marías rechaza el Nacional de Narrativa por ‘Los enamoramientos’". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  7. Larreta renunciou ao premio económico e a contía destinou en 1950, a un premio extraordinario co seu nome.
  8. "Luis de Castresana". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  9. Redacción (23 de outubro de 2023). "Pilar Adón, galardonada con el Premio Nacional de Narrativa 2023". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  10. Barranco, Justo (23 de outubro de 2023). "La fuerza del lenguaje de Pilar Adón gana el Nacional de Narrativa". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  11. Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022
  12. "A académica Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa coa novela 'As malas mulleres'". academia.gal. 25 de outubro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022. 
  13. País, El (2021-10-14). "Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-14. 
  14. Redacción (14 de outubro de 2021). "Xesús Fraga, galardonado con el Premio Nacional de Narrativa 2021". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  15. "Juan Bonilla, Premio Nacional de Narrativa 2020". Ministerio de Cultura e Deporte. 
  16. Redacción / EFE (23 de outubro de 2018). "Almudena Grandes gana el Premio Nacional de Narrativa". publico.es (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  17. «'Patria' de Aramburu, Premio Nacional de Narrativa», El Mundo, 17 de ocrubre de 2017.
  18. «Martínez de Pisón, la familia siempre cuenta», El País, 25 de noviembre de 2013.
  19. Mora, Miguel (4 de outubro de 2000). "Luis Mateo Díez obtiene el Nacional de Narrativa por su fábula 'La ruina del cielo". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]