Antón Reixa
Antón Rodríguez Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.
Índice |
[editar] Traxectoria
Tras estudar o Bacharelato nun coñecido instituto da cidade, o Labor, un colexio disciplinado e masculino, ao estilo da época, Reixa realiza a carreira de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entra en contacto coas vangardas literarias. En 1976 funda, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo de Comunicación Poética Rompente.
Froito desta etapa literaria, Reixa publica a finais dos setenta varias obras poesía, como o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do travesti. Chega a ser profesor de lingua e literatura galegas pero pronto abandonará a docencia para embarcar na música.
[editar] Primeiros pasos musicais
A comezos dos oitenta, Vigo é un fervedoiro de bandas de rock and roll subversivo. O ambiente tamén cala en Antón Reixa, que lle regala a súa batería ao seu amigo Julián Hernández, a condición de que forme un grupo. E así, simplificando un pouco, nace Maricruz Soriano y los que afinan el piano, coñecidos máis tarde como Siniestro Total. Dous membros de Siniestro, Alberto Torrado e Xavier F. Soto, acompañarán a Reixa no lanzamento do grupo Os Resentidos, en 1982. "Fai un sol de carallo" convértese no seu primeiro éxito de "masas". Reixa canta.
Os Resentidos deixa paso, en 1995, a outro proxecto, Nación Reixa, que o leva a colaborar co desaparecido grupo vasco Negu Gorriak. Mentres, o polifacético Reixa non deixa de experimentar noutras artes. Escribe teatro, fai videoclips musicais, programas de radio, e tamén traballa no eido audiovisual, como actor, produtor e director.
En 1998, estréase na TVG, baixo a dirección de Reixa, Mareas vivas, unha serie ambientada na Galicia mariñeira actual que bateu récords de audiencia na canle autonómica.
Un ano máis tarde, e con parte do equipo de Mareas vivas, Antón funda Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora é a adaptación ao cine da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. Esta vez, Reixa atrévese coa dirección de longametraxes.
Recentemente volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli. Tamén en 2006 produciu o programa da TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco.
[editar] Libros
[editar] Poesía
- As ladillas do travesti (1979). Rompente.
- Historia do rock and roll (1985). Universidade de Santiago de Compostela.
- Ringo Rango (1992). Xerais.
- Viva Galicia beibe (1994). Positivas.
- Escarnio (1999). 52 Promociones Musicales.
- Látego de algas (2008). Espiral Maior.
[editar] Narrativa
- Transporte de superficie (1990). Edicións Positivas.
[editar] Libro de artista
- Leccións de cousas (2011). Editorial La Oficina de Artes y Ediciones. Edición en galego, castelán e francés.
[editar] Obras colectivas
- Silabario da turbina (1978). Con Rompente.
- ¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio! (1979). Con Rompente.
- A dama que fala (1983). Xerais. Con Rompente.
- Días contra fotocopias (1987) con Menchu Lamas e Antón Patiño.
- Na boca do lobo (1998). Tris Tram.
- Intifada: ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006), Xerais.
- Lois Pereiro en 17 voces (2011), La Voz de Galicia.
[editar] Premios literarios
- Premio Galicia no 1984, por Historia do rock and roll.
[editar] Discografía
Con Os Resentidos
- Surfin' CCCP - 1984 (Grabaciones Accidentales) EP compartido con Siniestro Total
- Vigo, capital Lisboa - 1984 (GASA/DRO)
- Fai un sol de carallo - 1986 (GASA/DRO)
- Música doméstica - 1987 (Grabaciones Accidentales)
- Fracaso tropical - 1988 (Grabaciones Accidentales)
- Jei - 1990 (Grabaciones Accidentales); elixido pola revista musical Rockdelux mellor disco nacional do ano.
- Delikatessen - 1991 (GASA)
- Están aquí - 1993 (GASA)
- Made In Galicia 1982-1994 - 1994 (GASA) Recompilatorio
Con Nación Reixa:
- Alivio rápido (1994).
- Safari Mental Goran Herria (1997).
- Participación nos dous dobres CDs do programa Xabarín Club.