Miguelanxo Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguelanxo Prado nunha entrevista no 2012.

Miguelanxo Prado, nado na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Ten especial recoñecemento en España (especialmente en Galicia, onde está considerado por moitos como o autor máis relevante), Francia (con grande éxito de crítica e público) e Portugal (dedicou a Lisboa un libro de ilustracións "Carta de Lisboa" e outro á cidade brasileira de Belo Horizonte).

Outra faceta importante é a de ilustrador, con traballos como os feitos para La ley del amor (1995) de Laura Esquivel ou para libros infantís e xuvenís como 'Cando o mar foi polo río', de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz ou Bala perdida de Manuel Rivas.

O súa variedade de estilos é sorprendente e nos seus inicios foi ás veces criticada (o editor Toutain estaba claramente en contra dos cambios estilísticos que fixo Miguelanxo Prado nos seus inicios). Pero habitualmente esta variedade de estilos é vista como unha riqueza de sensibilidade moi apreciada entre os lectores. A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega.

Ademais da súa actividade artística Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador sendo o director desde 1998 do salón Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

Banda deseñada[editar | editar a fonte]

  • Fragmentos da enciclopedia délfica. (1982-1983). Editado inicialmente por entregas por Toutain Editor na súa revista de BD de Ciencia-ficción 1984.
  • Stratos. (1984-1985). Editado por entregas na revista Zona84 de Toutain editor.
  • Crónicas Incongruentes. (1985-1986).
  • Tanxencias. (1987-1996).
  • Quotidianía Delirante. (1988, 1990 e 1996).
  • O Manantial da Noite. (1990). (Manuel Montano), guión de F. Luna.
  • Páxinas Crepusculares (historias inducidas). (1993). Recopilación de historias curtas de diferente orixe.
  • Trazo de Xiz. (1993). (ISBN 84-7904-199-4). (Norma Editorial).
  • Unha carta encontrada en Lisboa. (1995). Tamen coñecido como Carta de Lisboa, textos de Eric Sarner.
  • Pedro e o lobo. (1997). (ISBN 84-7904-489-6). (Norma Editorial)
  • Fantasmagories. (2000).
  • Nostalxias de Belo Horizonte (Cando fun outro). (2003). (Norma Editorial)
  • The Sandman, Noites eternas. (2004). (ISBN 84-8431-912-1). Colaboración con guión de Neil Gaiman) (Norma Editorial)
  • A Mansión dos Pampín. (2005). (ISBN 84-96415-87-2). (Norma Editorial)
  • Ardalén (2012)

Ademais, débense incluír pequenas colaboracións de maior ou menos importancia, como a historia curta feita para o álbum de BD que conmemora a os douscentos anos da revolución francesa ou as súas colaboracións coa desaparecida revista infantil-xuvenil de BD galega Golfiño.

Cine e animación[editar | editar a fonte]

Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do reparto da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do camiño.

Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. A serie foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.

En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García, sen diálogos e que foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006, sen chegar a conquistar finalmente o premio. Este traballo, experimental e sen diálogos foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta. Cruz de Tenerife en 1984).
  • Premio Semana de la Historieta de Madrid ao mellor libro do ano en 1986.
  • Premio Génie da Convention de Paris en 1988.
  • Premio Salão Internacional da BD do Porto, 1988.
  • Premio ao mellor libro do ano Charleroi en 1988.
  • Premio Buenaventura, Treviso Comics, Treviso en 1989.
  • Premio do Saló Internacional del Còmic de Barcelona á mellor obra de 1988 en 1989.
  • Premio Simão, no Porto en 1989.
  • Premio ao mellor autor no Salón Internacional de Grenoble en 1990.
  • Premio Grand Prix des Alpages no Salón Internacional de Sierre en 1990.
  • Premio Philip Morris no Salón Internacional do Libro de Xenebra en 1990.
  • Premio Max und Moritz do Salón Internacional de BD (Alemaña, 1990).
  • Premio l'Alph’Art ao mellor libro extranxeiro Salón Internacional de Angouleme en 1991.
  • Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992).
  • Premio ao mellor autor extranxeiro no Salón de BD de Chile en 1992.
  • Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993).
  • Premio ao mellor libro do ano no Salón da BD (Francia, 1993).
  • Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano en 1993.
  • Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife en 1993).
  • Premio Diario de Avisos ao mellor guión (Sta Cruz de Tenerife, 1993).
  • Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria en 1993.
  • Premio l'Alph-art ao mellor álbum estranxeiro no Festival de Banda Deseñada de Angoulême, por Trazo de Xiz en 1994.
  • Premio do Saló Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 en 1994.
  • Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Sierre en 1994.
  • Premio ao mellor guión no Festival de Coxyde en 1994.
  • Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora no Festival de Amadora en 1994.
  • Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994).
  • Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994).
  • Premio Fernández Latorre (A Coruña, 1996).
  • Premio de Honra ao mellor libro estranxeiro do Festival de Amadora.
  • Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001).
  • Premio ao mellor autor completo do Salón do Cómic de Granada en 2002.
  • Premio Eisner á mellor antoloxía en 2004.
  • Grande premio do Saló del Comic de Barcelona en 2007.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2012.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de Banda Deseñada do 2012, por Ardalén.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]