Francisco Xosé Fernández Naval
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense en 1956, é un narrador e poeta galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración da Xunta de Galicia, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.
Obra [editar]
Narrativa [editar]
- O bosque das antas, 1988, Xerais (novela).
- Tempo de crepúsculo, 1993, Xerais (novela).
- Sombras no labirinto, 1997, Sotelo Blanco (novela). Traducida ao castelán como Sombras en el laberinto no 2012, publicado en Trifolium.
- Sete noites e un amancer, 2003, Biblos Clube de Lectores (relatos).
- Unha cita co aire, 2005, Galaxia (novela).
- Para seguir bailando, 2009, Xerais (relatos).
- A noite branca, 2012, Xerais (novela).
Literatura xuvenil [editar]
- Historias roubadas, 1998, Everest Galicia.
- Lendas de onte, soños de mañá, 2001, Everest Galicia.
- No corazón da fraga, 2001, Everest Galicia. Traducido ao castelán: El espíritu del bosque, 2003, Everest.
- Suso Espada. O misterio do Grial, 2003, Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada. El misterio del Grial, 2009, Everest.
- Suso Espada. Istambul e o cabaliño de ouro, 2008, Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada: Estambul y el caballo de oro, 2008, Everest; ao éuscaro: Suso Espada: Istambul eta urrezko zalditxoa, 2009, Aizkorri; e catalán: Suso Espada: Istanbul y el cavallet d'or, 2009, Cadí.
- Suso Espada. "Nota Roja", 2010, Everest Galicia.
- Do A ao Z con Uxío Novoneyra, 2010, Everest Galicia.
Poesía [editar]
- A fonte abagañada, 1980. Limbo.
- Pabellón habitado, 1987, Sociedad de Cultura Valle-Inclán.
- Ara Solis, 1996, Raíña Lupa. Edición bilingüe galego-francés.
- Días de cera, 1999, Espiral Maior.
- Mar de Lira, 2005, A Nosa Terra.
- Miño, 2008, Espiral Maior.
- Bater de sombras, 2010, Espiral Maior. Publicado en castelán: Golpear de sombras, 2011, Huerga y Fierro. Traducido por Teresa Seara.
- Suite Dublín, 2011, Micielo ediciones. México, D. F. (edición bilingüe galego-castelán), publicado en galego en 2012 en Follas Novas Edicións como Suite Dublín e outros poemas.
Ensaio [editar]
Ensaio literario [editar]
- O mundo da pesca na literatura galega, 1999, Concello de Oleiros.
- Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar), 2006, Linteo. Publicado en castelán: Respirar por el idioma: (los gallegos y Julio Cortázar), 2007, Corregidor, Buenos Aires.
Guías e literatura de viaxes [editar]
- A Coruña monumental e turística, 2002, Everest. Edición en castelán, galego e inglés.
- Guía do Pereiro de Aguiar e a Ribeira Sacra de Ourense, 2008, Everest.
- Guía da cidade de Ourense, 2010, Everest. Edicións en galego e castelán.
Guións [editar]
- Domingos de Andrade, excelencia do Barroco, 2012, para o Museo do Pobo Galego.
Traducións [editar]
- O diaño tamén sorri, de José Braga Amaral, 2009, Toxosoutos.
- A ruptura, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
- Infinito presente, de Ludwig Zeller, 2010, Espiral Maior.
Obras colectivas [editar]
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- Polos camiños da literatura. Escritores galegos do PEN, 1993.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia.
- Guía patrimonial da provincia da Coruña, 1996, Caixanova.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Narradores de cine, 1996, Xerais.
- Guía patrimonial da provincia de Ourense, 1997, Caixanova.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Intervención poética, 1999, Galería Sargadelos.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Rutas con sabor: Galicia, 2002, El País-Aguilar.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A gamela de Cabo de Cruz, 2003.
- Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, 2003, La Voz de Galicia.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. II, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- As pegadas do Camiño, 2004, Cultura Solidaria Galega.
- Escrita contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Bonifacio Borreiros na memoria de Galicia, 2007.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- O petroglifo do Filladuiro, 2008, Toxosoutos.
- Poetas con Rosalía, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Níxer, 2010, Xerais.
- Dezaoito, 2011, Círculo Poético Aberto.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
Obras con Maribel Longueira [editar]
- Guía Patrimonial da Provincia da Coruña, 1996, Caixanova.
- Alguén agarda que volva alí, 1998, Editorial Venus.
- Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra, 2000, A Nosa Terra.
- Muros ronsel de pedra, espiral de mar, 2003, Deputación da Coruña.
- Entremiradas I. Galicia - Bos Aires, 2009.
- Entremiradas II. Galicia - Cuba, 2009.
Premios [editar]
- Premio Cidade de Ourense no 1980, por A fonte abagañada.
- Premio Xerais de 1988, por O bosque das antas.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 2007, por Miño.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2010, por Bater de sombras.
- Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do 2012, por A noite branca.
Obras de teatro representadas [editar]
- Non se che faga tarde. Monólogo representado pola actriz María Inés Cuadrado e dirixido pola directora de cine urugaia Manane Rodríguez.